AFédération Internationale de Football Association ouFederación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociacións deportivas defútbol. Fundouse o21 de maio de1904 e ten a súa sede enZürich, enSuíza. Forma parte doFA Board Internacional, organismo encargado de modificar asregras do xogo. Ademais, a FIFA organiza oscampionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.
O ingreso á FIFA está aberto a calquera asociación ou federación encargada de organizar o fútbol no seu país. Normalmente hai un só afiliado por estado, como no caso deFrancia,España ouPortugal. Pero tamén se dan casos de asociacións de nacións sen estado, principalmente as británicas,Inglaterra,Escocia,Gales eIrlanda do Norte, por ser oReino Unido o lugar onde naceu ofútbol moderno. Tamén atopamos, entre outras, asIllas Feroe, con selección independente deDinamarca.
A nivel de continentes a FIFA ten afiliadas ás seguintes confederacións:
Desde a súa institución en1904, a FIFA organizou un total de 16 torneos (FIFA competitions), dos cales 4 son no ámbito olímpico de acordo coa carta presentada poloComité Olímpico Internacional, 1 no ámbito intercontinental e 11 no ámbito mundial (9 a nivel de seleccións e 2 a nivel de clubs).