OEurostat (Statistical Office of the European Communities, Oficina estatística das Comunidades Europeas) é a oficina estatística daComisión Europea, que produce datos sobre aUnión Europea e promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros.
Dous dos seus papeis particularmente importantes son a produción de datos macroeconómicos que apoian as decisións doBanco Central Europeo na súa política monetaria para oeuro, e os seus datos rexionais e a clasificaciónNomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS), que orientan as políticas estruturais da Unión Europea.
O Eurostat é unha das Direccións Xerais da Unión Europea e ten a súa sede enLuxemburgo.
Desde o18 de maio de2006 o seu Director Xeral é o economista francésHervé Carré, que está asistido por 7 directores, cada un co seu sector de actividade dentro do Eurostat:
Recursos
Métodos estatísticos
Contas nacionais e europeas
Estatísticas económicas e rexionais
Estatísticas agrícolas e ambientais; Cooperación estatística