Oscaules subterráneos sonrizomatosos (ramificados dicotomicamente polo menos algúns), os caules aéreos son decumbentes e herbáceos ou arborescentes e con textura deleñosa.
Araíz primaria está ben desenvolvida. As raíces presentan vasos amplos distribuídos todo ao longo do corte transversal e agrupacións defloema na medula. Posúenestomas policíticos.
Asfollas son dísticas, envaiñadoras, pecioladas, simples, con venación penniparalela (veas fusionadas na marxe). O pecíolo posúe moitos arcos ou canais de aire.
Operianto ten 3+3tépalos, os 3 externos libres, os 3 internos soldados, os internos desiguais (o interno medio máis pequeno que os laterais), ás veces tépalos internos conniventes.
Oxineceo consta de 3carpelos soldados, eovario ínfero; o carpelo medio é anterior, trilocular, con numerososprimordios seminais por carpelo. oestilo é filiforme, a placentación é axilar, os óvulos son anátropos, bitégmicos.
Ogrupo troncalStrelitziaceae data de hai uns 78 millóns de anos. A diverxencia dentro do grupo corona data de hai uns 59 millóns de asos (Janssen & Bremer 2004).[5]
Estudouse moito a polinización dentro do grupo, pero aínda así non está claro cal sería a condiciónplesiomórfica (ver, por exemplo, Kresset al. 1994).[6]
↑epíxino, do grego γυνήginé, "femia", co prefixoepi-, "encima", é un adxectivo que se aplica á flor, ao perianto, ou ao androceo que parecen nacer ou inserirse sobre o ovario, por seren concrescentes con el. DoDiccionario de botánica, de Pío Font Quer.
↑Janssen, T.; Bremer, K. (2004). "The age of major monocot groups inferred from 800+rbcL sequences.".Bot. J. Linnean Soc.146: 385–398.
↑Kress; W. J.; Schatz, G. E.; Andrianifahanana, M. & Morland, H. S. (1994): "Pollination ofRavenala madagascariensis (Strelitziaceae) by lemurs in Madagascar: Evidence for an archaic coevolutionary system".American J. Bot.81: 542-551.
Kubitzki, K. (2004):The Fmilies and Genera of Vacular Plants, Volume IVFlowering Plants. Monootyledons: Alismatanae and Commelinanae (except Gramineae). Berlin/Heidelberg/New York: Springler Verlag.ISBN 3-540-40593-3.