Fernando VII de España, alcumado "o desexado" e tamén "o felón",[1] nado enSan Lorenzo de El Escorial o14 de outubro de1784[2] e finado enMadrid o29 de setembro de1833, foipríncipe de Asturias (1788-1808) e, posteriormente,rei deEspaña entre marzo e maio de 1808 e de novo, trala expulsión do «rei intruso»Xosé I Bonaparte e o seu retorno a España, dende maio de 1814 até a súa morte en 1833, agás nun breve intervalo de tempo en 1823, en que foi destituído polo consello de Rexencia.
O meu maior desexo é o de ser fillo adoptivo da S.M. o emperador, soberano noso. Eu creo ser merecedor desta adopción que, verdadeiramente, faría a felicidade da miña vida, tanto polo meu amor e afecto á sagrada persoa da S.M., como pola miña submisión e enteira obediencia ás súas intencións e desexos.
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre oabsolutismo herdado e defendido por el e as novasideas liberais. De feito herdou un país dividido polaguerra da Independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadasguerras carlistas.
En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador enAmérica Latina, que rematará a finais do século XIX.
Durante a etapa da súa formación destaca, pola influencia posterior no seu reinado, o cóengo Escoiquiz, principal artífice daconspiración de El Escorial, foi durante varios anos o seu preceptor, e quen lle meteu a desconfianza e un feroz odio a seus pais e aGodoy por manipulalos ao seu capricho.[5]
En outubro de1802 casou coa súa primaMaría Antonia de Nápoles, que chorou de desesperación a primeira vez que o viu, debido ao seu "horrible aspecto". Co tempo, a súa esposa colleulle cariño, pero a princesa faleceu en 1806[6] sen deixar descendencia.
Debido ao aborrecemento que sentía por eles, dende moi pequeno Fernando xa conspirara contra os seus pais e contra Godoy. En torno do Príncipe de Asturias vaise formando un núcleo opositor formado por membros da alta nobreza que, temerosos do poder que tiña, perseguían que Godoy non chegase ao trono como se viña supoñendo, por iso en1807 levouse a cabo a primeira conspiración. Por causa dun descoido, esta conspiración foi descuberta polo que Fernando foi xulgado no denominado Proceso de El Escorial. O príncipe, nun xesto propio do seu carácter e reinado, denunciou todos os implicados e pediu desculpas aos seus pais; máis tarde o tribunal absolveu todos os implicados.
En marzo de1808, coa presenza de tropas francesas no territorio español, a corte real trasladouse aAranjuez, como parte dun plan de Godoy para trasladar a familia real a América. O día 17 dese mesmo mes, o pobo ataca o pazo do Príncipe da Paz. Aínda que Carlos IV salvou a vida do seu favorito, tivo que abdicar en Fernando o 18 de marzo, estes feitos son coñecidos como "Motín de Aranjuez".
Tras este motín, Fernando volveu á Corte, onde foi aclamado polo pobo de Madrid. Porén, as tropas francesas xa ocuparan Madrid o día anterior (23 de marzo). O destronado rei Carlos e a súa dona pasaron a estar baixo protección deNapoleón. Este invitou a Fernando a reunirse con el, ao que accedeu con esperanza de que o emperador o apoiase como rei de España. Nun principio a reunión ía ser en España, pero logo pasou a celebrarse enBaiona. Chegaron a Baiona o 30 de abril, mentres que en Madrid o pobo comezaba a loitar contra os franceses. Os fitos do 2 de maio de1808 marcan o inicio daguerra da Independencia española.
Durante a reunión en Baiona, Carlos IV afirmou que a renuncia ao trono producida tras o "Motín de Aranjuez" era nula, polo que pedía que lle foran devoltos os seus dereitos como rei, pero logo cédeos a Napoleón a cambio de asilo político enFrancia así como unha pensión de 30 millóns de reais anuais. Cando chegaron a Baiona as noticias de que Madrid se levantara en contra dos franceses, Napoleón ordenou a Fernando que recoñecese o seu pai como lexítimo, a cambio dun castelo e 4 millóns de reais de pensión anual, e aceptou. A coroa de España recaeu en Napoleón, que lla cedeu a seu irmán Xosé Bonaparte, que reinaría comoXosé I. Este complicado traspaso da coroa española coñécese como"Abdicacións de Baiona".
