Oexoesqueleto é oesqueleto externo continuo que recobre toda a superficie dos animais do filoartrópodos (arácnidos,insectos,crustáceos e outros grupos relacionados), onde cumpre unha función protectora e outra mecánica, proporcionando a sustentación necesaria para a eficacia do aparato muscular. Tamén se chama exoesqueleto á base, frecuentemente mineralizada, que segregan os corais (claseAnthozoa do filoCnidaria).
O exoesqueleto é unha cuberta externa producida pola actividade secretora das célulasepidérmicas. O exoesqueleto está composto polopolisacáridoquitina, unpolímero formado por cadeas rectas e simples (non ramificadas) deN-acetil-2-D-glicosamina, unmonosacárido que inclúe nitróxeno na súa composición. Nalgúns casos o exoesqueleto aparece calcificado, reforzado pola aposición de carbonato cálcico; é o caso de moitoscrustáceos, como oscaranguexos ou aslagostas. O exoesqueleto serve tamén de depósito de produtos deexcreción, como aguanina, o que é ás veces causa de cores vivas ou brillo metálico, como se observan en moitos artrópodos.
O exoesqueleto é realmentecontinuo, pero aparece estruturado en zonas engrosadas (escleritos) que se articulan por liñas ou zonas onde é menor o espesura. En artrópodos de vida aérea, como os insectos ou os arácnidos, o exoesqueleto continúase cara ás cavidades respiratorias (pulmóns outraqueas) alí onde estas se abren ó exterior, tapizándoas.
Algunhas arañas inxectan fluídos ás súas presas para disolver os órganos internos, mantendo o exoesqueleto.
O exoesqueleto favorece afosilización, especialmente a de formas mariñas, comocrustáceos outrilobites, que frecuentemente o presentan mineralizado.
Momentos da muda do cangrexoCallinectes sapidus (W.P.Hai, 1904).
O crecemento dos artrópodos require que se desprendan periodicamente do seu esqueleto externo, fenómeno ao que nos referimos como muda ouécdise.[1] Cando chega o momento o animal pasa a un estado de quiescencia (repouso), durante o cal afrouxa a consistencia das partes internas dacutícula, á vez que aepiderme, que está debaixo, prepárase para a síntese esecreción dos compoñentes da nova cutícula. Por un aumento da presión interna, ou ás veces por outro mecanismo, desgárrase a vella cutícula e o animal realiza os esforzos necesarios para se desprender dela á vez que segrega a nova. Cando sae áchase nun estado de debilidade e a súa consistencia é branda. Nun prazo máis ou menos breve a nova cuberta endurece.
A écdise afecta, naturalmente, aos recubrimentos das cavidades internas, de orixeectodérmica (os dous extremos dotracto dixestivo e, en artrópodos aéreos, as traqueas ou pulmóns).
A écdise non atinxe soamente aosartrópodos, senón aos outrosfilos dotados de cutícula cos que están emparentados, e que conforman con eles osecdisozoos.