Afenomenoloxía (dogregophenomena, "cousas que aparecen" +logos, "coñecemento") é un métodofilosófico que pon énfase na neutralidade descritiva doreceptor na determinación dossignificados obxectivos dos fenómenos.
A fenomenoloxía deriva do pensamento do filósofoalemánEdmund Husserl (1859-1938), quen afirmaba que o obxecto propio do coñecemento filosófico non son os obxectos domundo perceptíbeis polossentidos e, supostamente, externos á conciencia, senón os contidosa priori que aparecen dados en xeral nunhaconsciencia. Así, o método esixe un exame detido dos estados e procesos mentais e intelectuais. Usando este método, Husserl pensaba que sería posíbel revelar a natureza subxacente da consciencia e dos fenómenos e facelo de maneiraatemporal eahistórica, estabelecendo unha teoría trans-subxectiva dacomprensión. Isto implica que a mente humana, entendida universalmente e non particularmente, é o lugar onde os significados obxectivos adquiren realidade.
Outro fenomenólogo destacado foiMax Scheler (1874-1928) quen, na obraO formalismo na ética e a ética material dos valores, puxo o método fenomenolóxico ó servizo da ética proporcionando unha teoría descritiva dos diferentes valores de enorme influencia na ética contemporánea.
A focaxe crítica fenomenolóxica envolve a investigación da natureza subxacente e da esencia dunha obra estudada e, en consecuencia, o acceso en certa maneira á consciencia do autor.
Unha versión diferente, e talvez máis "vulgar", é a exploración da personalidade única que hai por detrás dunha obra literaria. O crítico fenomenolóxico precisa baleirar primeiro a súa mente de todos ospreconceptos sobre o autor e o texto. Unha vez logrado, o crítico debe atinxir un estado moi receptivo e sensíbel que lle permita compartir o modo de consciencia do autor. Este estado da mente ten sido descrito como "consciencia da consciencia doutro".
Entre os primeiros desenvolvedores do método fenomenolóxico naGaliza destacaDomingo García-Sabell, quen optou polas ferramentas de orde descritivo no canto de partir de definicións teóricas.[1] Nas súas palabras:
Hoxe en día, o mellor camiño para entender determinadasrealidades antropolóxicas é a descrición fenomenolóxica e non os intentos de premer dentro dunha definición calquera complexa perspectiva do que sucede.