Oext3, outerceira versión do sistema de ficheiros estendido, é unsistema de ficheiros conjournaling que está obtendo unha significativa popularidade entre os usuarios do sistema operativoGNU/Linux. A pesar de non ser tan eficiente nin escalábel coma outros sistemas semellantes comoReiserFS ouXFS, ten a vantaxe de que os usuarios poden migrar dende o popular sistemaext2 sen ter que facer backup dos seus datos para restauralos posteriormente.
O sistema de ficheiros ext3 engade un "diario" (un ficheiro chamado .journal que fica oculto na partición) sen o cal queda un sistemaext2 correcto. Un sistema ext3 pode ademais sermontado e empregado como un ext2, e as utilidades de mantemento que valen para este tamén valen para aquel; isto último implica que o sistema ext3 dispón dunha colección de utilidades de mantemento máis maduras e probadas que os seus rivais.