A bacteria entra no corpo por vía dixestiva e chega aointestino, pasando finalmente aosangue, causando unha fase debacteremia cara á primeira semana da doenza; posteriormente localízase en diversos órganos e produce fenómenosinflamatorios e necróticos, debidos á liberación deendotoxinas. Finalmente, assalmonelas expúlsanse ao exterior polasfeces. A bacteria causante pode espallarse en condicións de malos hábitros hixiénicos e malas medidas de salubridade públicas, e ás veces a través de insectos, como as moscas, que se alimentan de feces.
A doenza pode evolucionar ata a súa curación en dúas semanas ou prolongarse con localizacións focais a partir da quinta semana. Se non se somete a un tratamento axeitado poden presentarse complicacións graves, comohemorraxias e perforación intestinal, echoque séptico. Prodúcese un certo grao deinmunidade que, aínda que non protexe fronte ás reinfeccións, cando estas se producen son máis benignas. O estado de portador pode ser transitorio ou crónico.
A aparición desta doenza diminuíu abruptamente no mundo desenvolvido coa xeneralización das medidas de limpeza, potabilización e salubridade públicas e o uso deantibióticos.[4][5]
↑Diccionario Galego de Termos Médicos. Real Academia Galega de Medicina e Cirurxía, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. 2002. Páxinas 312-313.[1]Arquivado 10 de agosto de 2013 enWayback Machine.