![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1971![]() Segovia, España ![]() |
Educación | IES Andrés Laguna Universidade de Valladolid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, presentadora de televisión, directora de cinema![]() |
Período de actividade | 2002![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Eva María Hernández Villegas, coñecida comoEva Hache, nada enSegovia o7 de agosto de1971, é unhaactriz, cómica epresentadora de televisiónespañola.
Viviu varios anos da súa mocidade enCuéllar (Segovia). Tras estudar Filoloxía inglesa, a súa carreira como actriz iniciouse facendo teatro. Representou obras clásicas coa compañía do director Juan Antonio Quintana no Aula de Teatro daUniversidade de Valladolid. Tras catro anos de traballo, decidiu tomarse unha tempada para viaxar polo mundo (Londres) e á súa volta en 2000, interpretou unha peza de cabaret autoproducida, con Isabel Sobrino:Todo por la Talanga, el Chou, na que o público interviña de forma activa.
Conseguiu participar como monologuista nalgúns programas da cadea humorísticaParamount Comedy (Nuevos Cómicos,Telecompring,La hora chanante...), ata que en 2003 gañou o cuarto Certame de Monólogos deEl club de la comedia. Tras iso, foi contratada pola produtoraGlobomedia, que a destinou como colaboradora no programa deManel Fuentes,La noche... con Fuentes y cía (2004-2005), emitido porTelecinco, no que facía de reporteira en clave de humor, gañándose a popularidade ante o público.
Tamén traballou enSplunge (2005), un programa de situacións cómicas ousketches deTVE no que colaborou conFlorentino Fernández ePatricia Conde entre outros. Ademais, tivo aparicións puntuais como actriz (sempre cómica) en series da produtora comoSiete Vidas deTelecinco eCasi Perfectos deAntena 3, xunto aEmilio Aragón, dono de dita produtora.
Como actriz teatral, destacan as súas interpretacións nas obras5mujeres.com (2003-2004) eHombres, mujeres y punto (2004-2005), proxecto no que participaron outras actrices comoMaría Pujalte ouNuria González. No cine obtivo un papel na películaLocos por el sexo (2005) de Javier Rebollo. Eva Hache tamén fixo radio, enLa ventana do verán, deCadena SER conGemma Nierga.
Gañou oPremio ATV concedido pola Academia da Televisión, correspondente a 2005 na categoría de Mellor Comunicadora de Programas de Entretemento. Ese mesmo ano foi nomeada aoTP de Ouro como Mellor Presentadora de Programas de Entretemento.
Posteriormente, e aínda como rostro deGlobomedia, Eva presentou o programa nocturno, logo de vivir en Sevilla,Noche Hache, deCuatro (2005-2008) e no que analizaba a actualidade política desde un punto de vista humorístico e crítico xunto a outros colaboradores comoRicardo Castella,Marta Nebot,Quequé,Javier Coronas,Fernando Gil eJulián López entre outros. Este programa supuxo o seu primeiro traballo como presentadora principal independente e un dos maiores éxitos de Cuatro. Dentro da dinámica de informativo humorístico, presentouse como candidata polo "Partido Hache" para oCongreso dos Deputados nas eleccións xerais de 9 de marzo de 2008.
En 2009 participou na versión española deSaturday Night Live, en Cuatro, aínda que o programa foi retirado polo seu gran descenso de audiencia.
En xaneiro de 2011, comeza a presentar enlaSexta unha nova edición deEl Club de la Comedia, precisamente o programa de monólogos onde Eva fíxose famosa, algúns dos novos monologuistas (algúns con xa experiencia) que participaron sonDani Rovira,Ángel Martín,Berto Romero,Carmen Machi ouDani Mateo.
O 8 de maio de 2011 empezou a presentar o programa de entrevistasCon hache de Eva enlaSexta, que foi cancelado tras 4 emisións debido aos pobres índices de audiencia.[1]
O19 de febreiro de2012 presentou aXXVI edición dosPremios Goya,[2] e en decembro de 2012 foi anunciada pola Academia de Cine como a presentadora daXXVII cerimonia realizada o17 de febreiro de2013.[3]
Eva Hache é tamén a primeira embaixadora da Candidatura deSegovia aCapital Europea da Cultura2016.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Hache![]() |