Países da Eurozona Países da ERM II outros membros da UE países fóra da UE que adoptaron ó euro unilateralmente
Aeurozona ouzona euro é unha rexióneuropea que agrupa ospaíses daUnión Europea que teñen comomoeda oficial oeuro (€). OBanco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne os representantes dos países que utilizan esta moeda.
A eurozona foi creada en1999 por 11 países da Unión Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular até o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporáronseGrecia o 1 de xaneiro de2001[2] (entrando en circulación xunto cos anteriores),Eslovenia o 1 de xaneiro de2007,[3]Malta[4] eChipre[5] o 1 de xaneiro de2008,Eslovaquia o 1 de xaneiro do2009,[6]Estonia o 1 de xaneiro de2011[7],Letonia o 1 de xaneiro de2014[8] eLituania o 1 de xaneiro de2015.[9] Respecto dos territorios dos Estados da Unión que non pertencen á propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultramar francesas deSaint-Pierre-et-Miquelon, San Bartolomeu, as Terras Antárticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, así como as bases soberanas británicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre.[10]
Ademais destes 20 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles estánMónaco,San Marino,Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea),Andorra (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios).Kosovo eMontenegro utilízana sen acordos legais coa Unión Europea.
Os países da Unión Europea que non están naeurozona pero teñen a obriga de adoptalo sonBulgaria,Suecia,Hungría,Polonia,República Checa eRomanía. Outros comoDinamarca gozan dunha cláusula de exclusión que lles permite continuaren a utilizar as súas moedas nacionais indefinidamente.[11]