Estas abdicacións no son soamente un cambio político de dinastía, senón que Napoleón proclama que España encóntrase fronte a un cambio de réxime, cos beneficios dunha constitución sen necesidade dunha revolución. Napoleón convocou unha reunión de notables españois en Baiona (supuxo un fracaso para Napoleón posto que soamente acudiron á cita 75 dos 150 notables), esta reunión coñeceríase máis tarde como"La Junta española de Bayona", nas nove sesións desta xunta debateuse o proxecto de Napoleón para unha nova constitución española que se aprobou en xullo de1808 denominadaConstitución de Baiona ou Estatuto de Baiona.
Mentres, Fernando viu como Napoleón non cumpría a súa parte e internou a Fernando co seu irmán Carlos e o seu tío Antonio no castelo de Valençay. Fernando permanecería alí até o final daguerra da Independencia.[7]
Non obstante, a condición de prisioneiro de Napoleón creou en Fernando o mito de "O desexado", vítima inocente da crueldade napoleónica. Incluso as cortes deCádiz que aprobaran aconstitución de 1812 vían que Fernando VII era o lexítimo herdeiro da coroa española.
En decembro de 1813 Napoleón firmou a paz con Fernando, no denominadoTratado de Valençay, e Fernando quedou en liberdade.[5] Fernando volvería a España en 1814, evitando ir a Madrid, onde tería que asinar aConstitución de 1812. Faino por terras deXirona e dende alí dirixiuse aValencia, buscando apoios para gobernar de forma absolutista.
Nada máis chegar a España atopa apoios e invitacións para gobernar como un rei tirano e absoluto: o doXeneral Elio, que puxo o exército ao seu dispor (é o primeiro pronunciamento da historia de España)[8] e o dunha serie de deputados que lle presentan oManifesto dos Persas, no que os 69 deputados pedían ó rei a volta ó absolutismo. Ademais disto, lembramos que Fernando VII contaba co apoio e simpatía do pobo.
O rei decide entón restaurar o absolutismo asinando un decreto o4 de maio de1814 polo que se declaraba nulo o decreto das cortes e aConstitución promulgada en Cádiz en 1812.
Comezou, entón, unha persecución aos máis liberais, mentres que se facía imposible a reconquista das antigas colonias americanas que facía que España perdera tamén peso en Europa. Para frear esta situación confiouse o poder a un equipo moderado de políticos (León e Pizarro e Garay), pero esta situación durou só dous anos (1816 - 1818).
En1816 Fernando casou por segunda vez coa súa sobriñaMaría Isabel de Braganza con quen tivo unha filla que morreu nos poucos meses, e en1818 morrería Isabel. Ao ano seguinte, casa por terceira vez conJosefa Amalia de Saxonia coa que tampouco tivo fillos.
Dende o ano1814 producíranse en España intentos de golpes de estado fracasados, intentos que acabaron en sangue:
O1 de xaneiro de1820, o tenente coronelRafael del Riego sublévase enCabezas de San Juan contra o réxime absolutista cunhas tropas que agardaban para ser embarcadas cara aAmérica. O levantamento triunfou cando o exército enviado polo goberno se amotinou enOcaña.
Co triunfo dos liberais suprímese o absolutismo, quedando Fernando VII como rei tras ser obrigado a xurar a Constitución de 1812 (9 de marzo de1820). Famosa é a súa frase de"Marchemos todos, y yo el primero, por la senda de la Constitución".
Decrétanse medidas desamortizadoras e anticlericais como a expulsión dosxesuítas, a desamortización eclesiástica e o peche dalgúns conventos e mosteiros. Tamén se continúan as reformas iniciadas en 1810: abolición dos privilexios de clase, señoríos, vinculeiros e a Inquisición, preparouse o Código Penal...[5]
Continúan as tensións políticas e sociais. Así, dunha banda, os liberais divídense entón en dous bandos:doceañistas ou moderados (que apoiaban a Constitución de 1812) eveinteañistas ou exaltados (que pensaban que dita constitución era moi feble para o que precisaba España).
Doutra banda, danse nesta etapa intentos absolutistas como a sublevación da Garda Real, que culminarán cando os absolutistas piden axuda áSanta Alianza, que envía osCen Mil Fillos de San Luís (ó mando doDuque de Angulema, curmán de Fernando VII) para restaurar o absolutismo.
Ante o perigoso avance dos franceses a Corte trasladouse aSevilla co rei, máis tarde deixárono marchar e logo os deputados fuxiron (previa represión). Despois de volver ao poder absoluto (1 de outubro de1823), Fernando non fixo caso das promesas anteriores e comezou unha nova e violenta represión.
Comezaba así a denominadaDécada Ominosa que se caracteriza por unha política absolutista até o seu extremo.
A partir de 1823, coa restauración do absolutismo, prodúcese unha gran represión contra os liberais (ábrense nesta época 20.000 expedientes) e abólese novamente aConstitución de 1812. Danse asemade intentonas ultraabsolutistas contra Fernando VII.
O país pasa por unha crise sucesoria pola falta de fillos de Fernando VII, que pola posibilidade de que tivese unha filla promulga aPragmática Sanción, que anulaba aLei sálica que impedía gobernar ás mulleres.
Morta a súa terceira dona, casa en1829 coa súa sobriñaMaría Cristina de Borbón e deste matrimonio nace a infanta, a futuraIsabel II. Nacida Isabel, as esperanzas dos apostólicos do reinado de Carlos víanse ameazadas, pero en1832 mentres o rei parecía estar a morrer intentaron un golpe contra o pazo real, que asegurara o reinado de Carlos. Fracasado o intento, Carlos marchou aPortugal e a insurrección carlista comezou inmediatamente.
Coa morte de Fernando, María Cristina converteuse enrexente iniciando unha etapa conciliadora, con Carlos.
Desde 1713 estaba en vigor a Lei sálica, que impedía reinar ás mulleres. En 1789, as Cortes aprobaron unhaPragmática Sanción que a derrogaba, pero esta non foi publicada ata 1830, cando o rei, no seu cuarto matrimonio, conMaría Cristina de Borbón, esperaba un sucesor. Pouco despois, naceu a princesa Isabel. Na Corte formouse entón un grupo que defendía a candidatura ao trono do irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón, e negaba a legalidade da Pragmática, publicada en 1830.
En 1832, coa ocasión dunha grave enfermidade do rei, cortesáns carlistas convenceron ao ministroFrancisco Tadeo Calomarde para que Fernando VII firmase un Decreto derrogatorio da Pragmática, que deixaba outra vez en vigor a Lei sálica. Coa melloría do rei, o Goberno, dirixido porFrancisco Cea Bermúdez, deu de novo vigor á Pragmática, co que á morte do rei, o29 de setembro de1833, quedaba, como herdeira, a súa primoxénita Isabel, que reinaría co nome de Isabel II.[5] Aínda que a súa viúva, María Cristina de Borbón, exerceu como rexente de España até que Isabel chegase a maioría de idade para reinar.
A unanimidade á hora de considerar o reinado de Fernando VII como un dos peores dahistoria de España é case total. Ademais, con certeza, é o monarca español máis denigrado da historia.[9] Nin o carácter do rei (sempre buscando o seu propio beneficio e supervivencia política cambiando de bando ao seu capricho) nin a súa preparación intelectual e humana estiveron á altura do seu tempo.
↑Moreno, Víctor; Ramírez, María E.; de la Oliva, Cristian; Moreno, Estrella (24-3-2020)."Fernando VII de España".buscabiografias.com(encastelán). Consultado o 9-7-2020.
Payne, Stanley G. (1977).Ejército y sociedad en la España liberal (1808-1936)(encastelán). Madrid: Akal.ISBN84-7339-215-9.
Suárez Fernández, Luis (1981). Historia General de España y América. Del antiguo al nuevo régimen: hasta la muerte de Fernando VII. Vol. XII. Madrid: Ed. Rialp. ISBN84-321-2109-6.