| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de marzo de 1945 Ordes, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, dramaturgo, catedrático |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Teatro,narrativa |
| Premios | |
Euloxio Rodríguez Ruibal, nado enOrdes o16 de marzo de1945, é un escritor e directorgalego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.
Comezou a súa actividade teatral no grupoDitea en1961, baixo a dirección deAgustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varias curtametraxes e documentais (Catro por Catro,Mesturanza,Holocausto...).
En1973 gañou conZardigot o Premio Abrente de teatro, e en1975 volveu a conseguir o mesmo galardón conO Cabodano. De1973 é a súa obra de teatro infantilO roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsaA sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En1976 publica as obrasO cabodano,Cousas da morte eA sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre1977 e1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Volvería a facelo en1988, mais só teatro infantil ata1989, data en que publicaAzos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De1990 data a súa obraUnha macana de dote. En2003 publicou o ensaioXogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego
Foi presidente daAsociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro daReal Academia Galega en marzo de2005, e foi Arquiveiro-bibliotecario da institución entre 2010 e 2013. Foi profesor naUniversidade de Santiago de Compostela até a súa xubilación.
Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores daNova Dramaturxia Galega (terminoloxía usada seguindo aManuel F. Vieites e non aManuel Lourenzo eFrancisco Pillado), a súa obra está claramente marcada poloteatro épico do xermanoBertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso doefecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores dogrupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, comoAlfonso Daniel Rodríguez Castelao eEduardo Blanco Amor.Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:

Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euloxio R. Ruibal |
| Predecesor: Xosé Luís Axeitos | Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 2010-2013 | Sucesor: Margarita Ledo Andión |