Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Euungulata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eungulata
Rango fósil: 66 Ma-0 MaPaleoceno -Recente

Cebra, un perisodáctilo.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Infraclase:Placentalia
Superorde:Laurasiatheria
(sen clasif.):Eungulata
Waddell, 2001

Euungulata ouEungulata é unclado demamíferosplacentarios que inclúe os ungulados laurasiaterios, as ordesPerissodactyla,Artiodactyla ouCetartiodactyla e ordes extintas relacionados con eles.[1]

Este clado foi proposto como alternativa ao grupopolifiléticoUngulata que agrupaba aos eungulados xunto cospenungulados pertencentes aAfrotheria que só tiñan como trazo único a presenza depezuños, condiciónhomoplásica que apareceu porconverxencia evolutiva nestas dúas liñaxes segundo as análises moleculares.[2][3][4]

Algunhas clasificacións usan o termoUngulata en sentido estrito para os artiodáctilos e perisodáctilos (Eungulata), non obstante ambos os termos non son sinónimos xa que inclúen grupos distintos.

Tanto os eungulados existentes como os extintos descenden dos condilartros doCretáceo. Os condilartros á súa vez, descendían de devanceirosinsectívoros.

Oscetáceos non se parecen en nada aos eungulados en canto a aspecto emorfoloxía pero considéranse eungulados e artiodáctilos porque evolucionaron dun grupo de artiodáctilos e por tanto eungulados.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]
Cladograma mostrando as relacións dos grupos de eungulados e feras.
  • Eungulata
    • Orde Artiodactyla/Cetartiodactyla
    • Orde Mesonychia†
    • División Mesaxonia
      • OrdePerissodactyla
      • Orde Dinocerata†
      • Clado Meridiungulata†
        • Orde Xenungulata†
        • Orde Astrapotheria†
        • Orde Notoungulata†
        • Orde Litopterna†
        • Orde Pyrotheria†

Filoxenia

[editar |editar a fonte]

Unha posíbelfiloxenia dos grupos eungulados é a seguinte:

Eungulata

Mesonychia

Artiodactyla80px (Cetartiodactyla)

Mesaxonia

Dinocerata80px

Perissodactyla80px

Meridiungulata

Pyrotheria

Astrapotheria

Litopterna

Notoungulata

Xenungulata


Grupos actuais

[editar |editar a fonte]

Dentro dos eungulados pódense citar os seguintes grupos existentes na actualidade:

Clasificación

[editar |editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Exemplos de animais que pertencen a este clado.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 23 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  2. Springer, Mark S.; Stanhope, Michael J.; Madsen, Ole; de Jong, Wilfried W. (2004)."Molecules consolidate the placental mammal tree".Trends in Ecology and Evolution19 (8): 430–438.ISSN 0169-5347. 
  3. Zhou, Xuming; Xu, Shixia; Xu, Junxiao; Chen, Bingyao; Zhou, Kaiya; Yang, Guang (2011)."Phylogenomic Analysis Resolves the Interordinal Relationships and Rapid Diversification of the Laurasiatherian Mammals"61 (1): 150–164.PMC 3243735.PMID 21900649.doi:10.1093/sysbio/syr089. 
  4. Springer, M.S.; Burk-Herrick, A.; Meredith, R.; Eizirik, E.; Teeling, E.; O'Brien, S.J.; Murphy, W.J. (2007). "The adequacy of morphology for reconstructing the early history of placental mammals"56 (4): 673–684.PMID 17661234.doi:10.1080/10635150701491149. 

 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Euungulata
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Euungulata&oldid=5969476»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp