Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Eucalipto nitens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eucalipto nitens
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Rosidae
Orde:Myrtales
Familia:Myrtaceae
Subfamilia:Myrtoideae
Tribo:Eucalypteae
Xénero:Eucalyptus
Especie:E. nitens
Nome binomial
'Eucalyptus nitens'
H.Deane &Maiden

Oeucalipto nitens[1] (Eucalyptus nitens), coñecido en inglés coma "shining gum", é unhaespecie nativa deVictoria e o leste deNova Gales do Sur enAustralia. Medra en bosques húmidos tépedos e nas súas marxes, en solos fértiles de áreas de clima fresco.[2] Atópase naturalizado en Galicia, aínda que en menor medida ca oeucalipto azul. Atura mellor as xeadas ca este último.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Eucalyptus nitens é unárbore grande que medra até 60 m de altura, enVictoria ocasionalmente acada os 90 m de alto.[3][4] Acasca é persistente na parte baixa do toro, cinsenta a café agrisada, fibrosa-escamosa, lisa na parte exterior, branca, cinsenta ou amarela, mudándoa en longos listóns. As follas son opostas, ovadas aelípticas, cordadas, glaucas, e asfollas adultas son estreitas-lanceoladas ou lanceoladas, 15–25 cm de longo, 1,5–2,5 cm de largo, verdes, de brillo e coloradas. Ainflorescencia é de 7 flores, opedúnculo estreitamente chan ou angular, 6–15 mm de longo. Os casulos sonsésiles, ovoides ou cilíndricos, 5–7 mm long, 3–4 mm de diámetro, a cicatriz do anel é causada pola muda do opérculo exterior; acaliptra é cónica, aguda ou obtusa, máis curta ou tan larga comohipantio. Ofroito é cilíndrico ovoide, 4–7 mm de longo, 4–6 mm de diámetro; o disco é deprimido e as valvas encerradas ou ao nivel do aro.

Usos

[editar |editar a fonte]

En TasmaniaEucalyptus nitens é unha das especies máis importantesmadeireiras usadas en plantacións xunto conEucalyptus globulus (eucalipto azul deTasmania) ePinus radiata (piñeiro insigne).

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Eucalyptus nitens foi descrita por H.Deane & Maiden e publicado enA critical revision of the genus Eucalyptus 2: 273. 1913.[5]

Etimoloxía

Eucalyptus: nome xenérico que provén dogrego antigo: = "ben, xustamente" ekalyptós = "cuberto, que recobre". EnEucalyptus L'Hér., os pétalos, soldados entre si e ás veces tamén con sépalos, forman parte do opérculo, perfectamente axustado ao hipanto, que se desprende á hora da floración.[6]

nitens:epítetolatíno

Sinonimia
  • Eucalyptus goniocalyx var. nitens H.Deane & Maiden, Proc. Linn. Soc. New South Wales 24: 462 (1899).[7]

Biometría

[editar |editar a fonte]
  • Modelo de afusamento para Eucalyptus nitens[8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nome común galego en VV. AA. (2012)Vocabulario forestal, Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  2. "Flora of New South Wales". Royal Botanic Gardens, Sydney. 
  3. Boland, D. J.et al.: Forest Trees of Australia.
  4. Brooker, M. I. H. & Kleinig, D. A. 2006: Field Guide to Eucalypts, Volume 1 South-eastern Australia.
  5. "Eucalyptus nitens". 
  6. En Flora Vascular
  7. "Eucalyptus nitens". 
  8. Rodríguez-Toro, Andrés; Rubilar-Pons, Rafael; Muñoz-Sáez, Fernando; Cártes-Rodríguez, Eduardo; Acuña-Carmona, Eduardo; Cancino-Cancino, Jorge (29 de setembro de 2015). "Modelo de ahusamiento para Eucalyptus nitens, en suelos de cenizas volcánicas de la región de La Araucanía (Chile)".Revista de la Facultad de Ciencias Agrarias Universidad Nacional de Cuyo(encastelán)48 (1): 101–114.ISSN 1853-8665. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Eucalipto nitens

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eucalipto_nitens&oldid=5530787»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp