Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Evelyn Waugh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEvelyn Waugh

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1903Editar o valor en Wikidata
West Hampstead, Reino UnidoEditar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 1966Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Combe Florey, Reino Unido(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardioEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St Peter & St Paul(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
ResidenciaLondresEditar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónHertford College (Oxford)(pt)Traducir
Heath Mount School(en)Traducir
Sherborne School(pt)Traducir
Lancing College(en)Traducir
Heatherley School of Fine Art(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional,xornalismo,jornalismo de guerra(pt)Traducir,autobiografía,libro de viaxes,satirical literature(en)Traducir eliteratura de humorEditar o valor en Wikidata
Ocupacióncorrespondente de guerra, escritor de ciencia ficción, autor de diarios, prosista, escritor de contos, guionista, escritor, autobiógrafo, novelista, xornalistaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1924Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoSátira,libro de viaxes,biografía eautobiografíaEditar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rama militarExército Británico,Royal Navy eRoyal Marines(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundialEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeLaura Herbert(1937–)
Evelyn Gardner(1928–)Editar o valor en Wikidata
FillosMaria Teresa Waugh
 ()Laura Herbert
Auberon Waugh
 ()Laura Herbert
Mary Waugh
 ()Laura Herbert
Margaret Evelyn Waugh
 ()Laura Herbert
Harriet Mary Waugh
 ()Laura Herbert
James Waugh
 ()Laura Herbert
Septimus Waugh
 ()Laura HerbertEditar o valor en Wikidata
PaisArthur WaughEditar o valor en Wikidata  e Catherine Charlotte RabanEditar o valor en Wikidata
IrmánsAlec WaughEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0915284Allmovie: p311680
BNE: XX968998Dialnet: 1621619Musicbrainz: a6dd3573-9957-40b9-9a58-4dd7b0aee2a0Discogs: 1947853WikiTree: Waugh-417Find a Grave: 3199Editar o valor en Wikidata

Arthur Evelyn St. John Waugh, coñecido comoEvelyn Waugh, nado en Hampstead (Londres) o28 de outubro de1903 e finado en Combe Florey (Somerset) o10 de abril de1966, é un novelistabritánico da segunda metade doséculo XX.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Era fillo dun coñecido editor da época. Estudou enOxford, Lancing e o Hertford College. Viaxou por numerosos países e en1939 foi destinado á Mariña británica e, posteriormente, ás forzas montadas enOriente Medio eIugoslavia.

Casou dúas veces. A primeira, en1928, conEvelyn Gardener, para divorciarse dela en1930. Ese mesmo ano converteuse aocatolicismo. En1937 casa conLaura Herbert, con quen tivo seis fillas (unha morreu antes do ano) e un fillo.

Obra

[editar |editar a fonte]

A súa obra enténdese mellor tendo en conta as súas viaxes e, sobre todo, a súa conversión, en 1930, á fe católica. El procedía dunha familiaevanxelista.

Daquela, Waugh xa publicaraDecline and fall (1928), unha novela curta que o fixo coñecido e lle permitiu iniciar a súa carreira viaxeira. Antes da guerra, Waugh parodiou oxornalismo, e en especial o mundo dos correspondentes, conScoop (1934). A súa obra ten dúas vertentes, pois mestura libros cun humor negro e satírico con outros máis serios, onde ataca a alta sociedade e, ao mesmo tempo, escribe sobre a falta de valores. Esta segunda vertente acentúase trala conversión relixiosa e o paso do escritor polasegunda guerra mundial.

A participación de Waugh na contenda bélica reflíctese especialmente na triloxíaSword of Honour, a súa derradeira obra grande de ficción, aínda que tamén na súa máis importante novela,Retorno a Brideshead.

Brideshead revisited

[editar |editar a fonte]

A máis recoñecida obra de Waugh, a que o fixo famoso, éBrideshead revisited, que é consecuencia das súas peripecias militares e que publicou nada máis rematar a segunda guerra mundial, en1945. El conta que anovela xa estaba rematada en xuño de1944, despois dunha convalecencia por unha pequena ferida deguerra. No prólogo que fixo para a edición revisada de1959, Waugh descríbea como unha narración sobre "a influencia da grazadivina nun grupo de personaxes moi diferentes entre si, aínda que estreitamente relacionados". A revistaTime incluíuna na súa lista das cen mellores novelas de todos os tempos.[1]

Brideshead revisited ten como título completoBrideshead revisited. The sacred and profane memories of captain Charles Ryder[2]. Este último é un militar británico que, no curso da guerra, chega a Brideshead, unha mansión, propiedade da familia Marchmain, na que pasou uns transcendentais anos da súa mocidade, pouco antes do conflito bélico. Os seus recordos dese tempo pasado constitúen o eixe do relato. Na novela, Ryder evoluciona dende o amor homosexual e estético por Sebastian Marchmain ata o obsesivo pola irmá deste, Julia, mentres asiste ao declinar da familia. Porque a novela é tamén o relato da caída dun clan aristocrático, arrastrado tanto polos novos ventos da historia como polos desvaríos dalgúns dos seus membros.

No prólogo de 1959, Waugh salienta que "gran parte deste libro consiste nun discurso fúnebre ante un ataúde baleiro". Precisamente, o soliloquio dun moribundo é un dos intres máis relevantes da narración.

Brideshead revisited foi adaptada para a televisión en1981, converténdose nunha das máis brillantes adaptacións televisivas dunha novela. Producida pola prestixiosa casa Granada Television, esta serie fixo coñecido ao actor que interpretaba a Charles Ryder,Jeremy Irons. Anos despois, xa no2008, fíxose unha pobre versión para o cine.

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Novela

[editar |editar a fonte]
  • Decline and fall, 1928.
  • Vile Bodies, 1930.
  • Black Mischief , 1932.
  • A Handful of Dust, 1934.
  • Scoop, 1938.
  • Work Suspended, 1942.
  • Put Out More Flags, 1942.
  • Brideshead Revisited, 1945.
  • The Loved One, 1948.
  • Helena, 1950.
  • Sword of Honour, triloxía integrada por
    • Men at Arms , 1952.
    • Officers and Gentlemen, 1955.
    • Unconditional Surrender, 1961.
  • The Ordeal of Gilbert Pinfold, 1957.

Relatos

[editar |editar a fonte]
  • Mr Loveday's Little Outing and Other Sad Stories, 1936.
  • Scott-King's Modern Europe, 1947.
  • Love Among The Ruins, 1953.
  • Basil Seal Rides Again, 1963.

Libros de viaxe e biografías

[editar |editar a fonte]
  • Rossetti, His Life and Works, 1928. Biografía.
  • Labels, A Mediterranean Journal, 1930. Libro de viaxes
  • Remote People, 1931. Libro de viaxes.
  • Ninety-Two Days, 1934. Libro de viaxes.
  • Edmund Campion, 1935. Biografía.
  • Waugh in Abyssinia, 1936. Libro de viaxes.
  • Robbery Under Law, 1939. Libro de viaxes.
  • The Holy Places, 1952. Libro de viaxes.
  • The Life of the Right Reverend Ronald Knox, 1959. Biografía.
  • A Tourist in Africa, 1960. Libro de viaxes.
  • A Little Learning, 1964, autobiografía parcial.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Brideshead Revisited - ALL-TIME 100 Novels - TIME". Arquivado dendeo orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 09 de febreiro de 2010. 
  2. En galego,Retorno a Brideshead. As memorias sagradas a profanas do capitán Charles Ryder.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Evelyn_Waugh&oldid=6755688»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp