Fala Ceibe
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Fala Ceibe | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Sede | Ponferrada |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fala Ceibe, tamén coñecida comaFala Ceive é unha asociación cultural (aínda que non figura no rexistro de asociacións daXunta de Castela e León[1]) que promove o uso e a defensa dalingua e culturas galega noBierzo. Ten a súa sede enPonferrada.
A asociación afirma que boa parte do Bierzo, o coñecido como Bierzo Oeste, é galego-falante, cifrando en 40.000 as persoas que falan galego de forma cotiá no Bierzo e na comarcazamorana deSeabra[2] aínda queBieito Lobeira, político doBNG, fala desa mesma cantidade só para o Bierzo.[3]
Protagonizou numerosas iniciativas nas que afirman defender o dereito ao ensino do galego nas escolas públicas do Bierzo nas que o alumnado así o demande.