Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Exército Vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2015.)
 Exército Vermello
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
(1919)
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Implicados
 Comandado por
Datas
 Fundación / creación
23 de febreiro de 1918
15 de xaneiro de 1918(Xuliano)Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
25 de febreiro de 1946Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
 Substitúe
Localización
 País
Identificadores
VIAF316748224Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06dr9Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Lenin, Trotski e o Exército Vermello enPetrogrado, 1921.

Exército Vermello de Traballadores e Labregos (RKKA, dorusoРабоче-крестьянская Красная армия,Raboche-krestianskaya Krasnaya armia) foi a denominación oficial das forzas armadas organizadas polosbolxeviques durante aguerra civil rusa en1918. Esta organización converteuse no exército daRepública Socialista Federativa Soviética de Rusia tralaRevolución de Outubro e daUnión de Repúblicas Socialistas Soviéticas trala súa creación en1922, formando o maior exército do mundo dende osanos 1940 até a disolución da Unión no Nadal de1991.

O nome, abreviado xeralmente aExército Vermello, fai referencia ó sangue derramado polaclase obreira na súa loita contra ocapitalismo. Malia que o Exército Vermello converteuse oficialmente noExército Soviético en1946, o termoExército Vermello é de emprego común enOccidente para referirse a tódalas Forzas Armadas soviéticas ó longo da súa historia.

O Exército Vermello está acreditado como a forza terrestre decisiva na vitoria Aliada nasegunda guerra mundial. Durante as operacións naFronte Oriental, loitou contra o 75%–80% das forzas terrestres alemás (Wehrmacht Heer eWaffen-SS) dispostas na guerra.[1]

Creación

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Garda Vermella.
Lev Trotski saudando, 1917.

O Exército Vermello creouse o28 de xaneiro de1918. En principio, integrárono voluntariamente os labregos e obreiros comunistas. O comando formouse con oficiais do ex exército imperial doTsar que decidiran permanecer nos seus postos despois daRevolución de Outubro, en 1917. Ó intensificarse a guerra civil desatada por antigos oficiais aliados óskulaks (grandes terratenentes),Lenin recorreu ó recrutamento obrigatorio. No transcurso da guerra interna, o Exército Vermello chegou a contar con cinco millóns de efectivos que enfrontaron ó Exército Branco organizado polos oficiaisLavr Kornílov eAnton Denikin, entre outros.

A organización do Exército Vermello estivo ó cargo deLev Trotski, quen antes da revolución tivera a seu cargo o comité Militar Revolucionario que comandou o asalto ó poder. Os bolxeviques (comunistas) tiñan notable influencia no exército do Tsar. Aprimeira guerra mundial debilitou a moral deste exército, no que se producían acotío desercións. Os comunistas intentaron con bastante éxito crear unha moral revolucionaria no lugar da moral patriótica en declive. Os soldados eran unha peza chave do seu proxecto insurreccional.

As asembleas revolucionarias (soviets), debían ser "de obreiros, soldados e campesiños", segundo a consigna do Partido Bolxevique. Meses antes da revolución, centenares de unidades do exército participaron nun congreso de organizacións militares en Petrogrado (hoxeSan Petersburgo).

Logo de creado o Exército Vermello, a política de incorporación voluntaria daba por resultado un exército de base moi inestable e pouco disciplinado. Trostski defendeu o recrutamento obrigatorio, o mantemento dos oficiais zaristas nos seus cargos e o comisariado político (incorporación de dirixentes do Partido xunto ós mandos militares). Restableceu a disciplina militar e reprimiu severamente a deserción e traizón. Explicou que non podían dirixirse as forzas armadas con comités revolucionarios elixidos polos soldados e terminou coa táctica daguerra de guerrillas practicada nalgunhas rexións deRusia por considerala inadecuada para unha loita a grande escala como a que se propoñía.

Trotski recorreu persoalmente nun tren blindado as frontes de batalla durante máis de dous anos. Os brancos dominaban a rexión meridional do antigo imperio,Siberia e parte de Rusia, e durante un tempo recibiron axuda dos aliados que triunfaran naprimeira guerra mundial. Os brancos chegaron a ameazar seriamente aMoscova, pero resultaron vencidos. Algúns dos principais triunfos do Exército Vermello foron protagonizados pola "Cabalería Vermella" comandada polo mariscalSinión Budionny. A cabalaría foi un dos novos corpos creados no exército por Trotski. Os brancos capitularon en1920, pero a guerra seguiu contra os chamados "verdes", bandas de campesiños que asolaron algúns distritos rusos, e contra polacos e xaponeses. O conflito cos polacos finalizou en1921 e os xaponeses retiráronse en1922.

Terminada a guerra civil, o exército non evolucionou até a década dos anos 30, na que comezou a desenvolver a etapa motorizada. As "purgas" deStalin o privaron, porén, dos seus máis valiosos xefes, xustamente en vésperas dasegunda guerra mundial. Máis de 30.000 oficiais foron destituídos, e moitos deles confinados ou fusilados.

A Gran Guerra Patria

[editar |editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial, chamada oficialmente "a Gran Guerra Patria", a industria bélica desenvolveuse enormemente. O Exército Vermello foi dotado de novos canóns, canóns antiaéreos, distintos tipos decarros de combate, un canón antitanque e avións moi efectivos: osMig, o Yak e o Il 2. Un lanzafoguetes chamado familiarmenteKatiusha ou "o órgano de Stalin" foi unha arma de grande poder destrutivo. Fortaleceuse tamén a Armada. O comandante en xefe das tropas vermellas era o propio Stalin e por baixo del, como Comisario para a Defensa,Semión Timoshenko, considerado un dos mellores estrategos da historia soviética. O estado maior estivo a cargo deGueorgui Zhukov, quen iniciara a súa carreira no exército tsarista e comandaría varias vitorias contra aAlemañanazi.

Asegunda guerra mundial significou para o Exército Vermello un enorme triunfo e tamén unha gran perda de vidas humanas (máis de 13 millóns de baixas). En retroceso durante case toda a contenda, bateuse con heroísmo na defensa deStalingrado (hoxeVolgogrado) eMoscova e logo fixo retroceder ós alemáns atéBerlín tralabatalla de Kursk (Rusia,1943), a máis grande batalla terrestre da historia. Interviron nela máis de dous millóns de soldados. O Exército Vermello foi o primeiro enentrar na capital alemá e os seus soldados cravaron simbolicamente a bandeira vermella sobre o edificio doReichstag (parlamento).

A Guerra Fría

[editar |editar a fonte]

Terminada a Segunda Guerra, o Exército Vermello foi o eixo do chamadoPacto de Varsovia, integrado polas nacións que quedaron baixo o control dos soviéticos enEuropa do Leste. O seu armamento nuclear incrementouse proporcionalmente ó dos estadounidenses. InvadiuHungría (1956) e a antigaChecoslovaquia (1968) para sufocar alzamentos contra as autoridades comunistas. A última guerra na que participou foi a deAfganistán, entre 1980 e 1988, en apoio do goberno prosoviético dese país, que loitaba contra un levantamento armado.

Trala caída do réxime soviético en1991, o Exército vermello desapareceu como tal.

Galería fotográfica

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Davies, Norman (5 de novembro de 2006)."How we didn't win the war . . . but the Russians did".Sunday Times. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016.Since 75%–80% of all German losses were inflicted on the eastern front it follows that the efforts of the western allies accounted for only 20%–25% 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Exército VermelloModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Exército_Vermello&oldid=7144799»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp