Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Feira Franca de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Feira Franca.
Feira Franca de Pontevedra
Edición de 2010.
Datos da festa
Nome oficialFeira Franca
ConmemoraciónMercado libre de impostos concedido por Henrique IV en 1467
TipoHistórico
Dataprimeira fin de semana do mes de setembro
ConcelloPontevedra
OrganizadorConcello de Pontevedra
Significadorevive o ano 1467 na cidade de Pontevedra
RecoñecementosFesta de Interese Turístico Galego (2013)

AFeira Franca é unha festa celebrada enPontevedra o venres pola tarde e todo o sábado da primeira fin de semana do mes de setembro. En 2013 foi declaradafesta de interese turístico polaXunta de Galicia[1] Está ambientada naidade media, e inclúe postos de comida, animación nas rúas, música,obradoiros,artesanía en coiro, madeira,téxtiles e produtos naturais, entre outros.

Localización

[editar |editar a fonte]

A Feira Franca de Pontevedra desenvólvese nocentro histórico da cidade, naAlameda de Pontevedra, aGran Vía de Montero Ríos, oparque das Palmeiras e a avenida Raíña Vitoria, apraza de touros de Pontevedra e na contorna daponte do Burgo e orío Lérez.[2][3][4]

Historia

[editar |editar a fonte]

A Feira Franca ten a súa orixe no mercado libre de impostos, que comezou a celebrarse na cidade por un privilexio real instaurado polo reiHenrique IV en1467, coa celebración dunha festa dun mes de duración arredor do 24 de agosto na honra de San Bartolomeu.[5] Nas feiras medievais congregábanse as clases sociais máis altas coas máis baixas arredor dun mercado.

A primeira edición foi celebrada no ano 2000,[5] e desde entón atrae un gran número de xente. Os veciños vístense con traxes de inspiración medieval e o centro histórico da cidade sofre unha importante transformación estética. A comida convive cos disfraces usados polos veciños da cidade que se animan a participaren con carros e cabalos polas rúas, con condenados á forca, con ferreiros e outros personaxes.

Desde hai varios anos cada feira dedícase a un aspecto. No ano 2006 foi dedicada ósirmandiños, no 2007 ómar, e no 2008 óagro. Na décima edición do ano2009 a Feira recibiu o nome deAmor, escarnio e maldicir, en homenaxe áscantigas medievais feitas enlingua galega. No 2013 dedicouse aosinventos, no 2014 áastronomía, no 2015 áalquimia, en 2016 ámúsica, en 2017 aosbestiarios medievais e áslendas en 2018. En 2019 a Feira Franca centrouse norío Lérez. En 2022 o tema central foi tamén o río Lérez[6] e en 2023 dedicouse aosnúmeros.[7]

Descrición

[editar |editar a fonte]

Personaxes

[editar |editar a fonte]
Grupo de visitantes ataviados con roupas medievais
Grupo de amigos na Feira Franca 2019
Evento napraza de touros.

Cidadáns e visitantes únense durante a festa para recrear os personaxes representativos da sociedade pontevedresa de 1467 e o ambiente desa época medieval. Están representados os diferentes estamentos sociais como damas e cabaleiros, bispos do clero e campesiños así como os diferentes oficios típicos por medio de artesáns, xograres, trobadores, músicos, artistas, comerciantes, tecedoras de redes de pesca, tecedores de liño, oleiros, toneleiros, cesteiros, ferreiros, carpinteiros ou tecedoras de encaixe.[2]

Actividades

[editar |editar a fonte]

As distintas actividades históricas e lúdicas recrean e evocan o ambiente medieval da cidade da segunda metade do século XV cando era a cidade máis importante de Galicia.[8]

A festa ten a súa apertura co pregón na tarde do venres dos pregoeiros dacabalo por todo ocentro histórico da cidade. A continuación realízanse desfiles de bufóns, malabaristas e trobadores. Unha actividade clave é a representación do transporte do viño, na que se evoca a chegada do viño á cidade desde acomarca do Ribeiro naprovincia de Ourense e que se exportaba a España e ao estranxeiro desde o oporto medieval da cidade.[2]

Outras actividades que se celebran son os torneos e xustas medievais napraza de touros, as demostracións de cetrería, tiro con arco e esgrima, as presentacións de música e danza tradicional, demostracións de oficios de época, xogos e espectáculos, a degustación de alimentos medievais en postos da rúa, as comidas de grupos de comensais na rúa ao redor de grandes mesas dispostas para ese efecto por distintos puntos docasco antigo da cidade e naAlameda de Pontevedra[2] e a exhibición de embarcacións tradicionais entre aponte do Burgo e aponte das Correntes.[9]

Ambientación

[editar |editar a fonte]

As rúas e prazas ambiéntanse e engalanan con estandartes, bandeirolas e escudos que colgan das fachadas e bandas de tea que recubren de xeito aéreo as rúas, balas de palla e outro atrezzo e un castelo medieval. Reconstrúense tamén en cartón pedra algunhas das portas daantiga muralla medieval da cidade como a porta da Alhóndiga ou de Santo Domingo, a de Santa Clara ou Rocheforte e a de Trabancas.[10]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Dama e cabaleiro fronte á Casa consistorial de Pontevedra
    Dama e cabaleiro fronte áCasa consistorial de Pontevedra
  • Pregón a cabalo
    Pregón a cabalo
  • Damas e cabaleiros
    Damas e cabaleiros
  • Mesas de xantares
    Mesas de xantares
  • Porta de Trabancas das murallas de Pontevedra
    Porta de Trabancas das murallas de Pontevedra
  • Cortesán
    Cortesán
  • Tecedoras de redes de pesca
    Tecedoras de redes de pesca
  • Bispo
    Bispo
  • Pans na gaiola
    Pans na gaiola
  • Posto de verduras
    Posto de verduras
  • Nobres
    Nobres
  • Trobadores
    Trobadores

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Feira Franca de Pontevedra", artigo na web da Axencia de Turismo de Galicia, 13 de xuño de 2013.
  2. 2,02,12,22,3"Feira Franca de Pontevedra 2023: agenda y actividades".Diario de Pontevedra(encastelán). 17 de agosto de 2023. 
  3. "Habrá Feira Franca: los días 2 y 3 de septiembre con una edición dedicada al río Lérez y O Burgo".Pontevedra Viva(encastelán). 13 de xuño de 2022. 
  4. "El río Lérez 'se estrena' en la Feira Franca".Pontevedra Viva(encastelán). 7 de setembro de 2019. 
  5. 5,05,1"Feira Franca de Pontevedra 2019: principales actos de una celebración con aroma histórico".ABC(encastelán). 6 de setembro de 2019. 
  6. "Así será la Feira Franca: consulta el programa".Diario de Pontevedra(encastelán). 30 de agosto de 2022. 
  7. "Este es el programa de la Feira Franca 2023, dedicada a "Os números"".Pontevedra Viva(encastelán). 26 de agosto de 2023. 
  8. "Fortes describe la Pontevedra del siglo XVI como «abierta y divertida»"(encastelán). 24 de agosto de 2005. 
  9. "La Feira Franca regresará el próximo fin de semana, «máis viva que nunca»".La Voz de Galicia(encastelán). 27 de agosto de 2022. 
  10. "La ciudad empieza a engalanarse para la Feira Franca".La Voz de Galicia(encastelán). 27 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Feira Franca de PontevedraModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enPontevedra
Lugares senlleiros
Edificios civís
Casa das Campás • Casa do Correo Vello • Casa dos Vaamonde • Pazo dos Condes de Maceda • Pazo de Mugartegui • Pazo de Castro Monteagudo • Pazo de García Flórez • Casa das Caras • Liceo Casino • Teatro Principal • Casa consistorial de Pontevedra • Palacete das Mendoza • Pazo da Deputación de Pontevedra • Goberno Militar de Pontevedra • Hospital Provincial de Pontevedra • Mansión do Marqués de Riestra • Edificio da antiga Escola Normal • Praza de touros • Café Moderno • Edificio do Banco de España • Villa Pilar • Instituto Valle Inclán • Pazo de Lourizán • Antigo Cuartel de San Fernando • Casa dos Fonseca • Casa de Correos • Edificio Gran Garaje • Edificio do Colexio Oficial de Aparelladores • Mercado de Abastos de Pontevedra • Edificio da Caixa de Pontevedra • Goberno Civil de Pontevedra • Pavillón Municipal dos Deportes • Biblioteca Pública do Estado • Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións • Recinto Feiral de Pontevedra • Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra • Edificio Castelao  • Cidade da Xustiza de Pontevedra
Edificios relixiosos
Monumentos e esculturas
Prazas e rúas
Pontes
Restos arqueolóxicos
Museos
Artes escénicas
Educación e Cultura
Parques e espazos naturais
Instalacións deportivas
Exposicións e espectáculos
Hospitais
Transportes
Barrios
Medios de comunicación
Eventos
Asociacións culturais
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Feira_Franca_de_Pontevedra&oldid=6483743»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp