a máis da característica do spin, os fermións teñen outra propiedade específica, aconservación donúmero cuánticobariónico ouleptónico: o que se sinala de xeito usual como a relación spin estatística é de feito unha relación estatística spin-número cuántico.[3]
Todas as partículas elementais son fermións oubosóns, partículas con spin enteiro (agás o hipotéticoplektón). Os fermións son as partículas que constitúen a materia e divídense en dous grupos:hadróns (quarks) eleptóns en función de se sofren ou non, respectivamente, a interacción nuclear forte.
Oselectróns son fermións, e isto é de gran relevancia para a química (e para o mundo físico tal e como o coñecemos), pois oprincipio de exclusión de Pauli fai posible o enchido de diferentes orbitais, coa conseguinte aparición dos diferentes elementos químicos.
Crese que a maioría dos fermións modelo estándar son fermións deDirac, aínda que aínda non se sabe se os neutrinos son fermións de Dirac ouMajorana (ou ambos). Os fermións de Dirac pódense tratar como unha combinación de dous fermións deWeyl.[4] En xullo de2015, os fermións de Weyl obtivéronse experimentalmente en semimetais de Weyl.
As partículas compostas, como oshadróns, osnúcleos ou osátomos, poden ser bosóns ou fermións, dependendo dos seus constituíntes, a causa da relación entre spin e estatística, pois unha partícula cun número impar de fermións é tamén fermión, ó resultar de spin semienteiro a suma dos spins das partículas constituíntes.