| Fender Precision Bass | |
|---|---|
Instancia de | |
Subclase de | |
| Persoas e organizacións | |
Deseñador/a | |
| Produción | |
Fabricante | |
| Datas e cronoloxía | |
Creación | |
| Wikidata C:Commons |
OFender Precision Bass, tamén coñecido comoP-Bass, é un dos primeiros modelos debaixo eléctrico deseñado porLeo Fender (que se encargou da parte electrónica) e o seu equipo (encargado do corpo e o mastro). O seu prototipo é do ano1950 e saíu ao mercado en1951,[1] sendo o primeiro instrumento deste tipo en conseguir a atención dos músicos e ter un uso xeneralizado. Foi un instrumento revolucionario para a época e tivo un grande impacto na música popular dende entón.[2] O seu corpo é moi semellante ao da guitarraFender Stratocaster.
Na súa configuración estándar, de despois de 1957, o Precision Bass é un instrumento de corpo sólido de catro cordas equipado cunha única pastilla humbucker pickup e un mastro de arce dunha peza de 20 trastes con diapasón de palisandro ou arce.
Ocontrabaixo é considerado un instrumento incómodo debido ao seu gran tamaño, e é moi difícil de transportar en comparación con instrumentos máis pequenos. Tamén é difícil de escoitar en grandes bandas ou naquelas que utilizan instrumentos amplificados, e precisa de habilidades para tocalo distintas ás requiridas para tocar a guitarra.
O Precision Bass deseñouse para superar eses problemas. O nome "Precision" procede do uso de trastes para tocar afinado máis doadamente en comparación cos contrabaixos sen trastes.[3] Porén, o baixo eléctrico carece das distintivas cualidades acústicas do contrabaixo, ofrecendo un son máis sólido, duro e sostido. Tras a resistencia inicial por parte dos contrabaixistas, o baixo eléctrico fíxose dominante e transformou os ritmos da música popular.
A aceptación do baixo foi inicialmente lenta, xa que os contrabaixistas miraban ao novo instrumento co mesmo desagrado que os guitarristas á súa irmá de corpo sólido, aTelecaster. Unha das primeiras en incorporar o novo instrumento foi a banda do vibrafonista e bateríaLionel Hampton, coa axuda porterior do respaldo do baixista deElvis PresleyBill Black, que comezou a usar un Precision Bass durante a rodaxe deJailhouse Rock.
Fender tamén entregou un dos primeiros Precision ao baixista de sesión e arranxador dosÁnxelesShifty Henry.Monk Montgomery converteuse no segundo intérprete de jazz en popularizar o baixo de Fender; primeiro tocando con Lionel Hampton; e despois co seu irmán, o guitarristaWes Montgomery. En 1954 Henry e Montgomery aparecían en anuncios de Fender. Cara finais da década dos 50 o P-Bass estaba finalmente gañando aceptación entre os baixistas derock 'n roll ecountry, así como entre guitarristas comoCarol Kaye, unha guitarrista de jazz que se fixo coñecida polo seu traballo como baixista no consorcio de músicos de sesión dos Ánxeles coñecido como The Wrecking Crew.
Para a construción do primeiro prototipo,Leo Fender e George Fullerton baseáronse na guitarraTelecaster, que eles mesmos presentaran pouco antes. Imaxinaron que para conseguir unha guitarra-baixa tan só terían que modificar as dimensións do mastro da guitarra, e tras varios experimentos por ensaio e erro estabeleceron a medida que hoxe consideramos estándar, 34 polgadas.[4] Para a construción destes primeiros prototipos tiveron que empregar cordas de contrabaixo de tripa, que eles mesmos recortaran para axustalas ás dimensións reducidas do diapasón, e ás que envolveran cun arame metálico para excitar a resposta das pastillas. Do mesmo xeito, empregaron caravillas de contrabaixo.[5] Debido a que o corpo do instrumento resultaba moi grande e pesado, Leo Fender deulle o deseñodobre cutaway, para mellorar o balance do instrumento e alixeirar o seu peso.
Os instrumentos de produción baseados neste prototipo presentaban xa cordas de metalflatwound fabricadas porSquier, caravillas fabricadas pola firma alemá Schaller, e unha única pastilla de bobinado simple con dous controis, ton e volume. O mastro estaba fixado con parafusos ao corpo do instrumento, o que permitía a súa fabricación en serie, disminuíndo os custos de produción. Dando por sentado que os músicos usarían o polgar para pulsar as cordas, Leo Fender incluíu un bloque de madeira unido con parafusos ao corpo baixo as cordas para facilitar esa postura. Engadíronse cubrepastillas de metal cromado que proporcionaban illamento eléctrico ás pastillas, e, por último, incluíanse muteadores de goma sobre as cordas para reducir osustain do instrumento.
Xunto ao Precisión Bass orixinal, Leo Fender presentou o seu amplificador Bassman, un modelo que deseñou especificamente para reproducir as baixas frecuencias propias do instrumento e que sería adoptado máis tarde de forma entusiasta por guitarristas de Jazz de todo o mundo.[6]