Aastenia (dogregoα [a] —alfa privativo—: "carecer", eσθένος [sthénos]: "forza", "poder") é unsíntomamédico presente en varios trastornos, caracterizado por unha sensación xeral de fraqueza, fatiga, debilidade física e psíquica, porén sen perda de masa muscular; con principal incidencia entre as persoas de 20 a 50 anos, e maior preponderancia nas mulleres que nos homes.[1]Cando a astenia vai acompañada de perda de masa muscular denomínasemiastenia.
Pode ter moitas causas e moi variadas, malia que a máis frecuente é o estrés. Adepresión tamén pode producir astenia.
Unha hipótese sostén que a astenia se debe á diminución debeta-endorfinas, substancias que segrega osistema endócrino, e que son responsábeis da diminución da sensación de dor. Pode aparecer tamén no marco dun trastorno obsesivo compulsivo da personalidade, paralelamente aos trazos de rixidez do carácter e falta de flexibilidade.
Polo xeral adoita comezar ao amencer, isto é, predomina pola mañá sendo variábel co percorrer do día. Non mellora ou mesmo empeora co repouso, e adoita estar asociada a un trastorno do sono. Cando é por causas reactivas é porque aparece após un exceso de actividade física ou mental. Cando é por causas psiquiátricas é por asociación á síndrome depresiva.
Caracterízase por ter un predominio vespertino, isto é, a altas horas do serán. Adoita ser fixa, sen variacións ou flutuacións co transcorrer do día. Agrávase coa actividade e mellora após o sono.[2] A presunta causa orgánica pode ser:
Ossíntomas principais da astenia son a fatiga e a apatía con sensación de falla de enerxía e motivación, esgotamento oucansazo. A astenia pode afectar mesmo ás funcións intelectuais, producindo perda dememoria, déficit deatención, concentración e vixilancia. Frecuentemente evidéncianse outros trastornos psicolóxicos incluíndo unha percepción alterada do mundo externo, trastornos da propia personalidade ouansiedade.A astenia pode afectar tamén ás funcións sexuais producindo unha diminución dodesexo sexual e unhadisfunción eréctil. Os trastornos físicos máis comúns son a perda de apetito, fatiga muscular e trastornos á hora de conciliar ou manter o sono.
Porén, astenia non é sinónimo de somnolencia. Somnolencia e apatía, entendida como indiferenza, poden ser síntomas da fatiga normal após un esforzo físico intenso ou mesmo da privación do sono. Se non remite cun correcto sono ou cun ambiente pouco estresante, ha de ser valorada medicamente.[3]Outras causas frecuentes de astenia son as causascardíacas eoncolóxicas, pola súa gravidade, a inxesta dedrogas oualcol, adepresión e oembarazo en adolescentes, asíndrome de apnea obstrutiva do sono e o maltrato, tanto a nivel escolar (bullying) como familiar.
Ao tratarse dun proceso adaptativo doorganismo, non existen tratamentos específicos para curar a astenia, polo que non existen medicamentos curativos como tales.[4] Aínda así, si existen algunhas condutas que axudan a que o corpo e a mente se adapten mellor e con maior facilidade. Unha correcta hixiene do sono, unha alimentación saudábel e equilibrada, unha vida libre de estrés físico e psicolóxico, son praxis que poden axudar a curar unha situación de astenia.
Se con estas medidas non se soluciona o problema, ou se demostra que tras dita astenia hai un proceso médico subxacente (como por exemplo, anemia), cómpre solucionar en primeiro lugar esadoenza. Após solucionar o problema clínico subxacente, a astenia debería desaparecer.
A astenia pode aparecer en múltiples infeccións e doenzas, tanto orgánicas como funcionais. Por exemplo:
- ↑Marx, John (2010). "Chapter 11".Rosen's emergency medicine: concepts and clinical practice 7th edition. Philadelphia, PA: Mosby/Elsevier.ISBN 9780323054720.
- ↑BARBADO HERNÁNDEZ, F. J.; GÓMEZ CEREZO, J.; LÓPEZ RODRÍGUEZ, M. y VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, J. J..El síndrome de fatiga crónica y su diagnóstico en Medicina Interna (en español). An. Med. Interna (Madrid) [online]. 2006, vol.23, n.5 [citado 2010-04-13], pp. 239-244. ISSN 0212-7199. doi: 10.4321/S0212-71992006000500009.
- ↑CASANOVAS GORDO, J.M..Del síntoma a la enfermedad: astenia (en español). Rev Pediatr Aten Primaria [online]. 2009, vol.11, suppl.17 [citado 2010-04-13], pp. 425-431. ISSN 1139-7632.
- ↑"Astenia: debilidad física y psíquica por estrés, depresión o razón orgánica". Arquivado dendeo orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2013.