Fernando Botero Angulo, nado enMedellín o19 de abril de1932 e finado o15 de setembro de2023 enMónaco,[1] foi unacuarelista eescultorcolombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas. Sendo el mesmo alcumado ironicamente «o máis colombiano dos artistas colombianos»[2], é un dos raros pintores a coñecer o éxito e a gloria en vida. A súa carreira comeza realmente en 1958, cando gaña o primeiropremio do `Salón de Artistas Colombianos '
Ao grao das súas numerosas viaxes enEstados Unidos e enEuropa, Fernando Botero desenvolveu un estilo propio e do cal a súanatureza mortaNaturaleza muerta con Mandolina, de 1957, constitúe a primeira manifestación[3]. Este estilo, que se pode observar tanto nas súas pinturas ou debuxos coma nas súas esculturas, permítelle non ser asociado a ningún movemento ou corrente, pasado ou presente. Por outra banda, a súa obra colle inspiración esencialmente daarte precolombiana e da arte popular.
A praza Botero enMedellín (2006). As estatuas doadas por Botero a cidade exhibisen nesta praza.
Orfo de pai aos catro anos, a súa nai criouno coa axuda dun tío, adepto apaixonado acorrida de touros. Aos dezaseis anos o xornalEl Colombiano publica os seus primeiros debuxos. Nesta época, as principais influencias de Botero son a arte precolombiana así como as obras dosmuralistas mexicanos tales comoDiego Rivera (1886-1957),José Clemente Orozco (1883-1949) eDavid Alfaro Siqueiros (1896-1974). Os seus cursos enhistoria da arte fanlle igualmente descubrir aos pintores europeos, e sobre todoPablo Picasso.
En xaneiro de 1951, voa para a capital,Bogotá, onde frecuenta diversas personalidades tales como o escritor colombianoJorge Zalamea. Interésase igualmente pola literatura dePablo Neruda (1904-1973) e deFederico García Lorca (1898-1936) e iníciase a corrente literaria dorealismo máxico. Expón en 1951 e 1952, faise coñecer e vende algunhas teas. En agosto, grazas ao cadroFrente al mar, lévase o segundo premio do noveno Salón dos artistas colombianos[4]. De contado, cos cartos do premio decide unha viaxe enEuropa.
Máis tarde, Botero efectúa unha curta estanza en 1953 enParís, onde decepcionado polas obras contemporáneas doMusée d'art moderne de la Ville de Paris (Museo de arte moderna da Cidade de París), estuda os mestres antigos noMuseo do Louvre[6].
En marzo de 1955, Fernando Botero decide volver aBogotá. A súa obra é condenada polas críticas. Co fin de poder vivir, Botero traballa temporalmente de vendedor de pneumáticos con traballos gráficos para a prensa[9]. En decembro, casa con Gloria Zea. En1956 establecense enCidade de México onde nace o primeiro fillo, Fernando.
En1957, co cadroNaturaleza muerta con Mandolina, o artista descobre, por primeira vez, a posibilidade de dilatar as formas e de esaxerar os volumes. Acada así un estilo que lle é propio.
En abril deste mesmo ano, Botero vai aWashington para a súa primeira exposición persoal aosEstados Unidos.
En1958, ano de nacemento da súa rapaza Lina, Botero é nomeado profesor de pintura á Academia de Belas Artes de Bogotá. Permanece en Bogotá ata 1960, ano do nacemento do seu segundo fillo, Juan Carlos. Mentres que a súa sona non deixa de medrar, os seus servizos son requiridos para ilustrar a novela do escritorGabriel García Márquez tituladaTuesday Siesta (A sesta do martes),
En1960, Botero abandona Colombia por terceira vez e sae vivir enNova York. Logo de menos de cinco anos de vida común, separase da súa muller. En 1964, o artista casa con Cecilia Zambrano da cal se divorcia en 1975.
A partir de 1967, Botero viaxa regularmente entre Colombia, Nova York e Europa. Visita asíItalia eAlemaña onde estuda a obra do artista alemán doRenacementoAlbrecht Dürer. Durante este período, Botero realiza tamén varias pinturas a partir do cadroDéjeuner sur l'herbe (O almorzo sobre a herba) deÉdouard Manet.
En 1970, Pedro, o terceiro fillo de Botero, nace a Nova York. En 1973, Botero abandona os Estados Unidos e instálase enParís onde realiza as súas primeiras esculturas. En 1974, o seu fillo Pedro, de catro anos de idade, morre nun accidente da estrada enEspaña, no cal o pintor mesmo é ferido gravemente. A seguida dista traxedia, Botero realiza numerosas obras en memoria do seu fillo falecido.
Entre 1976 e 1977, Botero dedícase esencialmente á escultura, realizando vinte e cinco obras. En 1976, o presidente deVenezuela logo dunha retrospectiva da súa obra no museo de arte contemporánea enCaracas outórgalle a medalla Andrés Bello. O ano seguinte, casa con Sophía Vári igualmente pintor e escultor de estatuas monumentais. A parella Botero vive e traballa hoxe en París en Francia, pero tamén en Nova York nos Estados Unidos e en Pietrasanta preto de Lucques enToscana (Italia).
Os seus temas predilectos son sobre todo as naturezas mortas, osnus femininos, os retratos de familia, as escenas detauromaquia ou as da vida cotiá da sociedade colombiana. Botero introduce igualmente temas máis graves na súa obra tales como a violencia en Colombia ou as torturas sufridas polos prisioneiros docárcere deAbu Ghraib.
Como numerosos outros pintores, Fernando Botero ama facer o seu autorretrato, pintándose así a miúdo disfrazado e vivindo noutra época.
Inspirado polas obras dalgúns pintores célebres, Botero baseouse nalgunhas para realizar algúns cadros, pero cun estilo particular. Pódense destacar os cadrosMona Lisa referido aGioconda deLeonardo da Vinci,Infanta Margarita da personaxe principal dasMeninas deDiego Velázquez ouFederico da Montefeltro confeccionado a partir dun óleo sobre madeira de Piero della Francesca. Botero explica nestas palabras a súa elección de copiar certas obras:
Elixir como modelo unha pintura doutro pintor, o que fago a miúdo, é medirse á potencia pictórica dunha obra. Se a posición estética que se ten é absolutamente orixinal respecto a aquela á cal un se confronta, a obra que se fai é ela mesma orixinal.
Así e todo, para o conxunto da súa obra, Botero recoñece non traballar con modelos:
Nunca traballei con modelos. Un modelo para min constituiría unha limitación á miña liberdade de debuxar ou de pintar. Nunca puxen tres obxectos sobre unha mesa para facer unha natureza morta. Nunca me situei, tampouco, nun lugar particular para reproducir unha paisaxe. En realidade, non teño necesidade de nada diante de min. As miñas eleccións de personaxes son arbitrarias e todas son o froito da miña imaxinación.
Botero, a semellanza doutros artistas latinoamericanos de renome sufriu a influencia da arte europea. Mentres outros inspirábanse nas revolucións pictóricas da época, tal ocubismo, o pintor e escultor colombiano aproveitou a súa estanza en París para visitar os museos e inspirarse nos clásicos do Renacemento ataIngres. O emprego de cores vivas e francas está tamén omnipresente nas pinturas de Botero.
Fernando Botero tivo que esperar a creación deNaturaleza muerta con Mandolina para obter un verdadeiro éxito. Esta tea representa un momento de importante mudanza porque fixa o seu estilo que é marcado sobre todo pola redondez dos seus personaxes. Así, Botero explica nestas palabras o nacemento da súa tecla artística persoal:
Intentara sempre expresar o monumental na miña obra. Un día, despois de traballar enormemente, collín un lapis por casualidade e debuxei unha mandolina de formas moi amplas como o facía sempre. Pero no momento de debuxar o burato no medio do instrumento, fíxeno moito máis pequeno e, de súpeto a mandolina tomou proporcións dunha monumentalidade extraordinaria (...)
