Explorer 15 | |
---|---|
![]() Explorer 15. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado naatmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 27 de outubro de 1962, 22:11GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta A[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudo do cinto de radiación artificial producido pola proba nuclearStarfish Prime.[2] |
Decaemento | 15 de xaneiro de 1978[1] |
NSSDC ID | 1962-059A |
Masa | 44,4 kg[6] |
Explorer 15, tamén denominadoEPE-C, foi unsatélite artificialestadounidense lanzado o 27 de outubro de 1962 mediante un fogueteDelta A desdeCabo Cañaveral.[2][5]
Explorer 15 foi o terceiro membro do modelo de satélitesEPE (Energetic Particles Explorer). Foi adicado a facer observacións dos efectos da proba nuclearStarfish Prime no espazo e do cinto de radiación artificial que se creou a causa dela.[2][5][6]
Explorer 15 usou os instrumentos científicos suplentes deExplorer 14, modificados para a súa nova misión. Entre eles incluíanse tres detectores de partículas para o estudo deelectróns eprotóns e unmagnetómetro de porta de fluxo de dous eixos para o estudo docampo magnético. O satélite usaba untelémetro de 16 canais conmultiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 15 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e afase. Tras o lanzamento o satélite non conseguiu diminuír a súa velocidade de rotación inicial, co que se mantivo entre 72,9 e 73,2 r.p.m. durante todo o tempo da misión. As velocidades de rotación típicas dos seus antecesores rondaban as 30 r.p.m. Oeixo de rotación apuntaba a unhaascensión recta de 80,97graos e unhadeclinación de 20,9 graos.[2][5]
Explorer 15 levaba os seguintes instrumentos a bordo: