Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Explorer 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 7 / S-1
Explorer 7 sendo instalado no fogueteJuno II
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento13 de outubro de 1959, 15:30GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorJuno II[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, LC-5[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo dos raios X solares e dosraios cósmicos.[2][6]
NSSDC ID1959-009A
Masa41,5 kg[5]
DimensiónsBicono truncado de 75 cm dediámetro e 75 cm de alto[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6963 km[1]
Inclinación50,3graos[1]
Apoapse691,8 km[1]
Periapse393,3 km[1]

Explorer 7, tamén coñecido comoS-1 ouS-1A, foi unsatélite artificial daNASA lanzado o 13 de outubro de1959 mediante unfogueteJuno II desde oCentro Espacial de Cabo Cañaveral. Un intento previo para lanzar unha nave igual, o 16 de xullo de 1959, finalizou en fracaso pola perda de control do foguete lanzador aos 5,5 segundos da engalaxe.[2][5][6]

Características

[editar |editar a fonte]

A misión de Explorer 7 foi estudar osraios X e os raiosultravioleta nalonxitude de onda da liñaLyman alfa doSol, así como osraios cósmicos pesados, a capacidade de penetración dos micrometeoritos e o equilibrio decalor daatmosfera terrestre.[2][5][6]

O satélite estabilizábase mediante xiro e estaba formado por dous conos defibra de vidro unidos pola base xunto cuncilindro intermedio, cunha altura total de 75 cm, igual que o seudiámetro. A alimentación eléctrica era proporcionada por 3000células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de 15baterías deníquel-cadmio. O satélite transmitía datos mediante dúasantenas de dipolo cunha potencia de 1watt e a unhafrecuencia de 20 MHz, mentres que unha terceira antena, a 108 MHz, se usaba para seguimento danave.[2][5][6]

No ecuador do satélite atopábanse cincobolómetros para medir a radiación térmica daTerra, así como tres celas desulfuro de cadmio que servían de detectores de micrometeoritos. Na parte superior do satélite atopábanse unhacámara de ións cilíndrica e un detector deberilio para raios X, mentres que na inferior había uncontador Geiger. Na parte central do cono superior ía instalada a cámara de ionización.[2][5][6]

Explorer 7 foi inxectado nunha órbita inicial de 1058,7 km deapoxeo e 551,9 km deperixeo, cunhainclinación orbital de 50,3graos e unperíodo de 100,9minutos. Enviou datos de maneira continua ata febreiro de1961 e logo intermitente ata o 24 de agosto dese mesmo ano, e logo xa non volveu transmitir.[1][3][6]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,41,5N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed."EXPLORER 7"(en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  2. 2,02,12,22,32,42,52,62,72,8NASA (9 de marzo de 2017)."Explorer 7"(en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  3. 3,03,1"Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America"(PDF).COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-04423): 3. 7 de marzo de 1962. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010)."Explorer (S-1)"(en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  5. 5,05,15,25,35,45,5Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed."Explorer: S-1"(en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  6. 6,06,16,26,36,46,56,6Mark Wade (2017)."S-1"(en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Explorer 7

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Explorer_7&oldid=5691845»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp