Este artigo amosaletras árabes. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosaescritos coptos. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Exipto[1][2][3] (enárabe: مصر,Miṣr; enárabe exipcio:مَصرMaṣr; encopto:ⲬⲏⲙⲓKhēmi), oficialmenteRepública Árabe de Exipto (enárabe: جمهورية مصر العربية,Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste deÁfrica e napenínsula do Sinaí no continente deAsia. Limita ó norte comar Mediterráneo eIsrael, ó leste coMar Vermello (incluído o seu saínte norte doGolfo de Acaba), ó sur coSudán e ó oeste conLibia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto doSáhara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade doCairo, unha das máis poboadas de África.
Exipto ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada unberce da civilización, oAntigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central.[4] Monumentos icónicos como aspirámides de Gizeh e a súaGrande Esfinxe, así como as ruínas deMenfis,Tebas,Karnak e oVal dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súaidentidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como osgregos,persas,romanos,árabes,turcos otománs enubios. Exipto foi un importante e temperán centro docristianismo, mais foi amplamenteislamizado no século VII e mantense como un país amplamentemusulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.
Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potencias coloniais estranxeiras, oImperio Otomán e oImperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia doImperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupaciónmilitar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois darevolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou oCanal de Suez, exiliou orei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse conSiria para formar aRepública Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufriu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando envarios enfrontamentos armados conIsrael en1948,1956,1967 e1973, e ocupando aFranxa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou osAcordos de Camp David, retirándose oficialmente da Franxa de Gaza erecoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recenterevolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unharepública presidencial liderada polo presidenteAbdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.
Oislam é a relixión oficial de Exipto e oárabe é a súa lingua oficial.[5] Con máis de 95 millóns de habitantes, Exipto é o país máis poboado doNorte de África, deOriente Medio e doMundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois deNixeria eEtiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras dorío Nilo, nunha área de 40 000 km² onde se atopa a únicaterra arable. As grandes rexións dodeserto doSáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados doCairo,Alexandría e outras grandes cidades dodelta do Nilo.
O nome galego do país, "Exipto", deriva dogrego antigo "Aígyptos" ("Αἴγυπτος"), a través dolatín "Aegyptus". Aparece nas táboas deLineal B dogrego micénico como "a-ku-pi-ti-yo". O adxectivo "aigýpti-"/"aigýptios" pasou ócopto como "gyptios", e del óárabe como "qubṭī", onde xorde o termo "copto". As formas gregas proceden doexipcio tardío(Amarna) Hikuptah "Memphis", unha corrupción do nomeexipcio
(ḥwt-kȝ-ptḥ), que quere dicir "fogar da ka (alma) de Ptah", o nome do templo do deusPtah enMenfis.[9]
"Miṣr" (mesˤɾ; "مِصر") é o nomeclásico árabe e a forma moderna oficial do nome de Exipto, mentres que "Maṣr" (mɑsˤɾ;مَصر) é a pronunciación local enárabe exipcio.[10] O nome ten orixesemítica, sendo uncognado con outras palabras semíticas para Exipto como ohebreo "מִצְרַיִם" ("Mitzráyim"). O rexistro máis antigo para este nome de Exipto é oacadio "mi-iṣ-ru" ("miṣru")[11][12] que está relacionado conmiṣru/miṣirru/miṣaru, que quere dicir "límite" ou "fronteira".[13]
O nome en exipcio antigo para o país era
km.t, que quere dicir terra negra, en referencia ós solosfértiles negros produto dos asolagamentos doNilo, o cal difire dedeshret (dšṛt), ou "terra vermella" dodeserto.[14][15] Este nome é frecuentemente pronunciado comoKemet, pero o máis probable é que fose pronunciado[kuːmat] en exipcio antigo.[16] O nome evolucionou comokēme ekēmə na fasecopta da lingua exipcia, e aparece no grego antigo comoΧημία (Khēmía).[17] Outro nome foitꜣ-mry "terra da ribeira".[18] Os nomes doAlto eBaixo Exipto foronTa-Sheme'aw (tꜣ-šmꜥw) "terra de xunqueiras" eTa-Mehew (tꜣ mḥw) "terra do norte", respectivamente.
Hai evidencias degravados rupestres ao longo das socalcos doNilo e en oasis desérticos. No X milenio a. C., unha cultura de cazadores-recolectores e pescadores foi substituída por unha cultura de moenda de grans. Os cambios climáticos ou o sobrepastoreo, arredor do ano 8000 a. C., comezaron a desecar as terras pastorais de Exipto, formando o Sáhara. Os primeiros pobos tribais migraron ao río Nilo, onde desenvolveron unhaeconomía agrícola asentada e unha sociedade máis centralizada.[19]
Arredor do ano 6000 a. C., unha culturaneolítica arraigou no val do Nilo.[20] Durante o neolítico, desenvolvéronsevarias culturas predinásticas de forma independente no Alto e Baixo Exipto. A cultura badariana e a súa ucesora de Naqada considéranse xeralmente precursoras do Exipto dinástico. O sitio máis antigo coñecido do Baixo Exipto, Merimda, é anterior ao período badariano uns setecentos anos. As comunidades contemporáneas do Baixo Exipto coexistiron coas súas homólogas do sur durante máis de dous mil anos, manténdose culturalmente distintas, pero mantendo un contacto frecuente a través do comercio. As primeiras evidencias coñecidas de inscricións xeroglíficas exipcias apareceron durante o período predinástico en vasos de cerámica de Naqada III, datados arredor do ano 3200 a. C.[21]
Exipto é unha república unitaria e presidencialista cuxo presidente, como xefe de Estado e comandante supremo dasforzas armadas do país, representa ao poder executivo elixido mediante plebiscito popular para un período de seis anos. Non había límite constitucional respecto á cantidade de mandatos consecutivos dun presidente.
Exipto foi o primeiro país árabe en establecer a paz conIsrael despois da sinatura dosacordos de Camp David.
Mapa de Exipto.
Nome oficial: República Árabe de Exipto
Sistema legal: baseado na Constitución de 1971.
Lexislación nacional: sistema unicameral (Majlis Al-Shaab ou asemblea do pobo).
Sistema electoral: sufraxio universal directo.
Xefe do Estado: o presidente, nomeado por maioría de dous terzos da asemblea e elixido por referendo.
O goberno nacional: consello de ministros, presidido polo primeiro ministro.
Principais partidos políticos: o partido Nacional Demócrata, o partido Socialista Laboral, o partido Socialista Liberal, New Wafd, o partido Nacional Progresista Unionista.
Aínda que aparentemente o poder organízase baixo un sistema multipartidista, na práctica por máis de cincuenta anos o presidente elixiuse en eleccións cun só candidato. Exipto tamén celebra eleccións parlamentarias multipartidistas de xeito regular.
En febreiro de2005 o entón presidenteHosni Mubarak anunciou a reforma da lei para a elección presidencial, de maneira que nas eleccións de 2010 houbo varios candidatos, por primeira vez desde 1952, e limítase o mandato a sete anos con só dúas lexislaturas.
O río principal é oNilo, que atravesa o país correndo do sur ó norte, desembocando no delta do Nilo sobre omar Mediterráneo. Un dos brazos do delta chega á milenaria cidade deAlexandría, fundada porAlexandre Magno.
O papel importante que Exipto desempeña na xeopolítica vén da súa posición estratéxica como ponte terrestre entreÁfrica e maisAsia, e como ponte de pasaxe entre oMediterráneo e oocéano Índico.
Exipto ten unPIB de aproximadamente 200.000 millóns dedólares, segundo o métodoParidade de Poder de Compra (PPP).A riqueza de Exipto, desde a máis remota antigüidade, baséase na agricultura, e os campos fertilizábanse co limo das enchentes anuais doNilo. As reformas agrícolas de 1952 e 1961 e a construción dapresa de Asuán, provocaron unha revolución agrícola que aumentou a produción, pero trouxo múltiples problemas: Ao fertilizarse con produtos químicos e non polas enchentes do río, estase afectando o equilibrio biolóxico da zona, producíndose unha salinización do chan e aparecendo novos parasitos. O cultivo de maior importancia é o algodón.
Exipto é predominantemente un país agrícola, pois ao redor do 40 por cento da forza laboral dedícase aos cultivos agrícolas ou gandeiros. A economía de Exipto socializouse tras a promulgación dunha serie de leis a comezos de 1961. O patrón da propiedade da terra foi moi alterado polo Decreto de Reforma Agraria de 1952, que limitaba as explotacións individuais a unhas 80hectáreas, cifra revisada en 1961 a preto de 40 hectáreas, e revisada de novo a unhas 20 hectáreas en 1969.
As terras requisadas polo goberno distribuíronse entre os campesiños (fellahin), pero segue habendo grandes diferenzas económicas entre a clase media e os agricultores. Os programas gobernamentais ampliaron as zonas de cultivo mediante a rexeneración, o regadío (sobre todo desde a terminación dapresa de Asuán, en 1970), e a utilización de tecnoloxía avanzada, como equipos mecanizados e fertilizante químicos.
O rendemento das terras agrícolas de Exipto está entre as máis altas do mundo. Exipto é un dos principais produtores mundiais de produtos básicos de algodón; a produción anual de fibra de algodón era dunhas 300.000 toneladas métricas a principios de 1990. O clima cálido e a abundancia de auga permiten ata tres colleitas por ano, dando abundantes colleitas agrícolas. Nos anos 1990 o valor estimado anual de produción en millóns de toneladas métricas, como arroz (3,9), tomates (4,7), trigo (4,6), millo (5,2), cana de azucre (3,1), patacas (1,8), e laranxas (1,7). Tamén se cultiva unha ampla variedade doutras froitas e hortalizas.
A principal industria gandeira de Exipto é a cría de bestas de carga. O gando a principios do decenio de 1990 incluía uns 3 millóns de cabezas de gando vacún, 3 millóns de búfalos, 4,4 millóns de ovellas, 4,8 millóns de cabras, 1,6 millóns de asnos, e 40 millóns de aves de curral.
Exipto posúe importantes xacementos de petróleo e gas, pero a industria máis explotada é o turismo, xa que as pirámides e reliquias desta civilización milenaria atraen moitas persoas todos os anos. É unha das economías máis estables da rexión, cun PIB por habitante de 4.274 dólares (datos deOMS para 2004).
Libra exipcia.
A unidade monetaria é alibra exipcia, que se divide en 100piastras; circula cos seguintes valores:
Durante os últimos 40 anos, o goberno exipcio adoptou estratexias que van dunha economía de orde soviética a unha economía de mercado, con varias variantes entre ambas, predominando para rematar as tendencias socialistas moderadas intentado facer prosperar o país. Hai un sector público forte cuxa ineficacia intenta combater o Goberno.
As industrias máis produtivas son a téxtil, a dos fertilizantes e produtos de caucho e a do cemento. Hai algo de industria pesada e varias plantas de ensamblaxe de automóbiles.
Os socios comerciais principais do país son EEUU e algúns dos países daUnión Europea (Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido). Os cambios radicais no anterior bloque soviético, que era o mercado principal de Exipto, tiveron un grande impacto na economía, aínda que despois o país converteuse no segundo país en recibir axuda dos Estados Unidos, tras Israel; entre 1994 e o 2004 Exipto recibiu uns 2000 millóns de USD por ano de axuda dos Estados Unidos Exipto tiña en 1990 serios desequilibrios económicos tanto internos como externos: unha estrutura industrial organizada por Nasser de titularidade pública, sobredimensionada, obsoleta e de moi baixa produtividade. Un sector agrario rixidamente controlado polo estado con prezos intervidos e deficitarios. Para rematar, un sector exterior deficitario e baseado nas exportacións de produtos enerxéticos, as remesas de emigrantes, os ingresos da canle de Suez e o turismo, todo iso sostivera o desenvolvemento na década de 1970, pero era sensible ao novo terrorismo dos integristas islámicos.
Así mesmo, o déficit público era practicamente insostible e xerador de inflación e o país apenas podía facer fronte á situación xurdida tras a explosión da crise da débeda nos anos oitenta, que tan seriamente afectou a case todos os países en vías de desenvolvemento.
En 1991, o goberno elaborou un programa e propuxo varias medidas:
Privatizar 314 empresas públicas.
