Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fiber Distributed Data Interface

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tarxeta FDDI de dobre conexión

Fiber Distributed Data Interface (FDDI) proporciona un estándar óptico de transmisión de datos a 100 Mbit/s nunha rede de área local que pode acadar un rango de ata 200 quilómetros. Aínda que a topoloxía lóxica de FDDI baséase un anel de tipo "token ring", non emprega o protocolo IEEE 802.5Token Ring para a súa definición; porén, o protocolo empregado deriva do IEEE 802.4Token Bus na súa variantetimed token. Ademais de cubrir extensas áreas xeográficas, as redes de área local FDDI poden soportar miles de usuarios. O estándar marca coma medio de transmisión afibra óptica, aínda que pode empregar tamén cable decobre, recibindo nese caso o nome deCDDI (Copper Distributed Data Interface).

Historia

[editar |editar a fonte]

FDDI foi considerada na primeira metade da década de 1990 unha tecnoloxía moi atractiva para a conexión a nivel decampus, xa que as redesEthernet existentes soamente ofrecían velocidades de transferencia de 10 Mbit/s e as redes Token Ring podían proporcionar velocidades de 4 ou 16 Mbit/s. De tódolos xeitos, FDDI rematou por quedar obsoleta coa aparición deFast Ethernet, que ofrecía os mesmos 100 Mbit/s a un custo moi inferior e, dende 1998, porGigabit Ethernet.

Características

[editar |editar a fonte]

FDDI, coma produto do estándarANSI X3T9.5 (now X3T12), segue omodelo OSI por capas empregado en moitos outros protocolos. FDDI-II, unha versión de FDDI, incorpora a posibilidade de engadir á rede soporte paraconmutación de circuítos, de forma que poida manexar sinais tanto de voz coma devídeo.

Unha rede FDDI componse de dous aneis, funcionando un deles como anel secundario en caso de que o primario sufra algún tipo de fallo. Este anel primario ofrece unha capacidade de ata 100 Mbit/s. Cando unha rede non precisa do anel secundario, este tamén pode empregarse para o transporte de datos, elevando a capacidade ata 200 Mbit/s. Un só anel pode estenderse ata a distancia máxima marcada polo estándar, mentres que un dobre só pode cubrir a metade de dita distancia, é dicir, 100 km. Por outra banda, FDDI emprega unha trama de maior tamaño (4352 bytes) que o estándarEthernet de 100 Mbit/s, o cal só soporta tramas dun máximo de 1500 bytes. Isto redunda, en principio, nun mellor rendemento das redes FDDI.

Topoloxías soportadas

[editar |editar a fonte]

Os enxeñeiros normalmente deseñan aneis FDDI coa forma de "anel dual de árbores" (véxasetopoloxía de rede). Un pequeno número de dispositivos (normalmente dispositivos de infraestrutura comaenrutadores ou concentradores de rede) son conectados a ambos aneis. En cambio, os equipos finais son directamente conectados aos enrutadores ou concentradores. Deste xeito, os dispositivos de infraestrutura, conectados directamente ao anel dobre, actúan coma elementos raíz de varias árbores de interconexión de ordenadores.

Estándares

[editar |editar a fonte]

Os estándares FDDI inclúen:

  • ANSI X3.139-1987, Media Access Control (MAC) — ISO 9314-2
  • ANSI X3.148-1988, Physical Layer Protocol (PHY) — ISO 9314-1
  • ANSI X3.166-1989, Physical Medium Dependent (PMD) — ISO 9314-3
  • ANSI X3.184-1993, Single Mode Fiber Physical Medium Dependent (SMF-PMD) — ISO 9314-4
  • ANSI X3.229-1994, Station Management (SMT) — ISO 9314-6
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fiber_Distributed_Data_Interface&oldid=5777239»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp