Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Euroleague

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaEuroleague
Imaxe
Tipoliga deportivaEditar o valor en Wikidata
DeportebaloncestoEditar o valor en Wikidata
OrganizadorUnión de Ligas Europeas de BaloncestoEditar o valor en Wikidata
PatrocinadorTurkish AirlinesEditar o valor en Wikidata
Liga inferiorLiga ABA,Basketball Bundesliga,Baltic Basketball League,Superliga de Baloncesto de Ucraína,Lega Basket Serie A,VTB United League,Ligat ha'Al,Košarkaška liga Srbije,A1 Liga,Polska Liga Koszykówki,Georgian Superliga(en)Traducir,Russian Basketball Championship(en)Traducir,LNB Pro A,A1 Ethniki,Liga ACB eBasketbol Süper LigiEditar o valor en Wikidata
Número de participantes128Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1958 –Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 anoEditar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAnadolu Efes S.K. Editar o valor en Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónEuroLeague TV(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Páxina web oficialeuroleaguebasketball.net…Editar o valor en Wikidata
Facebook: TheEuroleagueTwitter: EuroleagueInstagram: euroleagueYoutube: UCGr3nR_XH9r6E5b09ZJAT9wTikTok: euroleagueEditar o valor en Wikidata

AEuroLeague, tamén comunmente coñecida comoEuroliga, é a actual máxima competición de clubs debaloncesto deEuropa e está organizada polaUnión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) dende o seu nacemento na tempada2000-2001, substituíndo á extinta Copa de Europa de Baloncesto. Naquel entón, as asociacións de clubs españois, italianos e gregos impulsaron unha ruptura coaFederación Internacional de Baloncesto (FIBA), organizadora da histórica Copa de Europa, para crear unha nova competición no marco da ULEB (que a xestiona mediante a empresa Euroleague S.L.) e, así, tentar obter maiores ingresos económicos.

Ennovembro de2004[1][2] comezou unha nova etapa para a Euroliga pois a ULEB e a FIBA resolveron as súas disputas. Un dos acordos alcanzados foi o recoñecemento da Euroliga como máximo torneo europeo de clubs por parte deFIBA Europa. A competición é retransmitida por televisión en 197 países e mesmo pode ser vista por 200 millóns de espectadoreschineses cada semana, así como nosEstados Unidos, enNBATV.

Historia

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:50 maiores contribuidores da Euroliga.

Copa de Europa

[editar |editar a fonte]
Previa dun partido daEuroliga en2010, 53 anos despois da súa primeira edición.

A Copa de Europa de baloncesto foi creada polaFederación Internacional de Baloncesto (FIBA) na tempada195758 a imaxe e semellanza da de fútbol.[3] Orixinariamente, enfrontaba aos campións de Liga de cada un dos países europeos inscritos na FIBA. O sistema tradicional desta competición consistía na disputa dunhas eliminatorias, decididas por sorteo, entre dous equipos que se enfrontaban a dobre partido (ida e volta). Até1965, a final tamén se disputaba a dobre partido (coa excepción da edición de1962, cuxa final se celebrou enXenebra, e coa peculiaridade de que en1963 houbo un terceiro partido de desempate), e dende1966 facíase a partido único, coa particularidade de que en1966 (Boloña eMilán) e 1967 (Madrid) o formato para decidir o campión foi o de final entre catro oufinal four, fórmula recuperada 21 anos despois.[4]

O éxito da Copa de Europa propiciou que a FIBA concibise dúas competicións interclubs máis. En1967 creou aRecopa de Europa (disputada por última vez coa denominación deCopa Saporta), para que se enfrontasen os campións de Copa de cada un dos países federados. E en1972 creou aCopa Korać, na que participaban os equipos mellor clasificados de cada país que non puideran acceder aos torneos concibidos para os campións de Liga e Copa.

Comezos

[editar |editar a fonte]

O xornal deportivofrancés "L'Equipe" foi o primeiro en concibir a idea de competicións deportivas europeas de clubs, primeiro e sobre todo no caso dofútbol. O baloncesto pronto se adheriu á idea, sendo esta proposta discutida polaFIBA durante o Eurobasket de1957 enBulgaria. Así, o Secretario Xeral da FIBA, William Jones, creou unha Comisión integrada por Borislav Stanković (Iugoslavia), Raimundo Saporta (España), Robert Busnel (Francia), Miloslav Kriz (Checoslovaquia) e Nikolai Semashko (Unión Soviética) para chegar a un acordo ao respecto.

Así, a Comisión convidou ás federacións nacionais de Europa a enviar aos seus campións nacionais para un enfrontamento entre eles, "L'Equipe" doou o trofeo, e finalmente en1958 tivo lugar a primeira Copa de Europa de Clubs. Os clubs deEuropa do Leste (por non dicir do antigobloque soviético) dominaron os primeiros anos, xa que non só gañaron as primeiras seis edicións da competición (tres veces oASK Riga, dúas veces aoCSKA Moscova e unha vez oDinamo Tbilisi), senón que tamén conseguiron chegar á final en catro ocasións nos primeiros seis anos (dúas vecesAcademic Sofia e unha vez Dinamo Tbilisi e ASK Riga).

Anos 60: O auxe do Real Madrid e do CSKA Moscova

[editar |editar a fonte]

En1961 as cousas comezaron a cambiar. O principal club de baloncesto deEuropa occidental, oReal Madrid (España), comezou a mostrar signos da ambición, chegando ese mesmo ano ás semifinais onde perderon fronte o ASK Riga. Os dous anos seguintes, os campións españois atoparon o seu camiño á final, mais perdeu en ámbalas ocasións fronte ao Tbilisi e oCSKA respectivamente. Finalmente, o Real Madrid gañou a primeira do seu oito coroas europeas en1964, vencendo aoschecos doSpartak Brno. Con todo, esa tempada, ocampión soviético non participou debido a que o equipo nacional (composto nun 90% por xogadores do CSKA) estaba a prepararse para osXogos Olímpicos deToquio 1964. De tódolos xeitos, esa tempada supuxo un xiro importante para o baloncesto europeo, xa que marcou o inicio da dominación dos "ricos" clubs de Europa Occidental.

Despois, até1969, Real Madrid eOlimpia Milano, entón chamado "Simmenthal", compartiron o título do mellor equipo europeo. O Madrid contaba con xogadores comoClifford Luyk, primeiro xogador americano nacionalizado cun papel tan importante,Emiliano Rodríguez, Miles Aiken, Bob Burgess e máis tardeWayne Brabender. Mentres tanto, o Milán, en1966, foi dirixido por un mozo e intelixente aleiro americano,Bill Bradley, que máis tarde se convertería en campión daNational Basketball Association (NBA) en1970 e1973 cosNew York Knicks.

Tempo despois, Bradley tamén se convertería en candidato á presidencia dosEstados Unidos. En1969, oCSKA de Moscova, inspirado polo talentoSergei Belov, logrou vencer ao Real Madrid enBarcelona. O mozo Belov conseguiu 19 puntos esa noite, mais o seu compañeiro de equipo, o alto pivote Vladimir Andreev (2,15 m) conseguiu 37.

Anos 70: A dinastía do Pallacanestro Varese

[editar |editar a fonte]
Dražen Petrović.

Despois das dinastías daUnión Soviética e doReal Madrid, os 70 foron, sen dúbida, a década doPallacanestro Varese (Italia). O campión italiano, atopou a maneira, ano tras ano, para chegar á final da competición, de feito, o Varese chegou a dez finais durante os anos 70, gañando cinco delas. O Real Madrid, CSKA, o entusiastaBosna Saraievo e o puxanteMaccabi Tel-Aviv foron os outros campións da década.

Nese momento, o Varese foi levado polo lendario pivoteDino Meneghin, rodeado de xogadores como Bob Morse, Manuel Raga, Ottorino Flaborea, Fultz John ou Iván Bisson. En1971, o CSKA gañou o seu último título Europeo até o2006, superando a Varese, grazas a 24 puntos de Sergei Belov. En 1977, osisraelís deMaccabi Tel-Aviv, gañou a primeira das súas cinco coroas europeas. E por fin, en1979, a escolaiugoslava de baloncesto comezou a cegar a Europa, oBosna Saraxevo, dirixido por un novo adestrador de vinte e oito anos chamadoBogdan Tanjevic, venceu ao Varese, ofrecendo a primeira coroa europea aIugoslavia.

Anos 80: Dominio iugoslavo e italiano

[editar |editar a fonte]

O que puido ser a década do Maccabi (seis finais, pero só unha vitoria), co tempo converteuse nun triunfo para o baloncesto italiano (sete finais e cinco vitorias). Italia logrou xerar tres campións europeos diferentes (Pallacanestro Cantù,Virtus Roma eOlimpia Milano) en só sete anos. En1982 e1983, oCantú, tradicional subcampión daliga italiana, conseguiu os seus dous campionatos, chegando despois a vitoria doBanco di Roma. Entón comezou o reinado doCibona Zagreb e do marabillosoDražen Petrović, estando este dez anos marcados polo xurdir definitivo do elegante baloncesto iugoslavo. En primeiro lugar, oCibona, gañou dúas veces seguidas (1985 e 1986) e a continuación, aJugoplastika, gañou tres títulos consecutivos (1989, 1990 e 1991).

O xurdir grego

[editar |editar a fonte]

Osanos 90 viron dúas das finais máis emocionantes e polémicas da historia da competición, que en1996 se converteu na "Euroliga". En1992, oKK Partizan deSaša Đorđević ePredrag Danilović levou aos deBelgrado ao título, o cuarto consecutivo para un club iugoslavo. Danilovic foi o MVP Final Four, pero foi Djordjevic quen no último segundo do encontro unha canastra de tres puntos que deu a vitoria ao Partizan por 71-70 contra o equipocatalán doJoventut Badalona.[5] O ano seguinte levou o título o Limoges deFrancia, que sorprenderon aoBenneton Treviso deToni Kukoč na final.

En1994, o Joventut tomou vinganza polo sucedido dous anos atrás, e na final fronte o Olympiacosgrego, o aleiro dos deBadalona, Corny Thompson conseguía unha tripla (a súa quinta en toda a competición) que os poñía con dous puntos de vantaxe a 19 segundos do final. Os gregos tiveron a ocasión de empatar con dous tiros libres, mais a estrela iugoslava Zarko Paspalj so conseguiu anotar un, dando a vitoria ao Joventut. Ao ano seguinte, oReal Madrid da man deArvydas Sabonis conseguiu a vitoria sobre o Olympiacos na final.

A de1996 resultou ser unha das finais máis controvertidos de calquera competición de clubs europea. Este encontro enfrontaba aoPanathinaikos e aoFC Barcelona. No último segundo do partido, nunha canastra que decidía o encontro, Stojan Vrankovic facía un tapón ilegal José Montero que privaba aoscataláns do título.[6] O Olympiacos continuou a supremacía grega sobre a Euroliga en1997 tras perder na final en1994 e1995.

2000: Escisión

[editar |editar a fonte]

No ano2000, un importante sismo sacudiu os cimentos do baloncesto europeo. Os grandes clubs profesionais do continente, liderados polos españois, os italianos e os gregos, agrupados naUnión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), escindíronse daFederación Internacional de Baloncesto (FIBA) co propósito de organizar unha nova Euroliga con criterios máis modernos de xestión. Estes clubs querían recibir maiores ingresos procedentes dos dereitos de transmisión por televisión e demerchandise dos que lles ofrecía a FIBA. Ante a falta de acordo entre a FIBA e a ULEB, desapareceu a histórica Copa de Europa e na tempada 2000-2001 naceron dúas competicións paralelas que loitaron por recoller a testemuña: a oficialista e sucesora "Suproliga" e a escindida e nova "Euroliga".

Os clubs inscribíronse nunha e outra competición segundo os seus intereses. A maior parte de españois, italianos, gregos (excepto oPanathinaikos BC) e franceses tomaron parte pola Euroliga, mentres que a maioría de rusos, israelís e do leste de Europa optaron pola Suproliga. Na tempada 2001-2002 os equipos pertencentes á "Suproliga" entraron a formar parte da "Euroliga", quedando unha única competición.

2006: Harmonización

[editar |editar a fonte]

Os cinco anos de ruptura no baloncesto europeo foron prexudiciais tanto para aFederación Internacional de Baloncesto (FIBA), aUnión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e os clubs que tomaron parte nas súas competicións. Por iso, ennovembro de2004, os máximos dirixentes da ULEB eFIBA Europa acordaron finalmente a compatibilización dos seus respectivos torneos de face á seguinte tempada.

Deste xeito, FIBA Europa comprometeuse a administrar e impulsar todas as competicións de clubs europeas (chamando á súa "Liga Europea" como "Eurocopa") á vez que recoñecía oficialmente á ULEB como ente organizador da "Euroliga" e a "Copa da ULEB". Ademais, o máximo organismo federativo europeo limitou a 48 o número de participantes nos torneos da ULEB e pasou a xestionar en exclusiva as normativas de elixibilidade dos xogadores, os traspasos e contrólelos antidopaxe. A ULEB reservouse a opción de subscribir contratos para que algúns clubs participen nas súas competicións durante un número determinado de tempadas independentemente dos resultados deportivos que tivesen. O acordo tamén previu o compromiso de harmonización do calendario internacional para que os partidos oficiais das seleccións nacionais non prexudiquen os intereses dos membros da ULEB.

Dende2001 até2011 aEuroliga foi gañada tan só por tres equipos distintos. Entre eles destaca oPanathinaikos que acadou o título até en tres ocasións (2001,2007,2009 e2011), siguenelle oMaccabi Tel Aviv campión en dúas ocasións (2004 e2005) e finalista en tres (2006,2008 e2011) e oFC Barcelona que en2003 e2010 conseguiu os seus únicos títulos até o momento.

