Eyes Wide Shut é un filmebritánico-estadounidense de1999, dirixido, producido e coescrito porStanley Kubrick. Baséase na novelaTraumnovelle, escrita en 1926 porArthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior. O doutor Harford comeza unha aventura nocturna, durante a cal se infiltra nunhaorxía enmascarada levada a cabo por unhasociedade secreta sen nome.
Kubrick obtivo os dereitos da rodaxe deTraumnovelle na década de 1960, considerando o texto como perfecto para unha adaptación sobre as relacións sexuais. Reviviu o proxecto na década de 1990 cando contratou ao guionistaFrederic Raphael para que o axudase na adaptación. O filme, que foi maioritariamente rodado noReino Unido, conta cunha detallada recreación do exterior da rúaGreenwich Village, a cal foi desenvolvida enPinewood Studios. A produción do filme, de 400 días, ten orécord Guinness do mundo como a máis longa rodaxe continua dun filme.