Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Feniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira feniana de 1867.

Feniano é un termo que se emprega dende mediados doséculo XIX para referirse aosnacionalistas irlandeses contrarios ao dominiobritánico sobre aIlla de Irlanda. Adoita ser empregado tamén para referirse aos membros daIrmandade Republicana Irlandesa. Malia que nun principio esta palabra se refería aos nacionalistas irlandeses, co paso do tempo o seu uso expandiuse ata pasar a denominar os simpatizantes do nacionalismo irlandés e aoscatólicos de ascendencia irlandesa (estereotipados como simpatizantes do nacionalismo irlandés). EnIrlanda do Norte eEscocia empréganse hoxe as máis das veces cun significado pexorativo; enAustralia tamén pasou a ter esta connotación.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Esta palabra deriva doirlandésNa Fianna ouNa Fianna Éireann, que namitoloxía celta era unha banda de guerreiros formada para protexer Irlanda, de entre os queFionn Mac Cumhaill era o máis famoso.

Fenianismo

[editar |editar a fonte]

O fenianismo, de acordo conJohn O'Mahony, está fundamentado en dous principios: o dereito natural de Irlanda a independizarse, e que este dereito só se pode levar a cabo mediante unharevolución armada.[1]

O termo fenianismo foi empregado ás veces na política doReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda na década de 1960 doséculo XIX para referirse a calquera forma de mobilización daclase obreira ou que expresara algún sentimento nacionalista irlandés.

Uso histórico

[editar |editar a fonte]

AIrmandade Feniana foi fundada en1858 porJohn O'Mahony,James Stephens eMichael Doheny como ramaestadounidense da Irmandade Republicana Irlandesa. Rapidamente independizouse desta, aínda que continuou traballando para gañar o apoio dos irlandeses estadounidenses a unha rebelión armada en Irlanda.

«Feniano» (Fenian) é o único epitafio na tumba deThomas James Clarke, nacionalista irlandés executado poloExército Británico logo doAlzamento de Pascua de1916.

Canadá

[editar |editar a fonte]

A Irmandade Feniana realizou na década de 1860 varios intentos de invadir partes do sur doCanadá, daquela baixodominio británico, co fin de meter presión ao Reino Unido para que lle concedera a independencia a Irlanda.

Uso actual

[editar |editar a fonte]

Irlanda do Norte

[editar |editar a fonte]

EnIrlanda do Norte, este termo é empregado para deignar aos católicos ou nacionalistas irlandeses (para os unionistas é un sinónimo), e xeralmente é considerado pola xente (tanto católicos como protestantes) como ofensivo.

En1984, o político unionista, e membro daForza de Voluntarios do Ulster,George Seawright provocou a indignación nunha reunión da Oficina para a Educación e Bibliotecas deBelfast ao afirmar que os católicos contrarios a que se izara abandeira unionista non eran máis que "escoura feniana que foron adoutrinados pola Igrexa católica". "A escoura feniana" era tamén un dos insultos dirixidos aos pais de alumnas católicas por parte dos militantes unionistas nadisputa da santa cruz.[2]

Fianna Fáil é tamén o nome dun partido político daRepública de Irlanda.

Escocia

[editar |editar a fonte]

O termo feniano emprégase tamén con sentido pexorativo enEscocia. Durante os partidos defútbol, especialmente entre oRangers FC e oCeltic FC[3], xa que este último equipo ten as súas orixes nos inmigrantes irlandeses enGlasgow, e o club estivo historicamente asociado ao nacionalismo irlandés. Nunha tentativa de erradicar "cancións discriminatorias", nos Rangers tentouse fomentar o canto de máis cancións tradicionais comoWolverhampton Town.[4]

A pesar de que é considerado uninsulto contra os católicos, moitos cren que non se refire a tódolos católicos, senón aos seguidores do nacionalismo irlandés ou como termo pexorativo dirixido aos seareiros do Celtic. Xogadores protestantes comoPaul Lambert tamén recibiron este insulto. Ultimamente, os seguidores do Celtic tentaron ridiculizar o xogador católico dos RangersChris Burke coa frasequen é o feniano dos azuis?".[5]

Australia

[editar |editar a fonte]

EnAustralia, o termo ten un significado pexorativo contra os membros doPartido Laborista Australiano (ALP) que son nacionalistas australianos e teñen un concepto similar ao dos seguidores católicos irlandeses da independencia irlandesa.Michael Atkinson, Procurador Xeral deAustralia Meridional, considera a aqueles membros do ALP que querían remover o nome doConsello da Raíña comofenianos e bolxeviques nun discurso feito na Convención do ALP enAdelaida o15 de outubro do2006. Os católicos irlandeses foron tradicionalmente seguidores do ALP e influíron na posición do partido no referente á monarquía.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ryan (1967), p. 318
  2. http://u.tv/newsroom/indepth.asp?id=9601&pt=
  3. "Ibrox chant ruling goes to appeal"(eninglés). 2006-04-18. Consultado o2022-09-06. 
  4. "Rangers revive traditional songs"(eninglés). 2006-08-04. Consultado o2022-09-06. 
  5. http://www.bbc.co.uk/scotland/sportscotland/offtheball/illinformer/?2004/03/29[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Ryan, Desmond (1967).The Fenian Chief: A Biography of James Stephens(eninglés). Dublín: Hely Thom LTD. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Feniano&oldid=6195865»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp