Fianchetto é unha palabra de orixe italiana que literalmente quere dicir "pequeno flanco". A pronuncia italiana éfianqueto, pero en galego adóitase pronunciar tal como está escrito. Existe a variantefiancheto.
Noxadrez, é untermo que indica unha forma especial de desenvolver oalfil. Na imaxe, o negro ten o seu alfil de casas negras enfianchetto. Isto é: moveu o peón da columna de cabalo e o alfil colocouse nese oco. As posibles casas onde se pode realizar esta xogada sonb2,g2,b7 oug7, exercendo así o alfil a súa acción ao longo das dúas diagonais maiores. Se se produce oenroque no flanco onde se atopa o alfil enfianchetto compleméntanse ambas as posicións, dando lugar a unha estrutura na que o alfil e o rei deféndense entre si. Outra posición relacionada é ofianchetto esaxerado, onde unha vez adiantado o peón de cabalo para realizar ofianchetto sitúase o alfil na columna de torre correspondente.
Ofianchetto é típico de múltiplesaperturas, como aindia de rei, aindia de dama, acatalá, a variante dragón dasiciliana etc.