Eusebio, nado enSardeña ou enAcaia,[1] foi unpapa doséculo IV. Exerceu o seu cargo debispo deRoma do 18 de abril de309, data da súa entronización, ao 17 de agosto de309, data do seu falecemento.[1]
Foi o sucesor deMarcelo. O seu reinado foi breve: o Catálogo Libériano non lle dá máis que unha duración de catro meses, do 18 de abril ao 17 de agosto do ano 310. Coñécense algúns detalles da súa carreira grazas a unepitafio sobre a súa tumba feita sobre a orde do papaDámaso, epitafio que conservaron transcricións antigas.
Durante o seu pontificado, as controversias sobre osapóstatas continuaron, levando a Igrexa á beira docisma. Conseguiu manter posicións firmes pero actuou con gran caridade.
Desterrado porMaxencio, sufriu o martirio enSicilia e foi soterrado no cemiterio oucatacumba de san Calixto.[1]