Aestricnina é unalcaloide cristalino tóxico. Foi usado comopesticida, principalmente para matarratos. Debido á súa alta toxicidade en humáns o seu uso está prohibido en moitos países.
A estricnina é practicamente insolúbel enauga e pouco solúbel adisolventes orgánicos. Os estudos mostran que aDL50 oral en ratos varia entre 2,2 e 5,8 mg/kg en femias e entre 6,4 e 14 mg/kg en machos. A DL50 cutánea é de máis de 2.000 mg/kg.A fonte máis común desta substancia é a semente de árbores da especieNux vomica, nativa deSri Lanka,Australia eIndia. É unha das substancias mais amargas que existen, o seu sabor é perceptíbel en concentracións da orden de 1ppm. O maior risco para saúde está na súa administración oral. A estricnina descomponse rapidamente no solo, sendo pouco probábel que contamine a auga pero pode ser inhalada en forma de po e é volátil a altas temperaturas. A súa absorción pola pel causa reaccións alérxicas.
Non existe evidencia de que a exposición crónica a estricnina produzacáncer,mutacións, alteracións reprodutivas ou anomalías no crecemento. Pero os seus efectos a curto prazo son graves, podendo chegar a xerarconvulsións violentas, aínda que os primeiros síntomas sonansiedade, tremor, movementos bruscos,reflexos espontáneos, rixidez dos músculos e vómitos. Entre 10 e 20 minutos despois da inxestión, os músculos do corpo comezan a ter espasmos, iniciando coa cabeza e o pescozo. Os espasmos entón alástranse para todos os músculos do corpo, con convulsións case continuas, que empeoran co menor dos estímulos. A morte ocorre porasfixia causada pola parálise do sistema de control da respiración do sistema nervioso central, ou por esgotamento debido ás convulsións. Nese momento, o corpo endurece inmediatamente, mesmo no medio dunha convulsión, debido aorigor mortis.
O tratamento inclúe a aplicación dediazepam intravenoso, para controlar as convulsións, e o uso decarbón activado. A substancia é metabolizada nofígado e ten unhavida media de 10 horas en humanos. Polo tanto, se o paciente sobrevive 24 horas despois da inxestión, a recuperación é case segura.
Pequenas doses de estricnina eran utilizadas comolaxante ou para tratamento doutros problemas estomacais. Ese tipo de tratamento foi abandonado co advento de alternativas máis seguras.
Nas sinapses dosistema nervioso central existen dous tipos distintos dereceptor. A ligazón en receptores estimulatorios transmite un sinal, mentres a ligazón en receptores inhibitorios a reduce. Os receptores deglicina son os principais receptores inhibitorios damedula espinal. A estricnina reacciona bloqueando eses receptores, resultando nun aumento da transmisión de sinais nerviosos, especialmente enarco-reflexos, aumentando os estímulos sensoriais e causando contraccións musculares.