Os opositores áUnión Europea adoitan empregar lemas e carteis contra os símbolos europeos.
Oeuroescepticismo é unha corrente política e social baseada no rexeitamento, en maior ou menor grao, daUnión Europea e o seu proxecto de desenvolvemento, por parte de cidadáns pertencentes a estados europeos. O termo xurdiu, probabelmente, en1992 da man deRonald Tiersky, un analista político e mestre deCiencias Políticas. Tiersky referiuse con este termo no xornalThe Economist ás peroas que defente só a mínima integración na Unión Europea necesaria para garantir a paz e a prosperidade, pero sempre preservando o maior grao posíbel de soberanía nacional de cada un dos estados membros.[1]
Os motivos polos que diversos movementos políticos ou sociais posiciónanse en contra da estrutura política da Unión Europea adoitan estar supeditados á perda de soberanía estatal de cada nación en virtude da soberanía europea. A cesión de competencias ao goberno da Union é visto polos euroescépticos coma unha perda da autodeterminación.
Pode ser que o movemento antieuropeísta comezase enGran Bretaña, cuxa sociedade rexeitaría a cesión de poder fronte ao eixo alemán. Estes e outros motivos puideron ser algunhas das causas do rexeitamento daConstitución Europea en moitos países, comaFrancia ouPaíses Baixos no2008, ou o "Non"irlandés ao Tratado de Lisboa de 2008.
A defensa dos intereses económicos nacionais por riba dos comunitarios, o rexeitamento de posturas imperialistas, a pertenza áOTAN, ou a política económica da Unión, cualificada por varios sectores comaneoliberal, puideron ser algunhas das causas dos movementos euroescépticos.
O euroescepticismo é considerado por diversos sectores, porén, unha ameaza áintegración das sociedades europeas e, por extensión, ao proxecto da Unión Europea.