Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Fauvismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención!
Atención:Este artigo ou sección semella conterinvestigacións orixinais.
Mellóreo engadindo referencias queverifiquen as afirmacións contidas no artigo e engadareferencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unhafonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor,non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado.(Desde xuño de 2017.)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2017.)
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Por período

Ofauvismo[1][2] foi unmovemento pictórico expresionista de principios doséculo XX xurdido enParís durante un breve período (1904-1907), en torno ós artistasHenri Matisse,André Derain eMaurice Vlamink. Tamén foron fauvistasBraque, Friesz,Rouault,Marquet,Dufy evan Dongen. O nome foilles imposto porLouis Vauxcelles na crítica que fixo do Salón de Outono de1905, a causa dos violentos métodos de pintura utilizados por estes artistas (fauves, feras en francés).

Como movemento expresionista, apareceu cronoloxicamente ó mesmo tempo cóexpresionismo alemán, cunha base de protesta oposta ópositivismo, ónaturalismo e óimpresionismo. As súas principais influencias veñen dePaul Gauguin e das ideas deZola,Nietzsche, Stirner eHuysmans.

O Fauvismo, liderado porHenri Matisse (1869-1954), xurdiu por oposición á ríxida metodoloxía doNeoimpresionismo deSeurat eSignac, e ó ton de felicidade e lixeireza propio dos impresionistas; tamén se opoñía ó ornamentalismo daArt Nouveau e á evasión espiritualista doSimbolismo. Axiña se converteu no grupo máis experimental de París ó proclamar a liberdade de expresión a través das cores puras, a esaxeración do debuxo e as perspectivas forzadas.

Inda que concibían a actividade artística como un impulso vital, o punto de partida foi a resolución de problemas puramente plásticos, como o uso da cor nunha función plástica e construtiva ó mesmo tempo. O mestre do grupo foiGustave Moreau, en cuxa escola estudaron Matisse e Rouault, Marquet, Manguin, Camoin ePuy. Moureau non ensinaba ningunha doutrina senón que forzaba ós seus alumnos a pintar con independencia e coa técnica que fose máis adecuada ó seu temperamento. Da obra de Gauguin aprenderon a liberdade no uso da cor, que levaron ó extremo (as cores como cartuchos de dinamita, que diría Derain), así como a liberación do temperamento e o instinto persoal. Tamén admiraban a capacidade de síntese e o sentido decorativo da obra de Gauguin. Para os fauvistas o cadro debía ser expresión e non composición e orde.

En1904 Matisse pintou Luxo, Calma e Voluptuosidade, considerada como a obra síntese do postimpresionismo, manipulado nun exercicio persoal, e virtualmente un manifesto do que sería o fauvismo pouco despois. A utilización subxectiva da cor e a simplificación do debuxo sorprenderon a todos cando foi exposto noSalón dos Independentes en1905. Derain sentiuse inmediatamente influído e comezou a pintar utilizando nada máis cá liña e a cor. O seu desinterese polo acabado e as súas cores rechamantes granxeáronlle o desprezo da crítica cando expuxo as súas paisaxes, pintadas en Colliure, no Salón de Outono de 1906. Alí tamén se expuxo o Retrato da Sra. Matisse de Matisse, que foi interpretado como unha caricatura da feminidade e como unha excentricidade. A repulsa da crítica converteu ós fauvistas no grupo máis avanzado de París.

Matisse xa estaba pintando nunha forma fauve incluso antes de 1900; as súas influencias nesta época foron Pissarro e sobre todo Cézanne; deste último soubo que a estrutura dun cadro viña dada polas relacións entre as cores que o compoñen; así a todo non aceptaba a teoría do puntillismo porque destruía a integridade da cor. Seguindo a Cézanne, quería utilizar as cores na súa plenitude e mantendo a súa pureza. Por outro lado mantiña que a pintura debía ser expresiva e non un mero reflexo de sensacións pasaxeiras como fora o impresionismo.

En1908 publicou as súas ideas nun artigo tituladoNotas dun Pintor onde dixo:

...o que persigo é a expresión. Non podo distinguir entre os meus sentimentos e a maneira de expresalos. A composición é a arte de arranxar de forma decorativa os elementos de que dispón o pintor para expresar os seus sentimentos.

Rexeitaba, así a todo, a inmediatez, pois a obra debía xurdir da mente do artista con carácter e contido. No caso de Matisse ese carácter era fundamentalmente sereno, en oposición a outras actitudes expresionistas. Ei-lo lugar en que se acha a diferenza entre o expresionismo francés e o alemán que presentaba as cousas dunha forma moito máis crúa. Matisse quería facer unha arte, segundo as súas propias palabras, "que fose pura e serena, que non presentase temas deprimentes e que servise a todo tipo de espectador como un descanso da fatiga intelectual". Matisse achou a serenidade nas cerámicas gregas e nos gravados xaponeses. Practicou tamén a escultura partindo deRodin e tomando clases de Bourdelle.

Maurice Vlamink era un anarquista convencido e colaborou en torno a 1898 nos periódicos Libertaire e Anarchie; era menos metódico e paciente cós seus compañeiros e o seu espírito compulsivo estaba en consonancia con Van Gogh por cuxa obra sentía unha profunda atracción. Alleo a calquera teoría, trataba de pintar como un primitivo, transmitindo, segundo as súas propias palabras, o que vía de forma instintiva e sen método. Son características das súa obra as liñas de impacto e as cores vibrantes. Co tempo abandonou as cores fauves e a súa paleta se fixo máis sombría, as súas paisaxes máis sórdidas e o seu carácter pesimista.

Todo o grupo sentiuse influenciado pola escultura africana, moi especialmente Vlamink, que sostiña ser o seu descubridor en París.

Os fauvistas nunca formaron un grupo coherente e a pesar dos seus éxitos conxuntos foron evolucionando por camiños diversos. O grupo entrou en crise en1907, coa aparición das Señoritas de Avignon dePicasso.

EnHispanoamérica, a influencia dos movementos vangardistas empeza a sentirse só a partir dosanos 1920; o fauvismo concretamente foi decisivo no desenvolvemento dos brasileirosAnita Malfatti,Emiliano Di Cavalcanti eVicente do Rego Monteiro. Todos eles acaban practicando unha especie de mestura entre expresionismo ecubismo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parafauvismo.
  2. "Fauvismo".Diciopedia do século 212.Edicións do Cumio,Galaxia edo Castro. 2006. p. 883. 
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  FauvismoModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fauvismo&oldid=6988617»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp