Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Eugenio Serrano de Casanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugenio Serrano de Casanova

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1841Editar o valor en Wikidata
Neda, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1920Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Barcelona, EspañaEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónempresarioEditar o valor en Wikidata

BNE: XX5003572

Eugenio Rufino Serrano de Casanova, nado enNeda en1841 e finado enBarcelona en1920, foi un militar e empresariogalego, coñecido por ser o impulsor daExposición Universal de Barcelona de1888.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Fillo doo curtidor Martín Serrano, que foi alcalde deNeda en dúas ocasións[1], tivo oito irmáns máis. Despois de comezar a estudar enFerrol[2], aos 18 anos (1859) marchou a Madrid para facer estudos de perito mercantil. Ao pouco alistouse no exército onde consegue un posto como capitán da administración militar. Tras o exilio deIsabel II, pasouse ao exércitocarlista e marchou aBarcelona, onde se implicou no proceso que levou áTerceira Guerra Carlista.

Antes de que estourase o novo levantamento apartouse do carlismo e marchou aParís, onde creou a revistaGazette des touristes, dedicada aoturismo termal. Como parte das súas actividades empresariais, en1873 acudiu áExposición Universal de Viena, un feito que o marcou persoal e profesionalmente para toda a vida. Foi secretario daExposición Universal de Filadelfia en1876 e actuou como delegado rexio en todas as exposicións celebradas enEuropa:Frankfurt,Bordeos,Ámsterdam,Niza,Liverpool, así como nas exposicións universais deParís (1878) e deAntuerpe (1885).[3]

Nese ano trasladouse aBarcelona coa idea de promover unhaexposición universal na capitalcatalá, onde estableceu unha xunta organizadora na que se integra tamén o enxeñeiroferrolánAndrés Comerma. O11 de marzo de 1885 propúxolle ao Concello de Barcelona a organización dunha exposición universal, sen financiamento público, en troques da cesión temporal dos terreos (200.000) e dos dereitos de explotación, acordo que asina o9 de xuño co alcaldeFrancesc Rius i Taulet.

En1887 Serrano Casanova demostrou a súa incapacidade para levar un proxecto desa envergadura e foi apartado do proxecto a cambio dunha indemnización. Segundo os seus biógrafosJuan Prados Tizón e Jaume Roulón Lluís, a manobra respondía a un interese do concello por controlar o proxecto, no que a burguesía local viu a posibilidade de obter cuantiosos beneficios[4]. En maio de1888 púidose finalmente realizar a exposición, pero sen a súa presenza. A partir dese momento converteuse en propietario de dousbalnearios naprovincia de Xirona.

Faleceu en 1920 enBarcelona e foi soterrado nunha foxa común nocemiterio de Montjuïc.

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Casou e tivo un fillo. Dúas bisnetas forman o dúo musicalHermanas Serrano.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Entrevista a Juan Prados Tizón[Ligazón morta],Radiofusión.
  2. Eugenio Serrano de Casanova, nedense universalArquivado 03 de setembro de 2014 enWayback Machine.,Radiofusión.
  3. "El gallego que transformó Barcelona",El País, 25 de novembro do 2010, edición Galicia
  4. PRADOS, J. e ROULÓN, J.Serrano de Casanova, un nedense universal, Concello de Neda,2010.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eugenio_Serrano_de_Casanova&oldid=7009647»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp