Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Etruscos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extensión da civilización etrusca

Osetruscos foron un pobo de lingua nonindoeuropea daPenínsula Itálica que apareceu entre osséculos VIII-VII a.C. O espazo primixenio ocupado por este pobo comprendeu o territorio entre os ríosArno eTíber, entre o marTirreno e os montesApeninos, aínda que logo de expandiron poloval do Po, oLacio e aCampania. Autodenominados "rasna" ou "rasena", o actual termo etrusco deriva do latín "etrusci", mentres que os gregos empregaban o termo "Τυρρηνοί" outyrrhēnoi. Esta cultura foi obxecto de grandes controversias xa dende aAntigüidade: autores gregos e romanos teorizaron sobre a súa procedencia e interesáronse polos seus costumes.

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixe

[editar |editar a fonte]

A procedencia da cultura etrusca é unha cuestión longamente discutida dende aAntigüidade. Unhas teorías insistiron en presentar aos etruscos como inmigrantes procedentes de Oriente, daLidia, de onde se viron na obriga de emigraren a raíz da invasión indoeuropea de Asia Menor. Formarían parte dos chamadosPobos do Mar, protagonistas das grandes migracións que trocaron o escenario do Mediterráneo Oriental. Deste xeito, paraHeródoto, os tirrenos ou etruscos, eran lidios que chegaron áPenínsula Itálica baixo o mando de Tirreno, fillo do rei Atis. Doutra parte,Helánico, identifícaos cos pelasgos, que segundo Antíclides, chegaron con Tirreno.[1] Os traballos arqueolóxicos sinalan indicios que poderían confirmar esta teoría, como que fronte a cultura de Villanova, desenvolvida porindoeuropeos naUmbría, os etruscos practicaban a inhumación fronte a incineración dos primeiros. A nivel lingüístico, oidioma etrusco presenta semellanzas con linguas deAsia Menor, especialmente coa escrita na estela funeraria prehelénica de Kaminia enLemnos.[2]

As hipóteses dunha orixe lidia foran xa rexeitadas porDionisio de Halicarnaso, para quen os etruscos eran autóctonos da Península Itálica. Investigadores dos séculos XIX e XX apoiaron esta posibilidade sinalando a existencia dun sustrato preitálico, e preindoeuropeo polo tanto, en toda a Península, considerando que na Etruria, aínda que se recibiran influencias orientalizantes, se conservaría a inhumación fronte a incineración.[2]

Outra teoría naceu a principios do século XIX, cando autores comoBarthold Georg Niebuhr eKarl Otfried Müller propuxeron que a se instalaran na Toscana logo dunha migración dende osAlpes. Xustificaban esta teoría relacionando o nome co que se denominaban os etruscos,rasena, co pobosraetianos da zona alpina.[1]

Dende mediados do século XX, as interpretacións de autores especializados, como Massimo Pallottino, conclúen que o pobo etrusco foi o resultado dos grupos propios da Península Itálica que evolucionaron naIdade do Ferro recibindo achegas culturais deGrecia e Oriente.[3][4]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Segundo a tradición clásica, os etruscos inicialmente destacaron polapiratería atribuíndolles saqueos como o da imaxe deHera enSamos, o rapto de mulleres deBrauronia ou un ataque aAtenas. Para algúns autores, entre osséculos VIII eVI a. C os etruscos o dominio marítimo doTirreno e doAdriático era semellante ástalasocracias gregas.[5][6] SegundoPlinio, os etruscos foron os responsables da invención daáncora e dorostrum.

A súa superioridade militar lles permitiu imporse ás poboacións veciñas (umbros,lígures etc,...). Xa noVII a C. constituíran un poder forte e dominaban un territorio que se chamouEtruria, fundando tamén a cidade deTarquinia. Foi entón cando emprenderon a súa política expansiva, ocupando as rexións contiguas aUmbría e, atravesando osApeninos, dominaron o val doPo no século VI a.C. A eles se debe a fundación deParma, Mutina (Módena),Mantua e Melpum (Milán) e a ocupación de numerosas cidades, comoCortona,Perusa, Felsina (Boloña) e varios portos do Tirreno e comarcas como oPiceno. No540 a.C. aliáronse coscartaxineses para expulsar os gregos deCórsega e despois lanzáronse á conquista doLacio e daCampania. Cara ao sur ocuparon aCampania, onde rivalizaron cos gregos, fundando as cidades de Capua (Volturnum), Nola, Acerra, Nocera, Uri, Velleia ou Velsu. O seu contacto cos gregos da colonia deCumas permitiulles adoptar algúns elementos da súa civilización, como oalfabeto. Fundamental na comunicación entre a Etruria orixinal e os dominios meridionais, a presenza etrusca en Roma xa foi descrita na propia historia lendaria da cidade con reis comoTarquinio Prisco,Servio Tulio eTarquinio o soberbio, e está corroborada polo rexistro arqueolóxico. O seu contacto cos gregos da colonia deCumas permitiulles adoptar algúns elementos da súa civilización, como oalfabeto.

A finais do século VI a. C comezou a decadencia do poderío etrusco. Otirano de Cumas,Aristodemo, logrou rexeitalos e favoreceu a sublevación doLacio.Roma expulsou o seu derradeiro rei,Tarquinio o Soberbio e proclamou a República. As cidades etruscas de Campania acabaron sucumbindo aos samnitas durante oséculo V a.C.: no474 a.C. os campanos, aliados cos siracusanos, desfixeron a frota etrusca. A difusión da malaria nas chairas e lagos da zona acentuou a súa debilidade. A comezos doséculo IV a.C. osgalos, dende o norte, ocuparan o val do Po, e no 396 a.C tomaron a etrusca Melpum.[7] Co tempo Roma e a súa política de conquista de Italia, rematou por incorporar as cidadades etruscas ao seu dominio.

Institucións

[editar |editar a fonte]

Todo o que sabemos dos etruscos procede das fontes narrativas romanas, que se complementan cos achados arqueolóxicos. Pero non convén esquecer o prexuízo histórico antietrusco dos romanos. Xa se dixo que os etruscos non chegaron a constituír un Estado, senón que estaban organizados en cidades-estado, coa súa respectiva zona de influencia. Á fronte de cada cidade había unrei, que se dedicaba ao comercio e posuía obradoiros artesáns. O rei, chamadolucumón, rodeábase de parentes e achegados que dominaban toda a actividade económica da cidade.

Chegou a haber doce destas cidades, todas amuralladas, que nalgún intre se uniron nunha federación, a chamada dodecarquía etrusca ou liga das doce cidades. Estas cidades eran: Caere, Tarquinia, Vulci, Rosellae, Vetulonia, Populonia, Volsinii, Clusium, Arretium, Perusa, Volaterrae e Cortona. A federación tiña unha base relixiosa e cultural e os seus representantes xuntábanse anualmente no templo deVoltumna (Orvieto). A menos que a hexemonía dunha delas se deixase sentir con especial intensidade sobre as demais, todas tiñan unha ampla autonomía, incluída a decisión de ir á guerra.

Antes do século V a.C. cada cidade contaba co seulucumón e á fronte das doce cidades estaba o xefe da federación. Este era escollido nas sesións do templo de Voltumnus. Cada rei tiña o poder xudicial e estaba á fronte do exército local e dos cultos. Ademais, moita da simboloxía que logo adoptaron os romanos como representativos do poder ten a súa orixe nas monarquía etruscas, como por exemplo: acoroa de ouro, o cetro, atoga, acadeira curul e o fascio.

Posteriormente, entre os séculos IV e o IV a. C. as monarquías etruscas deron paso a réximes oligárquicos, como tamén aconteceu noutras áreas mediterráneas. Estes novos sistemas o poder era compartido entre un consello aristocrático e as seguintes maxistraturas:

  • Zilc ouzilath: cargo relacionado copretor oucónsul romano.
  • Purth oupurthne: que podería estar por riba do anterior.
  • Maru oumarunuch: semellante oedil romano con atribucións relixiosas.
  • Camthi emacstrevc: con responsabilidades administrativas e militares.
  • Tamera eeisnevc: responsabilidades sacerdotais.

Tito Livio enAb urbe condita libri, sinala que en Veies optárase por restaurar unha monarquía, espertando tal decisión o rexeitamento do resto de etruscos. Deste xeito, optaron por non axudala nas súas guerras contra aRepública romana.

Sociedade

[editar |editar a fonte]
Detalle dosartego dos esposos atopado enCaere (finais do século VI a. C.)

Grazas ás inscricións e textos pódese coñecer aonomástica etrusca, da que se deduce que a súa organización eraxentilicia. Este sistemaantroponómico contiña opronomen persoal e o nome da familia ou xentilicio, ademais do patronímoco e do matronímico, e o cognomen que identificada a póla dogens ou familia.

As fontes indican que toda a poboación etrusca pertencía a unha familia ou gens, e non só aoligarquía. Isto relaciónase cunha débil diferenza entre grupos sociais, polo menos na orixe da súa civilización. Con todo, cómpre indicar que non se pode deducir igualitarismo social pois existían familias aristocráticas cuxos nomes se suceden nos cargos políticos como foi o caso dagens Ceicna en Volterra ou os Cilnii en Arretium. Existían, ademais, plebeos e escravos, e asocíase o termolautni eetera con liberto ou servo.[8]

As mulleres gozaban de consideración social e éralles recoñecida a súa personalidade xurídica ata o punto que a sucesión se facía por liña materna. Isto, xunto co emprego do matronímico, levou aJacob Johan Bachofen a considerar que en Etruria se conservaran as estruturas matriarcais que segundo as súas teorías se deran noMediterráneo durante oNeolítico. Mais, aínda que gozaran de máis consideración e dereitos que noutras civilizacións, a sociedade era patriarcal cun gran peso da familia. Isto non evitou que gregos e romanos criticaran o rol da muller nesta cultura.

Espello etrusco de bronce doMuseo Británico (cara 500-475 a.C.)

Economía

[editar |editar a fonte]

As cidades de Etruria coñeceron unha importante prosperidade. A agricultura etrusca baseábase no cultivo de trigo, oliveira e vide, ademais de contar con importantes recursos madeireiros no noroeste. A potencia agraria foi fomentada grazas ás técnicas hidráulicas construíndo canles para o regadío. A minería proporcionou outros recursos abondosos: tantoferro, especialmente nailla de Elba e nas comarcas de Populonia e Vetulonia, como decobre eestaño nas zonas litorais.[1]

Derivado disto, Etruria contou cunhametalurxia e unha sofisticadaourivería. Destacaron varios núcleos especializados: Perusa para o traballo dobronce e dos seus louvadosespellos, Vulci cos trípodes e candelabros e Arretium nas armas.Coiros, tecidos ecerámica son outros produtos que foron aprezados no comercio.

Malia a importancia da actividade mercantil, amoeda tivo unha difusión serodia. Nun primeiro momento empregaron as de Focea, logo a partir do V a.C. acuñaron moedas de seu en ouro, prata e bronce. Moi características son as pezas de ouro cunha cabeza deleón no anverso.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Briquel, Dominique (2018). "L’émergence d’une grande puissance".Les Étrusques. Presses Universitaires de France.ISBN 9782130804031. 
  2. 2,02,1Pericot García, Luis; Ballester Escalas, Rafael (1970).Historia de Roma. Montaner y Simón. p. 10.ISBN 84-274-0036-5. 
  3. Pallottino, Massimo (1975).Etruscologia. U. Hoepli. 
  4. Bordet, Marcel (2021).Précis d'histoire romaine. Armand Colin.ISBN 9782200630669. 
  5. Pericot García, Luis; Ballester Escalas, Rafael (1970).Historia de Roma. Montaner y Simón. pp. 13–14.ISBN 84-274-0036-5. 
  6. Thuillier, Jean-Paul (2003). "Les Étrusques entre deux mers".Les Étrusques. Histoire d'un peuple. Armand Colin. pp. 175–191.ISBN 9782200262358. 
  7. Briquel, Dominique (2018). "Le crépuscule d’une civilisation. Déclin et survivances".Les Étrusques. Presses Universitaires de France. pp. 67–92.ISBN 9782130804031. 
  8. Pericot García, Luis; Ballester Escalas, Rafael (1970).Historia de Roma. Montaner y Simón. p. 19.ISBN 84-274-0036-5. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Briquel, Dominique (2018).Les Étrusques. Presses Universitaires de France. ISBN: 9782130804031.
  • Heynes, Sybille (2000).Etruscan Civilization: A Cultural History. Getty Publications ISBN: 9780892366002.
  • Pallottino, Massimo (1975).Etruscología. U. Hoepli.
  • Sprenger, Maja; Bartoloni, Gilda (1983).The Etruscans: Their History, Art, and Architecture, Harry N. Abrams. ISBN:0810908670.
  • Thuillier, Jean-Paul (2003).Les Étrusques. Histoire d'un peuple. Armand Colin. ISBN: 9782200262358.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Etruscos&oldid=6674544»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp