Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Falo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación fálica nun templo en Nakhon,Bangkok,Tailandia.

Chámasefalo (dogrego φαλλός, transliteradophallós, fallós) á representación dopene en erección. Como icona ten estado presente en practicamente todas as culturas e todas as épocas como representación da fertilidade. Dentro do sistema de imaxes psicanalítico o falo é a representación da preeminencia viril, que o home desexa conservar e a muller adquirir.

Historia

[editar |editar a fonte]

Ao longo da historia practicamente todas as relixións empregaron o falo como símbolo de fecundidade, moitas veces herdado de substratos mitolóxicos anteriores aos que se lles daba un tratamento asimilador á nova fe.

A pesar disto convén ter en conta que moitos dos obxectos fálicos de épocas pasadas, alén do seu vínculo formal co sexual, tiñan unha funcionalidade práctica e non erótica, considerando como erótico aquilo que desperta o desexo sexual. Debemos ter presente que o erotismo é cultural, pois conecta cuestións persoais e sociais que varían de acordo coa época e o grupo social aos que o individuo pertence. En todas as culturas o símbolo fálico fai referencia ao pene, nalgunhas delas é tamén un símbolo de superioridade masculina, noutras é a representación relixiosa da fecundidade e da sorte.[1]

Figura exipcia da cultura Naqada.

Exipto

[editar |editar a fonte]

No imperio exipcio atopáronse, entre outros, exvotos con forma fálica que os crentes presentaban a Hathor, divindade asociada ao sexo e á fertilidade e que era coñecida comoSeñora da Vulva.[2] Segundo a mitoloxía exipcia, o corpo de Osiris foi dividido en catorce anacos por Tifón, xenio do mel, quen os espallou por todo o país. Porén Isis reuniunos todos salvo o seu pene, que substituíu por un feito desicómoro, que por este motivo é unha árbore sagrada. O Osiris exipcio corresponde co Baco grego e porta o mesmo emblema fálico. O escolástico Sócrates indica que o falo simbolizaba para os pagáns a vida por vir.[3]

A semellanza da flor do loto co órgano masculino valeulle o seu carácter sagrado: con el se adornaban os deuses exipcios e nel detíñanse, tanto como os da India.[4]

Mesopotamia

[editar |editar a fonte]

Nas súas festas públicas os caldeos paseaban en procesión o falo e octeis como símbolos dos principios xeradores da harmonía da natureza. Facían sacrificios aos seus deuses e ofrecíanlles en holocausto vítimas humanas. Segundo Herodoto, todas as mulleres debían prostituírse polo menos unha vez no templo a un estranxeiro, que pagaba o seu servizo desexándolle o favor da deusa Milita.[4]

Templo deDioniso, enDelos.
Hermes, enSiphnos.

Antiga Grecia

[editar |editar a fonte]

A festa dasFaloforías celebrábase en honor do deus sol Baco, á que os participantes acudían cunha representación do falo. Nas dionisíacas facíase unha procesión con viño, froita e unha estatua do falo. Os pasteis en forma de falo acompañábanse de especias e dunha torta con forma de embigo chamada placenta. As bacantes executaban danzas lascivas e místicas. A cerimonia representaba a morte de Polimnio, compañeiro de Baco e a quen este prometeu prostituírse con el.[5] En Chipre as celebracións de Venus e Adonis incluían a adoración do falo, festas voluptuosas nas que as sacerdotisas só se vestían con teas transparentes e os homes usaban roupa de muller. Nesas datas os altares non recibían vítimas que non fosen machos.[4]

Moito despois da difusión do cristianismo, as mulleres gregas continuaban levando un falo como amuleto. O culto ao falo foi introducido na Etruria por sacerdotes gregos e o seu culto foi establecido baixo o nome de Baco e Liber. O seu símbolo denomínasemutino. Comutino levábanse a cabo as mesmas cerimonias de desfloración e de cura da infertilidade. Máis adiante este culto foi transformado en culto a Priapo, ao que as mulleres ofrecen sacrificios.[5]

Fresco representando ao deusMercurio.
Falo de pedra enPompeia.

Antiga Roma

[editar |editar a fonte]

As referencias á sexualidade na sociedade romana era moi diferente á actual, nela as imaxes de órganos sexuais masculinos e ata de actos sexuais podían non ter un carácter pornográfico senón relixioso, dependendo dos valores simbólicos atribuídos a eles. As representacións do falo atópanse sobre os máis variados obxectos de uso cotián atopados en todo o imperio. A dimensión relixiosa desta iconografía está recollida tamén na literatura, en especial na poesía.[1] No Quirinal existiu un templo adicado ao culto fálico, seguindo a tradición grega das festas dionisíacas. Periodicamente celebrábanse nel as Faloforías, procesións en honor de Dioniso nas que o falo era trasladado con grande pompa como símbolo da potencia xeradora e a actividade fecunda de Baco.Plutarco informa dunha suposta orixe exipcia deste culto, a partir do Osiris Itifálico (de falo recto), que segundo algúns autores non celebraría a procreación e a fertilidade, senón a resurrección. Na época máis arcaica o falo estaba representado con frecuencia nos edificios máis notables e nas sepulturas.[4]

A fertilidade simbólica do falo non era exclusiva do ser humano, senón que se daba tamén en relación aos animais e ás plantas. No panteón romano había unha serie de divindades vinculadas á fertilidade e á terra, entre elas o deus Priapo, protector dos campos e das hortas, que adoita ser representado cun gran pene. A partir destas divindades fálicas, o falo tería adquirido o seu simbolismo dual: protector por unha banda e agresivo e perigoso pola outra.[1]

Hinduísmo

[editar |editar a fonte]

Entre os indios o falo recibía o nome delingam. As representacións dolingam atópanse sobre os muros dos templos, ben sexa illadas, ben mesturadas en escenas eróticas. En ocasións olingam era levado como ornamento ou como amuleto. Olingam era obxecto de veneración e posuía virtudes medicinais: as mulleres estériles buscaban o seu contacto e algunhas mulleres virxes facíanse desflorar por el. Ocasionalmente eran os sacerdotes os que facían as funcións dolingam.[5] Unha das representacións do deus Siva é unlingam dentro dunha vulva, que simboliza a unión de Siva coa súa enerxía dinámica ousakti.[6]

Forma fálica insinuada no pano de pudor.
Falopantasma sobre o ventre do crucifixo de Rossano.

Cristianismo

[editar |editar a fonte]

O falo estivo presente como símbolo dende os comezos do cristianismo, pois san Antonio Abade e a súa orde adoptárono como insignia, que finalmente terminou sendo a cruz rematada por unha asa e unhatau.[3]

Máis adiante, na representación de Cristo que fan os crucifixos toscanos do século XII, preséntase unha figura espida e, por tanto, sometida a vexación. Só o anaco de pano que oculta os seus xenitais conserva un ámbito de privacidade no corpo espido, aínda que ese pano insinúe cos seus pregos a forma do falo, recreando a erección que a crenza popular atribúe aos estertores da morte. Noutros casos as formas anatómicas do corpo crucificado traspoñen sobre o ventre do crucificado unha figura explicitamente fálica en erección vertical.[7]

Antes da revolución francesa en moitas igrexas de certas zonas de Francia e Italia había representacións de falos que adoitaban estar situados sobre as portadas e cuxa presenza se considera herdanza de tradicións pagás anteriores ao cristianismo. No coro da igrexa de Ciudad Rodrigo consérvanse representacións fálicas formando parte do cadeirado ou do facistol.[7]

Este sistema de representacións englóbase dentro do chamadophallus paschalis, que constitúe a estratexia iconográfica da cristiandade medieval, e en concreto das fantasmagorías fálicas nas escenas do Cristo crucificado. Suponse que ophallus paschalis ten conexións con tradicións grego-romanas anteriores, tales como a de Hermes, Fascinus etc.[7]

Aspectos simbólicos e psicolóxicos

[editar |editar a fonte]

Perspectiva freudiana

[editar |editar a fonte]
Sigmund Freud.

Para a teoríapsicanalítica o pene constitúe un obxecto libidinal durante o estadio prexenital do desenvolvemento psicosexual, do mesmo xeito que osseos, oano ou a urina.Freud, a partir deKlein, considera que estes chamadosobxectos parciais son os que confiren a súa condición sexuada á persoa que os posúe, e non ao revés.[8] Segundo Freud, nos primeiros anos da vida a esixencia libidinal vai aparecendo en distintos órganos, o que vai marcando fases sucesivas, das cales a fase fálica, centrada no pene, é a de culminación da sexualidade infantil. A faseedípica posterior aparece cando oneno se decata de que a nena non ten pene e de que o seu desexo de posuír á súanai supón para el o risco de perder o seu propio pene, no que se denominacomplexo de castración. O complexo análogo na nena é o que nace ao ser consciente de que é inferior ao home, debido á súa carencia de pene, é denomínaseenvexa fálica.[9] O falo é para Freud o pene como membro que é posible perder. En1924 Freud formulou o complexo de castración como a preferencia do saber inconsciente pola oposición castrado-non castrado, en detrimento do binomio masculino-feminino que aanatomía sexual parece poñer en evidencia. Esta diferenza de perspectiva ten sobre o suxeito unha consecuencia: cando un neno ve o órgano sexual feminino non ve a expresión do sexo feminino, senón a da castración. Nun artigo sobrefetichismo de1927 matiza dicindo que o modelo normal do fetiche é o pene do home e o pequeno pene feminino que é oclítoris.[10]

Perspectiva junguiana

[editar |editar a fonte]

O analistajunguiano Robert M. Stein mostra a diferenza entre o pene como órgano e Falo, o deus que personifica o tipo especial de enerxía impulsiva e explosiva á que os homes son especialmente susceptibles. Dende esta perspectiva, a atención do home á súa potencia fálica, tendente á penetración como exploración, vai en detrimento da vertente afectiva da súa alma, que percibe a penetración como fusión. O pene como órgano está especialmente baixo a influencia do espírito fálico, de natureza esencialmente impredicible.[11]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2CAVICCHIOLI, M.R.O falo na antiguidade e na modernidade: uma leitura foucaultiana. EnRAGO, M.; FUNARI, P.P.A. (2008).Subjetividades antigas e modernas.Annablume.ISBN 85-7419-874-9. (enportugués)
  2. REDFORD, D.B. (2008).Hablan los dioses. Diccionario de la Religión Egipcia.Editorial Critica.ISBN 84-7423-743-2. (encastelán)
  3. 3,03,1BALTRUSAITIS, J. (2006).En busca de Isis.Siruela.ISBN 84-7844-460-2. (encastelán)
  4. 4,04,14,24,3CANTÚ, C. (1854).Historia universal, 4.Imprenta de Gaspar y Roig.ISBN 84-7423-743-2. (encastelán)
  5. 5,05,15,2MORALI-DANINOS, A. (1992).Historia de las relaciones sexuales.Publicaciones Cruz O.ISBN 968-20-0180-3. (encastelán)
  6. FLOOD, G. (2008).El hinduismo.Ediciones AKAL.ISBN 84-460-2839-5. (encastelán)
  7. 7,07,17,2SÁNCHEZ, J.A. (2003).Situaciones: un proyecto multidisciplinar en Cuenca.Universidad de Castilla La Mancha.ISBN 84-8427-265-6. (encastelán)
  8. DORON, R; PAROT, F. (2004).Diccionario Akal de Psicología.Ediciones AKAL.ISBN 84-460-1258-8. (encastelán)
  9. GARCÍA VEGA, L. (2007).Breve historia de la psicología.Siglo XXI de España Editores.ISBN 84-323-1294-0. (encastelán)
  10. ANDRÉ, S. (2002).Qué quiere una mujer?.Siglo XXI.ISBN 968-23-2367-3. (encastelán)
  11. DOWNING, C. (1994).Espejos del yo.Editorial Kairós.ISBN 84-7245-267-0. (encastelán)
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Falo&oldid=5521430»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp