Osfócidos (Phocidae) son unhafamilia demamíferospinnípedesmariños adaptados a vivir en medios acuáticos a maior parte do tempo, coñecidos comofocas oufocas verdadeiras.[1]
As súas extremidades posteriores están dirixidas cara a atrás, e non son funcionais para o desprazamento terrestre, característica que as diferencia dosotáridos[3] (lobos e osos mariños).
A familiaPhocidae foi descrita porJohn Edward Gray en1821 e formou o seu nome, como é habital, engadíndolle á raíz do nome do xénero tipo, neste casoPhoca, a desinencia dolatín científico-idae, empregado para formar os nomes das familias dos animais.
O nome do xéneroPhoca, creado porLinneo en1758, deriva dolatínphoca, e este á súa vez dogrego antigo φώκηphókē. Do nome latino proceden os nomes destes animais nos idiomasvulgares neolatinos:
Das especies que viven (ou vivían) en augas próximas ás nosas costas,Ríos Panisse só rexistraPhoca vitulina,[4] que recolleu os nomes delobo,lobo de mar,lobo mariño,vaca evaca mariña en varias localidades. SegundoAntón Santamarina, nas notas etimolóxicas na obra desta autora, os nomes delobo serían préstamos do castelán daArxentina eChile, onde chamanlobos marinos a varias especies de fócidos que alí viven; e os devaca derivarian do propio nome científico específico,vitulina, do latínvitellus, ouvitelus, a cría da vaca (que tamén se aplica nalgúns lugares de Galicia aOdobenus rosmarus, amorsa).
Sen especificar o nome científico, Rios Panisse recolle en diversos dicionarios antigos (o daReal Academia Galega dos anos 1930,Eladio Rodríguez,Franco Grande,Cuveiro eValladares, entre outros), os debecerro do mar,becerro mariño,foca,lobarraz,lobo do mar,lobo mariño eterneira do mar.
Pola súa parte, aSGHN recolle tres especies na súalista provisoria de vertebrados de Galicia, para as que propoñen os nomes seguintes:[5]
Finalmente, Díaz d'a Silva e Cartelle consideran catro especies defocas galegas, das que sóPhoca vitulina coincide coas tres consideradas pola SGHN, para as que propoñen os nomes:[2]
As extremidades anteriores son curtas e aplanadas, en forma dealetas, aínda que non interveñen no desprazamento na auga, nin na terra, aínda que algunhas especies poden moverse nesta últimna a gran velocidade empregando movementos de reptación. As posteriores adoptan unha posición fixa cara a atrás, e non poden retraerse.
Apelaxe das focas é xeralmente curta e mesta na idade adulta; a maior parte da protección térmica non a ofrece esta, senón a grosa capa de graxa subcutánea, que pode representar até un cuarto do peso do animal. Algunhas especies carecen case de pelo.
As focas habitan as rexións costeiras de boa parte do globo, coa excepción das zonas tropicais.
A súa estrutura social varía enormemente entre as especies e, a diferenza dos leóns mariños, non adoitan formaren grandes colonias. Algunhas especies forman parellas monógamas, outras asócianse en pequenas tribos.
Son capaces de nadar grandes distancias e somerxerse a grandes profundidades para capturar assúas presas. As distancias que deben cubrir durante a alimentación impoñen un ritmo peculiar álactación; oleite das focas é moi rica en calorías para permitir ao cachorro sobrevivir durante as longas ausencias da súa nai.
A variedade de tamaño entre as focas é notábel; algunhas especies do xéneroPhoca non superan o peso dun humano adulto, mentres que os elefantes mariños macho pesan máis de 3 500 kg, aínda máis do que asmorsas (da familia dosodobénidos). De feito, os elefantes mariños son os mamíferos mariños máis grandes quitando oscetáceos.
A inmensa maioría das focas nadan nas salgadas augas mariñas, pero aPusa sibirica pasa toda a súa vida nas augas doces dolago Baikal, naSiberia, característica única dos fócidos. Porén, sábese que afoca común (Phoca viitulina) en ocasiónes navega porestuarios eríos para buscar comida; tamén hai subespecies tanto desta especie como dePusa hispida (a foca anelada) que viven en lagos sen saída ao mar.
Osfósiles de pinnípedes máis antigos coñecidos datan domioceno medio, cunha idade duns 15 millóns de anos, que foron achados en esvavacións da rexión doAtlántico norte. Os estudos xenéticos indican que ospinnípedes están emparentados cosúrsidos e cosmustélidos, pero até agora tíñanse poucos datos paleontolóxicos que o confirmaran e que mostraran súa evolución morfolóxica.[6][7]
↑Rybczynski, N. (2009): "A semi-aquatic Arctic mammalian carnivore from the Miocene epoch and origin of Pinnipedia".Nature458 (7241): 1021–24.
↑ZCO-1999:Puijila darwini: la foca con rabo que anduvo a cuatro patas.
↑Peter Saundry (2010):"True Seals" enEncyclopedia of Earth. topic ed. C. Michael Hogan, ed. in chief C. Cleveland, National Center for Science and the Environment, Washington DC.
Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): "Fócidos" enGuía dos mamíferos de Galicia, pp. 96–103. A Coruña: Baía Edicións.ISBN 978-84-96893-20-7.
Dugui, R. e Robineau, D. (1987): "Pinnípedos de Europa" enGuía de los mamíferos marinos de Europa, pp. 158–186. Barcelona: Ediciones Omega.ISBN 84-282-0811-5.
Kowalski, K. (1981): "Pinnipedia" enMamíferos. Manual de teriología, pp. 464–472. Madrid: H. Blume Ediciones.ISBN 84-7214-229-9.
Ríos Panisse, M. C. (1983):Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas. Verba, anexo 19. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compoostela.ISBN 84-7191-291-0.