Xeralmente, na obra de Botero, os seus personaxes non expresan sentimentos nin intención de expresalos, o artista conserva así unha postura de neutralidade afastada, mesmo cando fai o retrato de cardeais ou de xente poderosa[13].Mario Vargas Llosa ata fala, no tocante as pinturas de Botero, dunha «carencia de dramatismo» e dunha «imperturbabilidade prerromántica»[14].. Na maioría dos homes e das mulleres realizados por Boteiro, e iso a pesar do seu peso, sae unha impresión de lixeireza, de axilidade e de graza. Finalmente, á cuestión «por que os seus personaxes son grosos», Botero responde:
Grosos, os meus personaxes? Non, teñen volume, é máxico, é sensual. E é iso o que me apaixona: reencontrar o volume ca pintura contemporánea esqueceu completamente (...)[15]
Entre 1963 e 1964, Fernando Botero inténtase na escultura. Debido a restricións económicas que lle impiden traballar cobronce, fai as súas esculturas conresina acrílica e serraduras demadeira. Realiza sobre todo en 1964Small Head (Bishop), unha escultura pintada con moito realismo. Con todo, a materia sendo demasiado porosa, non resiste ao tempo e a súa consistencia terrosa non convén a Boteiro que decide abandonar[16].
En1973, despois dunha longa estanza en Nova York, Botero decide establecerse en París onde se inicia de novo na escultura co bronce como material. Para Botero, esta forma de arte é a prolongación natural do seu universo pictórico. De certo, os seus personaxes toman a plena medida grazas ao espazo en tres dimensións, as formas voluptuosas vólvense palpables e ofrecen o que o artista chama unha «alternativa poética á realidade». As obras esculturais de Fernando Botero teñen sobre todo fontes na arte doantigo Exipto ou nas primeiras culturas americanas. Pódese pensar tamén que se basean en certos cultos, as mulleres nuas que son un exemplo de fertilidade para ídolos prehistóricos ou asesfinxes sendo as gardiás dos templos do mundo antigo[16].
A súa paixón pola escultura é tan importante para o artista que consagra a iso os anos 1976 e 1977, período durante o cal crea vinte e cinco obras. En1983, Fernando Botero instala un obradoiro enPietrasanta enItalia, pobo coñecido pola abundancia demármore branco e onde aprovisionábaseMichelangelo así como pola calidade das súasfundicións. Traballa co bronce e o mármore. As súas esculturas, que poden ser de mui gran tamaño, expóñense, por exemplo aFlorencia en 1991, naAvenida dos Campos Elisios enParís en 1992 ou aínda na Park Avenue deNova York en 1993. Tamén algunhas das súas esculturas establécense en espazos públicos deLisboa,Madrid,Múnic,Singapur ou aíndaTokyo e noutras cidades do mundo.
↑(enfrancés) Jean-Marie Tasset, «Botero, le secret de la mandoline», inBotero, éd. Cercle d'art, 2002, páxina 9,ISBN 978-2-7022-0682-9.
↑(enfrancés) Rudy Chiappini, «Une vision intérieure qui s'affirme dans la plénitude des formes», inBotero: œuvres 1994-2007, éd. Skira, 2007, páxina 5,ISBN 978-88-6130-385-0
↑(enfrancés) Gilbert Lascault,Botero: éloges des sphères, de la chair, de la peinture et de plusieurs autres choses, éd. Cercle d'art, 1992, páxina 35ISBN 978-88-6130-385-0
(encastelán)Ana María Escallon (1997).Botero: Nuevas obras sobre lienzo: entrevista con Fernando Botero por Ana María Escallon.Villegas Editores, Bogotá.ISBN 958-9393-42-X.
(encastelán)Grandes personajes universales y de Colombia' ano =2000.Océano editores, Madrid.ISBN 84-494-1013-4.
(encastelán)(engalego)(eninglés) O Institut Valencià d'Art Modern (IVAM) e aFundación Caixa Galicia publicaron no ano 2008 un catálogo de ilustracións, fotografías en color de 202 páxinas:Fernando Botero: Abu Ghraib / El circo.