Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Federico García Lorca

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase:Aeroporto de Granada.
Modelo:BiografíaFederico García Lorca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es)Federico del Sagrado Corazón de Jesús García LorcaEditar o valor en Wikidata
5 de xuño de 1898Editar o valor en Wikidata
Fuente Vaqueros, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1936Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Víznar, EspañaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo
execución extraxudicial
desaparición forzada
asasinato masivo,ferida por arma de fogo
tiroteo masivoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecidoEditar o valor en Wikidata
Director de teatroLa Barraca
1932 – 1936 –Manuel Altolaguirre →
Xunto con:Eduardo Ugarte
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGranada
Casa Huerta de San Vicente
Residencia de Estudiantes
ValderrubioEditar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Filosofía e Letras (Universidade de Granada)-ciencia da literatura (1915–)
Universidade de GranadaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral, escritor, compositor, poeta, letrista, dramaturgo, director de teatroEditar o valor en Wikidata
EmpregadorLa BarracaEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoTeatro earteEditar o valor en Wikidata
MovementoXeración do 27Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMartín Domínguez Berrueta eFernando de los RíosEditar o valor en Wikidata
InstrumentoPianoEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaRafael Rodríguez Rapún(1935–1935)
Emilio Aladrén(1925–1927)Editar o valor en Wikidata
PaisFederico García RodríguezEditar o valor en Wikidata  e Vicenta Lorca RomeroEditar o valor en Wikidata
IrmánsFrancisco García Lorca
Isabel Garcia Lorca
Concepción García LorcaEditar o valor en Wikidata
ParentesLaura de los Ríos Giner,cuñada
Manuel Fernández Montesinos,cuñado
Isabel García Rodríguez,tía
Laura García Lorca,sobriña
Vicenta Fernández-Montesinos,sobriña
Enrique González García,curmán entregueEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Literaria Concisa, (vol:2)
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diciopedia do século 21Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0305030Allocine: 37685Allmovie: p317966IBDB: 5514
Enciclopedia Galega Universal: 129602BNE: XX841898Bitraga: 323Dialnet: 2997550Musicbrainz: 3e2efdb0-cd07-40e2-a39f-277c670e1d72Discogs: 649970IMSLP: Category:García_Lorca,_FedericoWikiTree: García_Lorca-1Find a Grave: 7014632Genius: Federico-garcia-lorcaTebeosfera: garcia_lorca_federicoEditar o valor en Wikidata

Federico García Lorca, nado enFuente Vaqueros (Provincia de Granada) o5 de xuño de1898 e finado enVíznar (Provincia de Granada) o18 de agosto de1936, foi un poeta e dramaturgoandaluz. Membro daXeración do 27 e autor enlingua galega deSeis poemas galegos (1935), é considerado o poetaespañol máis lido de tódolos tempos.[1] Morreufusilado polo bandofranquista un mes despois doGolpe de Estado do 18 de xullo de 1936, que desencadeou o inicio daGuerra civil española.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

O seu pai, Federico García Rodríguez (1859-1945), era un propietario granadino, e a súa nai, Vicenta Lorca Romero (1870-1959), era mestra de escola. Vicenta deixou o seutraballo para dedicarse áeducación do fillo, a quen lle transmitiu o amor polamúsica. Lorca foi un neno precoz quen lía aVictor Hugo eMiguel de Cervantes, malia non destacar na escola. En1909 a familia trasladouse á cidade deGranada. Alí Lorca entrou nos círculos culturais locais e coñeceu aFernando de los Ríos,Melchor Fernández Almagro eManuel de Falla.

Comezou estudos naUniversidade de Granada en1914 e publicou o seu primeiro libro en1918,Impresiones y paisajes. A obra estivo inspirada nunha viaxe de estudos que organizara un dos seus profesores aGalicia, onde chega por primeira vez o25 de outubro de1916. Visitou daquelaMadrid,O Escorial,Ávila,Medina del Campo,Salamanca,Zamora,Astorga,Ourense,Redondela,Santiago de Compostela,A Coruña,Lugo,León,Sahagún,Venta de Baños,Burgos eSegovia.[2]

En1919 instalouse naResidencia de Estudiantes deMadrid e fixo amizade conLuis Buñuel eSalvador Dalí. Grazas á súa amizade co director do Teatro Eslava,Gregorio Martínez Sierra, escribiu a súa primeira obra teatral, en verso,El maleficio de la mariposa. Foi estreada alí enmarzo de1920, malia que só se mantivo en cartel catro días. Lorca non volveu estrear outra obra ata1927, conMariana Pineda, con maior éxito. Porén, seguiu a publicar poemarios comoEl libro de poemas (1921),Canciones (1927) ouRomancero gitano (1928).

Lorca caera nunha fondadepresión pola incomprensión por parte da súa familia da súa condición dehomosexual. Mesmo considerou ofilme feito polos seus amigos Dalí e BuñuelUn chien andalou (1929) como un ataque persoal. Ao mesmo tempo, estaba a deteriorarse a súa relación co escultor Emilio Aladrén, apaixonada pero non recíproca. Todo iso levouno de volta a Granada para rematar a carreira deDereito.

En1929, coa axuda dunhabolsa de estudos, emprendeu unha xira polosEUA. Unha estadía específica enNova York inspiroulle o poemarioPoeta en Nova York (escrito en1930 e publicado en1940), en que explora a súaalienación e illamento con novas técnicas poéticas. Máis adiante publicou dúas obras teatrais (Así que pasen cinco años eEl público), escritas entremarzo exuño de1930 durante a súa estadía enCuba.

O25 de outubro é considerado oDía de Federico García Lorca en Galicia.

Segunda República

[editar |editar a fonte]

Coa chegada daSegunda República Española, o seu mentor,Fernando de los Ríos, foi nomeadoMinistro de Instrución Pública. Lorca faise cargo do grupo teatral ambulanteLa Barraca (1932), co que percorre a España rural e achega o teatro clásico ao pobo. As diferentes actuacións lévano aGalicia, onde visitaA Coruña,Compostela,Pontevedra,Vilagarcía de Arousa,Vigo,Baiona eRibadeo,[3] e entra en contacto coa intelectualidade galega. Nesa época escribe atriloxía rural:Bodas de sangre (1933),Yerma (1934) eLa casa de Bernarda Alba (1936). En1933 realizou unha xira polaArxentina. O11 de agosto de1934 morreu o seu amigo toureiroIgnacio Sánchez Mejías por unha cornada. O poeta dedicoulle o seuLlanto por Ignacio Sánchez Mejías.

Nesa época significouse politicamente. Asinou varios manifestos antifascistas e tiña relación con organizacións comoSocorro Vermello Internacional.[4]

Guerra civil e asasinato

[editar |editar a fonte]

Lorca marchou de Madrid cara a súa terra antes doGolpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En Granada refuxiouse coa familia do poetaLuis Rosales, amigo seu.[5] Sentíase máis seguro alí, pois dous dos seus irmáns eran destacados membros daFalange de Granada.[6] Con todo, o16 de agosto de1936 Lorca foi detido polaGarda Civil. Cos gardas estaban Juan Luis Trescastro Medina, Luis García-Alix Fernández eRamón Ruiz Alonso, exdiputado daCEDA, quen denunciara a Lorca como espía ruso[7] no Goberno Civil de Granada. Segundo o historiadorIan Gibson, Lorca estaba acusado de «ser espía dos rusos, estar en contacto con estes por radio, ser secretario deFernando de los Ríos e ser homosexual».[8]

Semella definitivamente probado que Federico García Lorca foi fusilado ás 4:45 h da madrugada do18 de agosto[9][10][7][11]nun camiño entreVíznar eAlfacar. O seu corpo, nunca recuperado,[12] permanece enterrado nunha fosa común anónima nalgún lugar desas paraxes. Xunto ao seu, está o cadáver dun mestre nacional, Dióscoro Galindo, e os dosanarquistas Francisco Galadí eJoaquín Arcollas Cabezas, xunto a quen foi executado o poeta.[13]

O autor material dos feitos foi o terratenentefalanxista Juan Luis Trescastro Medina, quen diría máis tarde:

Acabamos de matar a Federico García Lorca. Yo le metí dos tiros en el culo por maricón.[14]

Lorca en Galicia

[editar |editar a fonte]
Seis poemas galegos, con prólogo, en castelán, deEduardo Blanco Amor (E.B.A), Nós, 1935.[3]
Artigo principal:Seis poemas galegos.

Federico García Lorca visitou Galicia por primeira vez en1916 nunha viaxe de estudos. En Madrid, naResidencia de Estudiantes, coñeceu o musicólogo galegoJesús Bal y Gay, co que ensaiaba cántigas do folclore musical galego. Nesa época lía tamén os cancioneiros galego-portugueses e a autores galegos comoRosalía de Castro,Manuel Curros Enríquez,Eduardo Pondal,Luís Amado Carballo ouManuel Antonio.

En1931 coñeceu aErnesto Guerra da Cal, nacionalista galego que residía en Madrid dende a infancia. A través del entrou en contacto co ambiente galeguista deMadrid e asistía ós faladoiros que mantiñanAlfonso Daniel Rodríguez Castelao eRamón Otero Pedrayo, quen daquela eran deputados.

En maio de1932 realizou a súa segunda viaxe a Galicia para dar unha serie de conferencias. EnCompostela fixo amizade conCarlos Martínez-Barbeito, a cal se afianza ao marchar este a estudar aMadrid ese mesmo ano.

Enagosto de1932 visitou Galicia por terceira vez coa compañía teatral "La Barraca", e actuou en varias cidades e vilas galegas. Ennovembro ditou unha serie de conferencias xunto conXosé Filgueira Valverde. Estreou na revistaYunque de Lugo o primeiro dos seus poemas galegos:Madrigal â cibdá de Santiago, escrito co asesoramento deFrancisco Lamas López eLuís Manteiga.

Ernesto Guerra da Cal e Lorca en Madrid en 1934.[15]

En1933Eduardo Blanco Amor, entón correspondente doxornalarxentinoLa Nación, coñeceu a Lorca e presentouno na Arxentina. Así, cando Lorca viaxou á Arxentina, recibiu unha calorosa acollida, en especial pola comunidade galega. En agradecemento, Lorca escribiuCántiga do neno da tenda. De volta en España, desenvolveu unha intensa relación con Blanco Amor, quen mesmo pasou algunhas tempadas na casa familiar de Lorca en Fuente Vaqueros.

Animado polo ourensán, Lorca accedeu a publicar os seus poemas galegos no libroSeis poemas galegos en1935 coaEditorial Nós.[3] Eran composicións naturais e espontáneas que lembraban os poemas publicados enCanciones (1927), mais ó mesmo tempo insírense na tradición literaria galega. Eduardo Blanco Amor, autor do limiar (aínda que en castelán), sempre mantivo que os poemas eran esencialmente creacións de Lorca, tanto dende o punto de vista lingüístico como estilístico. Porén, Ernesto Guerra da Cal afirmaba que fora el quen os vertera en galego, visión apoiada porXosé Luís Franco Grande. Con todo, o resto das investigacións déronlle a razón a Blanco Amor.

Obra

[editar |editar a fonte]

Prosa

[editar |editar a fonte]

Poesía

[editar |editar a fonte]
  • Libro de poemas (1921)
  • Oda a Salvador Dalí (1926)
  • Canciones (1927)
  • Romancero gitano (1928)
  • Poema del cante jondo (1931, [1921])
  • Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935)
  • Seis poemas galegos (1935), Santiago de Compostela, Nós.[17]
  • Diván del Tamarit (1936)
  • Sonetos del amor oscuro (1936)
  • Poeta en Nova York (1940, [1929])[18]

Teatro

[editar |editar a fonte]
Lorca, Pura Maortua eValle-Inclán na preestrea deYerma, Madrid, 1934.[19]
Placa na praza de Sta María deLugo.

Con versión en galego

[editar |editar a fonte]

As obras de Lorca que contan cunha versión publicada en galego son:

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]

Levan o seu nomerúas, avenidas,prazas,parques, centros culturais,auditorios, un buque da navieira Baleària e o aeroporto de Granada, oficialmente chamadoFederico García Lorca Granada-Jaén.[26]

En2018 dedicóuselle oDía do Orgullo Galego.[27] En2019, o concello deRedondela propúxolle áReal Academia Galega que lle dedicase a Lorca unDía das Letras Galegas.[28]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Federico García Lorca. Biografía"(encastelán).Instituto Cervantes. 
  2. Mariscal, Luis (2018).Alvarellos, H., ed.El gran viaje de estudios de García Lorca(encastelán).Alvarellos Editora.ISBN 978-84-16460-35-9. Arquivado dendeo orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2019. 
  3. 3,03,13,2Iglesias López, Francisco Xabier (14/11/2014)."Seis poemas galegos".OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  4. Preston 2016, p. 121
  5. Preston 2016, p. 121
  6. Una vida en breve, Christopher Maurer. Fundación Federico García Lorca. Consultado o 10 de agosto de 2014.
  7. 7,07,1Preston 2016, p. 122: aquí se indica a madrugada do 19 de agosto.
  8. Federico García Lorca, De Nueva York a Fuente Grande (1929-1936), Ian Gibson. Grijalbo, Barcelona, 1987. vol. II, pág. 476.
  9. Titos Martínez 2005, pp. 45-64, 122.
  10. Valverde, Fernando (1 de xuño de 2005)."Un libro aporta datos sobre el asesinato de García Lorca".El País. 
  11. Preston 2011, p. 248.
  12. Bustelo, Gabriela (agosto de 2006)."¿Quién mató a García Lorca?".Arcadia (11): 12. Consultado o 6 de abril de 2019. 
  13. "Familiares de fusilados junto a Lorca piden a Garzón la exhumación de los cuerpos".Diario de Mallorca. Arquivado dendeo orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 2009. 
  14. Preston 2011.
  15. Pérez Rodríguez 2011.
  16. Impresiones y paisajes Biblioteca Digital Hispánica.
  17. Alvarellos, H., ed. (2018).Seis poemas galegos(encastelán).Alvarellos Editora.ISBN 978-84-16460-53-3. Arquivado dendeo orixinal(facsímile) o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2019. 
  18. 18,018,1Edición dePoeta en Nova York do ano 2020, na páxina web daEditorial Galaxia.
  19. Alvarellos, Quique (4/11/2018)."García Lorca recita, en galego, en Torrejón".La Voz de Galicia. 
  20. García Lorca, Federico (1999).Menarini, Piero, ed.El maleficio de la mariposa. Ediciones Cátedra.ISBN 978-84-376-1706-0. 
  21. Estreada engalego porSarabela Teatro en2003 (Así que pasen cinco anos).
  22. "El Aula de Teatro de la UA estrena la obra inacabada de Lorca “Comedia sin título”".Alicantehoy(encastelán). 18/5/2017. 
  23. "Lluis Pasqual destroza el escenario en 'Comedia sin título'".El País(encastelán). 24/5/1989. 
  24. "Una 'Comedia sin título'"(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 09/06/2020. Consultado o 19/6/2017. 
  25. Mantilla, Jesús Ruiz (16/12/2016)."La inacabada ‘Comedia sin título’ de Lorca ya tiene final".El País(encastelán). 
  26. Aeropuerto F.G.L. Granada-JaénAena.
  27. "O Día do Orgullo Galego estará dedicado este ano a Lorca, cunha edición inédita dos 'Seis Poemas'".Praza Pública. 18/6/2018. Consultado o 19/6/2018. 
  28. Leis, Iván (9/2/2019)."Redondela propondrá a la RAG que dedique un Día das Letras Galegas a Federico García Lorca".Faro de Vigo(encastelán). 
  29. Huerta de San Vicente, GranadaMuseo Raíña Sofía.
  30. Pérez Rodríguez 2011.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Federico García LorcaModificar a ligazón no Wikidata
AGalicitas posúe citas sobre:  Federico García Lorca
AGalifontes posúe textos orixinais acerca de:  Federico García Lorca
Multimedia externa
Gravacións de son
"Alberti recita poemas de Lorca".UNLP. 1961. 
Vídeos
"Para todos la 2"(encastelán).La 2. 2011. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federico_García_Lorca&oldid=6952387»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp