| Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Santiago de Compostela | |||||||
Instancia de | |||||||
Parte de | |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
Presidente/a | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
Páxina WEB | |||||||
| Wikidata |
AFacultade de Matemáticas forma parte daUniversidade de Santiago de Compostela (USC) e está situada na avenida Lope Gómez de Marzoa, no campus sur deSantiago de Compostela. É a única que hai enGalicia.

A licenciatura en matemáticas iniciouse na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1957-58.[1] A pesar de que a Facultade de Matemáticas se instituíu en1977, conEnrique Vidal Abascal como primeiro decano, a súa sede continuou na Facultade de Ciencias (hoxeFacultade de Química).[1] En 1983, trasladouse á súa localización actual, un edificio obra do arquitectoAndrés Fernández-Albalat.[2] Coa entrada en vigor da Lei de Reforma Universitaria no curso1985/1986, a Facultade divídese nos departamentos de Álxebra, Análise Matemática, Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Xeometría e Topoloxía.
Dende o curso2008/2009 impártese neste centro o Grao en Matemáticas, ao que se engadiron no curso2015/2016 os dobres graos en Enxeñaría Informática e en Matemáticas e en Matemáticas e en Física.
Funtor de Breogán é o equipo daUniversidade de Santiago de Compostela naLiga Matemática.[3]