Formato

[editar |editar a fonte]

A partir da tempada2009-10, a primeira fase da Euroliga serán as "Roldas Clasificatorias" (eninglés:Qualifying Rounds), que implicarán a oito clubs nunha fase eliminatoria con enfrontamentos de ida e volta. Os catro superviventes da primeira rolda de clasificación aparellaranse entre si para a segunda rolda de clasificación, continuando os dous gañadores na Euroliga. Tódolos clubs que perdan nestas eliminatorias participarán na competición de segundo nivel daULEB, aEurocup.

A seguinte fase é a "Fase regular" (eninglés:Regular Season) na que participan 24 equipos. Dende2009, os participantes inclúen a vinte e dous clubs inscritos automaticamente na "fase regular" ademais dos dous gañadores das "Roldas Clasificatorias". Cada equipo xoga dous partidos (ida e volta) contra os demais equipos do seu grupo. Ao final da "fase regular", os equipos redúcense de 24 a 16. Antes de2008-09, os equipos estaban divididos en tres grupos de oito equipos cada un, clasificándose os cinco primeiros máis o mellor sexto clasificado de tódolos grupos. Agora, a tempada regular consta de catro grupos con seis equipos cada un, avanzando os catro primeiros de cada grupo.

A segunda fase, coñecida como "Top 16", consiste en catro grupos de catro equipos. Do mesmo xeito que na tempada regular, cada grupo de "Top 16" os equipos enfróntanse a partidos de ida e volta. A terceira fase, a "Rolda de cuartos de final" (eninglés:Quarterfinal round) vense xogando dende2004. Antes, só os gañadores de cada grupo avanzaron cara a "Final Four", agora o primeiro e segundo de cada grupo enfróntanse nunha serie de playoffs ao mellor de cinco encontros (até2007 era ao mellor de tres). A vantaxe de campo e para os equipos que acabaron en primeiro lugar nos grupos do "Top 16". Na "Final Four", que se celebra nun lugar determinado (por exemplo en2010 enParís), enfróntanse os gañadores das eliminatorias de cuartos de final a un só partido. Estes encontros celébranse en tan só tres días, xogando primeiro unhas semifinais e posteriormente a final cos gañadores e un encontro polo terceiro posto cos perdedores.

A partir da tempada 2016−17 o número de clubs reduciuse a 16, os cales se enfrontan nunsistema de todos contra todos con partidos de ida e volta. Os primeiros oito clasificados xogan posteriormente un playoff ao mellor de cinco partidos para clasificarse á Final Four.

Equipos

[editar |editar a fonte]

Os seguintes son os equipos participantes na edición 2023−24 da Euroliga.

Maccabi FOX Tel Aviv.
Fenerbahçe Istanbul.
EquipoCidadePaísPavillónCapacidade
ALBA BerlinBerlínAlemañaAlemañaUber Arena14.500
Anadolu EfesIstanbulTurquíaTurquíaSinan Erdem Spor Salonu16.000
AS MonacoMónacoFranciaSalle Gaston Médecin5.000
BarcelonaBarcelonaEspañaEspañaPalau Blaugrana7.786
BaskoniaVitoriaEspañaEspañaBuesa Arena15.504
Bayern MünchenMúnicAlemañaAlemañaBMW Park6.700
Crvena zvezda MeridianbetBelgradoSerbiaSerbiaŠtark Arena20.094
EA7 Emporio Armani MilanMilánItaliaItaliaForum di Milano12.700
Fenerbahçe BekoIstanbulTurquíaTurquíaÜlker Sports Arena13.059
LDLC ASVELVilleurbanneFranciaAstroballe5.560
Maccabi Playtika Tel AvivTel AvivIsraelMenora Mivtachim Arena10.383
OlympiacosO PireoGreciaGreciaA Paz e a Amizade11.847
Panathinaikos AKTORAtenasGreciaGreciaOAKA Altion18.300
Partizan Mozzart BetBelgradoSerbiaSerbiaŠtark Arena20.094
Real MadridMadridEspañaEspañaWiZink Center13.109
Valencia BasketValenciaEspañaEspañaLa Fonteta8.500
Virtus Segafredo BolognaBoloñaItaliaItaliaSegafredo Arena9.980
Žalgiris KaunasKaunasLituaniaLituaniaŽalgirio Arena15.415

Finais

[editar |editar a fonte]

Para finais non xogadas a partido único, un* precede ao resultado do equipo que xogaba na casa.

