Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Eurihalino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámanseeurihalinos aqueles seres acuáticos que son capaces de vivir nun amplo abano de concentración de sales sen que isto afecte o seu metabolismo. Para soportar estes cambios nasalinidade utilizan distintos sistemas de regulación, como son asglándulas lacrimais, as fosas nasais e outros, mediante mecanismos fisiolóxicos que buscan conseguir que a concentración salina do seusangue sexa similar á do fluído no que viven (auga salgada ou doce).

O termo procede dogregoeury-, ancho, estendido, ehal(o)-, sal, e foi creado porKarl Möbius en1871, comoeuryhalin.

Exemplos de peixes eurihalinos son os diádromos (que migran do mar ós ríos), coma osalmón, aanguía ou osespiñosos (Gasterosteidae), pero tamén se dá esta característica noutros grupos animais, como asartemias, un pequenocrustáceo.

En contraposición están os organismosestenohalinos, que só poden sobrevivir nun rango de salinidade moi estreito, deténdose o seu desenvolvemento se varía a concentración de sal no medio.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eurihalino&oldid=6474424»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp