| Festa dos maios | |
|---|---|
Instancia de | |
| Datas e cronoloxía | |
Día periódico | |
| Patrimonio Cultural | |
| Festas de Interese Turístico de Galicia | |
| Wikidata C:Commons |

Afesta dos maios, tamén coñecida simplemente comoos maios,[1] é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebraciónprimaveral adóitase celebrar o1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día3. Tiña antigamente connotaciónsrituaistotémicas ádivindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países deEuropa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

As orixes da festa remóntanse ás antigas civilizacións prerromanas, como acelta. A festividade celta deBeltane marcaba o inicio doveránpastoral cando os rabaños de gando eran levados cara aos pastos de verán e as terras de pasto das montañas. De aí a adoración dos fenómenos terreais: terra, mar e aire. Unha das principais actividades da festividade consistía en acenderfachos nas montañas e outeiros con rituais e significados políticos[2].A tradición estivo presente enRoma, entre o culto a multitude de deuses. Os romanos tamén asimilaron esta tradiciónmayumea en honra da chegada da primavera e das primeiras flores do ano, o día que corresponde co actual primeiro de maio. E todo poboado romano tiña ademais dos deuses oficiais os propios autóctonos. EnHispania adorábase a deusaBona Dea[3], que non era outra que a deusa dafertilidadeMaia ouFauna namitoloxía romana, coa que se celebraba a chegada da primavera nunhas festas que recibían o nome deFloralia. Seguramente esta tradición sufriu variacións coa chegada dacivilización árabe aos campos deCastela, como a manifestación en cantos ourondas á persoa amada. Finalmente, ocristianismo asimilou multitude de festas pagás profesadas con anterioridade á súa implantación en festas relixiosas, sendo este un claro exemplo: a maioría destas pasaron a ser festas en honra áVirxe María.
A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza (Vicente Risco)

EnGalicia vén celebrándose habitualmente o1º de maio, se ben enOurense fano o día3, día da Santa Cruz[4], que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección, segundo di o introito á celebración da misa nese día.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunhaárbore ou escultura, chamadamaio. Grupos de xente cantancoplas populares (que tamén reciben a denominación demaios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañasmaiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.
É costume facer competicións, premiando as mellores esculturas e as mellores cantigas. Esta celebración ten sona en lugares comaVilagarcía de Arousa[5],Ourense ouRedondela[6].
As figuras que protagonizaban a festa, osmaios, permiten clasificalos en:

Osmaios figurados consisten nunha armazón ou esqueleto de paus ou táboas de forma cónica ou piramidal, recuberto de tea metálica ou arpillera, que se cobre de mofo, fiúncho ou herba. A armazón constrúese sobre unha plataforma que, a modo de padiola, permitía transporta-lomaio polas rúas do lugar.
Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos conflores, follas,fiúncho,fentos,bugallos,froitos ou mesmoovos, como materiais máis habituais. O cumio remátase (coróase) cunha cruz. Hoxe, a imaxinación popular tamén constrúemaios coas figuras máis variadas: pontes, hórreos, cruceiros, casas, animais, figuras humanas etc. En localidades costeiras, comoMarín, fanse tamén con forma de barco.
Cando omaio era esa figura transportable que se dixo antes,Risco lembraba que nalgúns lugares, comaOurense, a festa remataba queimando ou afogando omaio.
Na zona deLaza ou deEntrimo plantábase unha árbore, por veces varias[7]. Os mozos cortaban unha árbore, a máis grande que podían, e plantábana no medio da praza principal, adornándoa despois con faroliños. O elemento utilizado daba o nome á festa:Festa da Árbore de Maio[8].
Probablemente estea relacionado con estasfestas da árbore o costume de colocar pólas dexesta (tamén chamada, por esta razón,maios) nas portas da casa e da corte, nas ventás, carros, leiras e barcas, e actualmente nos coches, na tarde-noite do último día de abril, para que o mes de maio protexa a casa, a xente que vive nela e as súas propiedades. Outrosetnógrafos relacionan isto co ritual dealumea-las leiras na noite do 30 ou 29 de abril, coa fin de protexer os campos e comezar maio libres de calquera mal.

Osmaios humanos podían ser individuais: un mozo ou moza, ás veces disfrazados, adornados con flores, follas ou pólas e cunha coroa de flores. Cando se trataba dunha nena, amaia, ía vestida de branco, con ás e coroas de flores. Noutros lugares eran grupos de xente vestidos do mesmo xeito, e que cantaban e danzaban arredor domaio. Este tipo de maios moi habituais hai un cento de anos foron esmorecendo pouco a pouco até chegar case á desaparición. Cunqueiro lembrou nun dos seus artigos os de Mondoñedo. Son coñecidos os maios humanos de Portomarín ou os de Viveiro. Tamén en Vilafranca do Bierzo, localidade berciana de cultura galega (os maios cántanse no galego oriental propio da zona) é un dos poucos lugares onde se manteñen vivos esta tipoloxía de maios.[9]
Había dous tipos de cantigas para cantar ó redor dos maios. Son raras (só sobreviven enPortomarín eLourenzá) as composicións tradicionais, que se aprenden e repiten ano tras ano. Máis habituais son os textos que se escribían para cada ano, recollendo feitos actuais e, cada vez máis, críticas políticas, como esta que lle dedicaron ó gobernador civil dePontevedra en1923:
Nin é alto, nin é baixo,
nin é malo, nin é bo,
parece un reló parado
dentro da Deputación.
Estas coplas imprímense en follas soltas que se venden ós asistentes. OMuseo de Pontevedra e a bibliotecaBen-Cho-Shey (na deputación de Ourense) conservan amplas coleccións das que se cantaron ó longo doséculo XX. Nalgunhas delas poden comprobarse os efectos dacensura que riscaban ou modificaban os textos que a autoridade do momento consideraba inapropiados.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festa dos maios |