Mellorar a agricultura, que xera ao redor do 20% de Produto Nacional Bruto, cun ambicioso proxecto: aCanle de Toshka, inaugurada en xaneiro de 1997, cuxa finalidade é facer un delta alternativo e paralelo ao val do Nilo que recuperará terras do deserto.
Crear proxectos industriais, mineiros e turísticos así como novos asentamentos en Toshka para reducir a densidade de poboación das ribeiras do Nilo.
Mapa da densidade de poboación de Exipto (habitantes por km2).
Exipto é o país máis poboado domundo árabe e o terceiro máis poboado docontinente africano, con arredor de 95 millóns de habitantes en2017.[22] A súa poboación creceu rapidamente entre1970 e2010 debido aos avances médicos e ao aumento da produtividade agrícola[23] facilitado polaRevolución Verde.[24] A poboación de Exipto estimábase en 3 millóns candoNapoleón invadiu o país en1798.[25] A gran maioría da súa poboación vive preto das beiras dorío Nilo, unha área duns 40.000quilómetros cadrados, onde se atopa a única terra cultivable. As grandes rexións dodeserto do Sáhara, que constitúen a maior parte do territorio de Exipto, están escasamente habitadas. Arredor do 43% dos residentes de Exipto viven nas zonas urbanas do país,[26] e a maioría están repartidas polos centros densamente poboados do granCairo,Alexandría e outras cidades importantes dodelta do Nilo.
A poboación exipcia está moi urbanizada, concentrándose ao longo do Nilo (especialmente no Cairo e Alexandría), no delta e preto docanal de Suez. Os exipcios divídense demograficamente entre os que viven nos principais centros urbanos e os fellahin, ouagricultores, que residen en aldeas rurais. A superficie habitada total constitúe só 77 041 km², o que sitúa a densidade fisiolóxica en máis de 1 200 persoas por km², similar á deBangladesh.
Aínda que a emigración estaba restrinxida baixo o mandato deNasser, miles de profesionais exipcios foron enviados ao estranxeiro no contexto daGuerra Fría árabe.[27] A emigración exipcia liberalizouse en1971, baixo o mandato dopresidente Sadat, alcanzando cifras récord despois da crise do petróleo de1973.[28] Estímase que 2,7 millóns de exipcios viven no estranxeiro. Aproximadamente o 70 % dos migrantes exipcios viven en países árabes (923 600 enArabia Saudita, 332 600 enLibia, 226 850 enXordania, 190 550 enKuwait e o resto noutras partes da rexión) e o 30 % restante reside principalmente enEuropa eAmérica do Norte (318 000 nosEstados Unidos, 110 000 noCanadá e 90 000 enItalia).[29] O proceso de emigración a estados non árabes leva en curso desde adécada de 1950.[30]
Gráfica de evolución demográfica de Exipto entre 1 e 2017
↑"Lessons from/for BRICSAM about south–north Relations at the Start of the 21st Century: Economic Size Trumps All Else?".International Studies Review9.
↑Z., T. (1928)."Il-Belt (Valletta)"(PDF).Il-Malti(en maltés) (2 ed.) (Il-Ghaqda tal-Kittieba tal-Malti)2 (1): 35. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 17 de abril de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2019.
↑p. 128) and Nadav Na’aman ("Shaaraim – The Gateway to the Kingdom of Judah" inThe Journal of Hebrew Scriptures, Vol. 8 (2008), articleno. 24Arquivado 17 de outubro de 2014 enWayback Machine., pp. 2–3).
↑Antonio Loprieno, "Egyptian and Coptic Phonology", inPhonologies of Asia and Africa (including the Caucasus). Vol 1 of 2. Ed: Alan S Kaye. Winona Lake, Indiana: Eisenbrauns, 1997: p. 449
↑"A Brief History of Alchemy". University of Bristol School of Chemistry. Arquivado dendeo orixinal o 05 de outubro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
↑"Population Clock".Central Agency for Public Mobilization and Statistics. 27 de abril de 2013. Arquivado dendeo orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de abril de 2013.
↑Talani, Leila Simona (1 de xaneiro de 2010).From Egypt to Europe: globalisation and migration across the Mediterranean.Tauris Academic Studies.OCLC650606660.