AnoSedeCampiónFinalista1º encontro /Final2º encontro3º encontro4º encontro5º encontro
Final a dobre partido
1957/58Unión SoviéticaRiga eBulgariaSofíaUnión SoviéticaASK RigaBulgariaAcademic Sofia*86-8184-*71-
1958/59Unión SoviéticaRiga eBulgariaSofíaUnión SoviéticaASK RigaBulgariaAcademic Sofia*79-5869-*67-
1959/60Unión SoviéticaTbilisi eUnión SoviéticaRigaUnión SoviéticaASK RigaUnión SoviéticaDinamo Tbilisi61-*51*69-62-
1960/61Unión SoviéticaRiga eUnión SoviéticaMoscovaUnión SoviéticaCSKA MoscovaUnión SoviéticaASK Riga*61-6687-*62-
1961/62SuízaXenebraUnión SoviéticaDinamo TbilisiEspañaReal Madrid90-83-
1962/63EspañaMadrid eUnión SoviéticaMoscovaUnión SoviéticaCSKA MoscovaEspañaReal Madrid69-*86*91-74*99-80-
1963/64ChecoslovaquiaBrno eEspañaMadridEspañaReal MadridChecoslovaquiaSpartak Brno99-*110*84-64-
1964/65Unión SoviéticaMoscova eEspañaMadridEspañaReal MadridUnión SoviéticaCSKA Moscova81-*88*76-62-
Final Four
1965/66ItaliaBoloñaItaliaSimmenthal MilanChecoslovaquiaUSK Slavia Praga77-72-
1966/67EspañaMadridEspañaReal MadridItaliaSimmenthal Milan91-83-
Final
1967/68FranciaLiónEspañaReal MadridChecoslovaquiaSpartak Brno98-95-
1968/69EspañaBarcelonaUnión SoviéticaCSKA MoscovaEspañaReal Madrid103-99 (2PR)-
1969/70IugoslaviaSaraxevoItaliaIgnis VareseUnión SoviéticaCSKA Moscova79-74-
1970/71BélxicaAnveresUnión SoviéticaCSKA MoscovaItaliaIgnis Varese67-53-
1971/72Tel AvivItaliaIgnis VareseIugoslaviaJugoplastika Split70-69-
1972/73BélxicaLiexaItaliaIgnis VareseUnión SoviéticaCSKA Moscova71-66-
1973/74FranciaNantesEspañaReal MadridItaliaIgnis Varese84-82-
1974/75BélxicaAnveresItaliaIgnis VareseEspañaReal Madrid79-66-
1975/76SuízaXenebraItaliaMobilgirgi VareseEspañaReal Madrid81-74-
1976/77IugoslaviaBelgradoMaccabi Tel AvivItaliaMobilgirgi Varese78-77-
1977/78AlemañaMúnicEspañaReal MadridItaliaMobilgirgi Varese75-67-
1978/79FranciaGrenobleIugoslaviaBosna SaraxevoItaliaEmerson Varese96-93-
1979/80AlemañaBerlín OesteEspañaReal MadridMaccabi Tel Aviv89-85-
1980/81FranciaEstrasburgoMaccabi Tel AvivItaliaSynudine Bologna80-79-
1981/82AlemañaColoniaItaliaFord CantùMaccabi Tel Aviv86-80-
1982/83FranciaGrenobleItaliaFord CantùItaliaBilly Milan69-68-
1983/84SuízaXenebraItaliaBanco di RomaEspañaFC Barcelona79-73-
1984/85GreciaAtenasIugoslaviaKK CibonaEspañaReal Madrid87-78-
1985/86HungríaBudapestIugoslaviaKK CibonaUnión SoviéticaŽalgiris Kaunas84-72-
1986/87SuízaLausanaItaliaTracer MilanMaccabi Tel Aviv71-69-
Final Four
1987/88BélxicaGanteItaliaTracer MilanMaccabi Tel Aviv90-84-
1988/89AlemañaMúnicIugoslaviaJugoplastika SplitMaccabi Tel Aviv75-69-
1989/90EspañaZaragozaIugoslaviaJugoplastika SplitEspañaFC Barcelona72-67-
1990/91FranciaParísIugoslaviaPop 84 SplitEspañaFC Barcelona70-65-
1991/92IstambulIugoslaviaPartizanEspañaJoventut Badalona71-70-
1992/93GreciaAtenasFranciaCSP LimogesItaliaBenetton Treviso59-55-
1993/94Tel AvivEspañaJoventut BadalonaGreciaOlympiacos59-57-
1994/95EspañaZaragozaEspañaReal MadridGreciaOlympiacos73-61-
1995/96FranciaParísGreciaPanathinaikosEspañaFC Barcelona67-66-
1996/97ItaliaRomaGreciaOlympiacosEspañaFC Barcelona73-58-
1997/98EspañaBarcelonaItaliaKinder BolognaGreciaAEK Atenas58-44-
1998/99AlemañaMúnicLituaniaŽalgiris KaunasItaliaKinder Bologna82-74-
1999/00GreciaTesalónicaGreciaPanathinaikosMaccabi Tel Aviv73-67-
2000/01FranciaParís(Suproliga)Maccabi Tel AvivGreciaPanathinaikos81-67-
ItaliaBoloña eEspañaVitoria(Euroliga)ItaliaKinder BolognaEspañaBaskonia*68-85*94-7380-*6079-*96*82-74
2001/02ItaliaBoloñaGreciaPanathinaikosItaliaKinder Bologna89-83-
2002/03EspañaBarcelonaEspañaFC BarcelonaItaliaBenetton Treviso76-65-
2003/04Tel AvivMaccabi Tel AvivItaliaSkipper Bologna118-74-
2004/05MoscovaMaccabi Tel AvivEspañaBaskonia90-78-
2005/06República ChecaPragaCSKA MoscovaMaccabi Tel Aviv73-69-
2006/07GreciaAtenasGreciaPanathinaikosCSKA Moscova93-91-
2007/08EspañaMadridCSKA MoscovaMaccabi Tel Aviv91-77-
2008/09AlemañaBerlínGreciaPanathinaikosCSKA Moscova95-71-
2009/10FranciaParísEspañaFC BarcelonaGreciaOlympiacos86-68-
2010/11EspañaBarcelonaGreciaPanathinaikosMaccabi Tel Aviv78-70-
2011/12IstambulGreciaOlympiacosCSKA Moscova62-61-
2012/13LondresGreciaOlympiacosEspañaReal Madrid100-88-
2013/14ItaliaMilánMaccabi Tel AvivEspañaReal Madrid98-85-
2014/15EspañaMadridEspañaReal MadridGreciaOlympiacos78-59-
2015/16AlemañaBerlínCSKA MoscovaFenerbahçe101–96-
2016/17IstambulFenerbahçeGreciaOlympiacos80–64-
2017/18BelgradoEspañaReal MadridFenerbahçe85-80-
2018/19EspañaVitoriaCSKA MoscovaAnadolu Efes91-83-
2020/21AlemañaColoniaAnadolu EfesEspañaFC Barcelona86-81-
2021/22BelgradoAnadolu EfesEspañaReal Madrid58-57-
2022/23LituaniaKaunasEspañaReal MadridGreciaOlympiacos79-78-
2023/24AlemañaBerlínGreciaPanathinaikosEspañaReal Madrid95-80-

Títulos

[editar |editar a fonte]

Por club

[editar |editar a fonte]
EquipoCampiónFinalistaAnos campiónAnos finalista
EspañaReal Madrid11101964, 1965, 1967, 1968, 1974, 1978, 1980, 1995, 2015, 2018, 20231962, 1963, 1969, 1975, 1976, 1985, 2013, 2014, 2022, 2024
CSKA Moscova861961, 1963, 1969, 1971, 2006, 2008, 2016, 20191965, 1970, 1973, 2007, 2009, 2012
GreciaPanathinaikos711996, 2000, 2002, 2007, 2009, 2011, 20242001
Maccabi Tel Aviv691977, 1981, 2001, 2004, 2005, 20141980, 1982, 1987, 1988, 1989, 2000, 2006, 2008, 2011
ItaliaPallacanestro Varese551970, 1972, 1973, 1975, 19761971, 1974, 1977, 1978, 1979
GreciaOlympiacos Piraeus361997, 2012, 20131994, 1995, 2010, 2015, 2017, 2023
ItaliaOlimpia Milano321966, 1987, 19881967, 1983
ASK Riga311958, 1959, 19601961
CroaciaKK Split311989, 1990, 19911972
EspañaFC Barcelona252003, 20101984, 1990, 1991, 1996, 1997
ItaliaVirtus Bologna231998, 20011981, 1999, 2002
Anadolu Efes212021, 20222019
ItaliaPallacanestro Cantù21982, 1983
CroaciaCibona Zagreb21985, 1986
Fenerbahçe1220172016, 2018
Dinamo Tbilisi1119621960
EspañaJoventut Badalona1119941992
LituaniaŽalgiris Kaunas1119991986
Bosnia e HercegovinaBosna Saraxevo11979
ItaliaVirtus Roma11984
Partizan Belgrado11992
FranciaCSP Limoges11993
BulgariaAcademic Sofia21958, 1959
República ChecaSpartak Brno21964, 1968
ItaliaBenetton Treviso21993, 2003
EspañaBaskonia22001, 2005
República ChecaSlavia Praga11966
GreciaAEK Atenas11998
ItaliaFortitudo Bologna12004

Por estado

[editar |editar a fonte]
EstadoTítulos
EspañaEspaña14
ItaliaItalia13
GreciaGrecia10
Rusia (e como parte daUnión Soviética)8
Israel6
CroaciaCroacia (e como parte daRFS Iugoslavia)5
Letonia (e como parte daUnión Soviética)3
Turquía3
Serbia (e como parte daRFS Iugoslavia /Serbia e Montenegro)1
FranciaFrancia1
LituaniaLituania1
Estados desaparecidosTítulos
Unión SoviéticaUnión Soviética8
IugoslaviaIugoslavia7

Adestradores máis laureados

[editar |editar a fonte]
Šarūnas Jasikevičius.

Željko Obradović eEttore Messina son os adestradores que gañaron máis Euroligas con tres títulos cada un; seguido porPini Gershon que saíu vitorioso en dúas ocasións. Levando as rendas doMaccabi Tel Aviv, oisraelí Gershon logrou o título en dúas ocasións consecutivas (2004 e 2005), foi subcampión en 2006 e, ademais, en 2001 foi o último en saborear o éxito na desaparecida Copa de Europa.

Oitaliano Messina, que xa fora campión de Europa de Clubs en1998, sendo o primeiro técnico gañador da máxima competición daULEB. OKinder Boloña levou o título na tempada 2000-2001 ao derrotar aoBaskonia nunha eliminatoria final ao mellor de cinco partidos, que se resolveu cun resultado de 3 a 2. A segunda vitoria de Messina, que foi subcampión en 2002 e 2003, produciuse en 2006 ao mando doCSKA Moscova.

Oserbio Obradović foi o último en conseguilo, sempre como adestrador doPanathinaikos e sempre contra o entón vixente campión da competición. O seu primeiro triunfo produciuse na tempada 2001-2002, contra o Kinder; na 2006-2007 e na 2008-2009 contra o CSKA. Ademais, Obradović conquistara anteriormente catro títulos da Copa de Europa ao mando doKK Partizan (1992), o7Up Joventut (1994), oReal Madrid (1995) e Panathinaikos (2000). Tamén, foi subcampión desta Copa unha vez ao perder a final de 2001 contra o Maccabi.

Xogador máis laureado

[editar |editar a fonte]

OlituanoŠarūnas Jasikevičius é o xogador que máis Euroligas ten no seu palmarés con catro en total. O primeiro dos seu catro triunfos conseguiuno en2003, sendo a base titular doFC Barcelona; os dous seguintes, en 2004 e 2005, foron coa camiseta do Maccabi Tel Aviv e o último en 2009 coPanathinaikos. Tendo en conta á antiga Copa de Europa tamén, oitalianoDino Meneghin ten no seu palmares sete trofeos da competición.

Líderes estatísticos

[editar |editar a fonte]

Puntos por partido

[editar |editar a fonte]

Rebotes por partido

[editar |editar a fonte]

Asistencias por partido

[editar |editar a fonte]

Roubos por partido

[editar |editar a fonte]

Tapóns por partido

[editar |editar a fonte]

Líderes de tódolos tempos

[editar |editar a fonte]
Anthony Parker.
Nikola Vujcic.
MediaTotal
PartidosLituaniaPaulius Jankūnas392
ValoraciónAnthony Parker21,41GreciaVassilis Spanoulis4.100
PuntosAlphonso Ford22,22GreciaVassilis Spanoulis4.335
RebotesJoseph Blair10,10LituaniaPaulius Jankūnas2.010
AsistenciasGreciaNick Calathes5,97GreciaVassilis Spanoulis1.558
RoubosEmanuel Ginóbili2,73GreciaDimitris Diamantidis434
TapónsUcraínaGrigorij Khizhnyak3,19Bryant Dunston255
PorcentaxeTotal
Tiros libresFranciaNando de Colo94,00GreciaVassilis Spanoulis1.113
Tiros de dousWalter Tavares72,35CroaciaAnte Tomić1.137
Tiros de tresFran Pilepić50,45EspañaSergio Llull627

Actuacións individuais

[editar |editar a fonte]

Os datos das mellores actuacións individuais refírense a encontros sucedidos dende o comezo da tempada 1991-92, exceptuando os rexistros de tapóns e a valoración que só contabilizan dende o comezo da tempada 2000-01. Na categoría de puntos cómpre destacar que na edición de1964-65Radivoj Korać conseguiu anotar 99 puntos no encontro que enfrontaba aoOKK Belgrado contra oAlvik BBKsueco (155-57).

Puntos

[editar |editar a fonte]
  • Joe Arlauckas (Real Madrid)63 puntos contra Buckler Bologna (24/28 2pt, 0/1 3pt, 15/18 TL) (en 1995-96)
  • Nigel Hayes-Davis (Fenerbahçe)50 puntos contra Alba Berlin (9/11 2pt, 9/16 3pt, 5/7 TL) (en 2023-24)
  • Shane Larkin (Anadolu Efes)49 puntos contra Bayern München (5/7 2pt, 10/12 3pt, 9/10 TL) (en 2019-20)
  • Michael Young (CSP Limoges)47 puntos contra Benetton Treviso (12/22 2pt, 4/6 3pt, 11/15 TL) (en 1993-94)
  • GreciaNikos Galis (Aris Thessaloniki)46 puntos contra Philips Milano (8/14 2pt, 5/6 3pt, 15/18 TL) (en 1991-92)

Rebotes

[editar |editar a fonte]
  • LituaniaArvydas Sabonis (Real Madrid)24 rebotes contra Olympiacos Piraeus (en 1992-93)
  • Joe Binion (Buckler Bologna)24 rebotes contra Panathinaikos Athens (en 1994-95)
  • GreciaAntonis Fotsis (Dynamo Moscova)24 rebotes contra Benetton Treviso (en 2006-07)
  • Rickie Winslow (Estudiantes Madrid)23 rebotes contra Aris Thessaloniki (en 1991-92)
  • Cliff Levingston (PAOK Thessaloniki)23 rebotes contra Scavolini Pesaro (en 1992-93)

Asistencias

[editar |editar a fonte]
  • BulgariaCodi Miller-McIntyre (Baskonia)20 asistencias contra ASVEL Basket (en 2023-24)
  • Stefan Jović (Estrela Vermella)19 asistencias contra Bayern München (en 2015-16)
  • Facundo Campazzo (Real Madrid)19 asistencias contra Alba Berlin (en 2019-20)
  • GreciaNick Calathes (Panathinaikos)18 asistencias contra Budućnost Podgorica (en 2018-19)
  • GreciaNick Calathes (Panathinaikos)18 asistencias contra CSKA Moscova (en 2019-20)

Roubos

[editar |editar a fonte]
  • Marcus Webb (CSKA Moscova)11 roubos contra PAOK Thessaloniki (en 1997-98)
  • Jeff Trepagnier (Ulker Istambul)11 roubos contra Partizan Belgrade (en 2005-06)
  • ItaliaStefano Mancinelli (Climamio Bologna)10 roubos contra Dynamo Moscow (en 2006-07)
  • GreciaPanagiotis Giannakis (Aris Thessaloniki)9 roubos contra Bayer Leverkusen (en 1991-92)
  • Chris Corchiani (Bayer Leverkusen)9 roubos contra Unicaja Málaga (en 1995-96)

Tapóns

[editar |editar a fonte]

Valoración

[editar |editar a fonte]
  • Tanoka Beard (Zalgiris Kaunas)63 contra Skipper Bologna (en 2003-04)
  • EsloveniaJaka Lakovič (Krka Novo Mesto)55 contra Real Madrid (en 2001-02)
  • Dejan Milojević (Partizan Belgrade)55 contra Olympiacos (en 2004-05)
  • CroaciaMarko Popović (Cibona Zagreb)54 contra Adecco Estudiantes (en 2004-05)
  • Shane Larkin (Anadolu Efes)53 contra Bayern München (en 2019-20)

Triplos-dobres

[editar |editar a fonte]
XogadorEquipoTriplo dobreTempadaRival
Keith WilliamsPoloniaWKS Śląsk Wrocław30 puntos, 10 rebotes, 16 asistencias
1992–93
Dinamo Tbilisi
Vasily KarasevCSKA Moscow21 puntos, 10 rebotes, 10 asistencias
1994–95
GreciaOlympiacos
Bill EdwardsGreciaPAOK24 puntos, 15 rebotes, 10 asistencias
1999–00
FranciaCholet Basket
Derrick PhelpsAlemañaALBA Berlin11 puntos, 10 rebotes, 12 asistencias
2000–01 SuproLeague
GreciaIraklis
CroaciaNikola VujčićMaccabi Tel Aviv11 puntos, 12 rebotes, 11 asistencias
2005–06
PoloniaProkom Trefl
CroaciaNikola VujčićMaccabi Tel Aviv27 puntos, 10 rebotes, 10 asistencias
2006–07
EsloveniaOlimpija Ljubljana
GreciaNick CalathesGreciaPanathinaikos11 puntos, 12 rebotes, 18 asistencias
2018–19
Budućnost
BulgariaCodi Miller-McIntyreEspañaBaskonia11 puntos, 11 rebotes, 20 asistencias
2023–24
FranciaASVEL Basket

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. About Euroleague Basketball
  2. Euroleague CEO visits Nike in China
  3. "Un trofeo de diseño".feb.es(en castelán). 13 de maio de 2012. 
  4. "Palmarés - Euroliga de Baloncesto".Diario As(en castelán). 
  5. Djordjevic tripla final 92 contra a Penya
  6. Tapón Vrankovic a Montero

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Xogadores
Adestradores
Árbitros
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Euroleague&oldid=6972581»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp