| Exposición Internacional de Zaragoza de 2008 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Instancia de | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
Data | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |

AExposición Internacional de Zaragoza foi unhaexposición internacional recoñecida que se celebrou enZaragoza (España) desde o14 de xuño ao14 de setembro de2008 e cuxo eixo temático foi «Auga edesenvolvemento sostible». A localización do recinto da Exposición formou parte da mesma: na ribeira domeandro de Ranillas, unha curva que o ríoEbro fai ao seu paso pola cidade.
A Expo 2008 foi regulada polaOficina Internacional de Exposicións (organización responsable de asignar as Exposicións). Zaragoza impúxose a outras cidades candidatas para ser sede dunha Exposición Internacional en 2008, comoTesalónica (Grecia) eTrieste (Italia), o16 de decembro de2004.
Zaragoza tamén conmemorou en 2008 o bicentenario dosSitios de Zaragoza daGuerra da Independencia contra a invasión napoleónica (1808) e o centenario daExposición Hispano-Francesa de1908 que supuxo un salto cualitativo de modernidade na cidade.
A mascota da Expo 2008 foi unha pinga de auga. A mascota chámaseFluvi,acrónimo deflumen vitae (enlatín, "río da vida").
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exposición Internacional de Zaragoza de 2008 |