O fenotipo dunorganismo individual está definido pola aparencia física e mais a constitución. Especificamente maniféstase como trazas que varían entre os diferentes individuos tales como o tamaño ou acor dos ollos.
O fenotipo está determinado, en certa medida poloxenotipo, ou pola identidade dosalelos, os cales, individualmente, ocupan unha ou máis posicións noscromosomas. Algúns fenotipos están determinados polos múltiplesxenes, influenciados ademais por factores domedio. Desta maneira, a identidade dun, ou duns poucosalelos coñecidos, non sempre permite unha predición do fenotipo.
Así e todo, como os fenotipos son moito máis doados de observar do que osxenotipos (non se necesita ningún tipo de exame químico para determinar a cor de ollos dunha persoa), axenética clásica usa os fenotipos para determinar as funcións dosxenes. Os experimentos de reprodución poden probar estas interferencias. Desta forma, estudos xenéticos temperáns son capaces de rastrexar os padróns hereditarios sen ningún tipo de coñecemento dabioloxía molecular.
A interacción entre oxenotipo e mais o fenotipo describiuse a miúdo usando a simple ecuación que se expón a continuación:
Fenotipo = xenotipo + ambiente
En conclusión, o fenotipo é calquera característica detectábel dunorganismo (por exemplo, estrutural, bioquímico, fisiolóxico e as relativas á conduta) determinado por unha interacción entre o seuxenotipo e o seumedio.