Felicity Rose Hadley Jones, nada enBournville,Birmingham, o17 de outubro de1983, é unha actrizinglesa. Comezou a súa carreira profesional con 12 anos no filmeThe Treasure Seekers (1996) conKeira Knightley. Despois interpretaría o papel de Ethel Hallow durante tres tempadas (1998-2001) na serie de televisiónThe Worst Witch e na súa secuelaWeirdsister College. Dende 2006, apareceu en numerosos filmes, incluíndoNorthanger Abbey (2007) xunto conCarey Mulligan,Brideshead Revisited (2008) conEmma Thompson,Chéri (2009) conMichelle Pfeiffer, eThe Tempest (2010) conHelen Mirren.
A súa actuación no filme de 2011Like Crazy foi ben acollida pola crítica e valeulle varios galardóns, incluíndo un premio especial do xurado noFestival de Sundance de 2011. No 2014, a súa intepretación deJane Wilde Hawking enThe Theory of Everything foi louvada pola crítica e foi nomeada ósGlobos de Ouro, ósSAG, ósBAFTA e óOscar á mellor actriz.