Próximas á costa norte sitúanse algunhasillas, que inclúenKish,Qeshn,Abu Musa e asTunbs Maior e Menor. Esas illas teñen posicións estratéxicas enormes, funcionando con plataformas de control do tráfico marítimo.
Nunha conferencia de prensa o18 de decembro de1997, o ministro do Exterior e Deputado iraniano Abbas Maleki dixo que o Irán apoiaba o libre transporte depetróleo a través do estreito de Ormuz, mais reservaba para si a opción de pechar o estreito ao tráfico marítimo se o Irán estivese ameazado.
Cap.35. Na fin desas illas Calaei existe unha cadea de montañas chamada Calon, e segue aló, non moito alén, a boca do Golfo Pérsico, onde hai moito mergullo para os pescadores de perlas e mariscos. A esquerda dos estreitos hai grandes montañas chamadas Asabon, e á dereita medran, ben á vista, outras montañas arredondadas e altas, chamadas Semiramís; entre elas, a pasaxe a través do estreito ten aproximadamente 600 estadios; alén dos cales aquel grande e longo mar, o Golfo Pérsico, avanza lonxe no interior (das terras). Na parte superior e final deste golfo hai unha cidade mercantil, designada pola lei, chamada Apologus, situada preto de Charax Spasini e do Río Éufrates.
Existen dúas opinións sobre a etimoloxía deste nome. Segundo a crenza popular, deriva do nome do Deus Persa هرمزOrmoz (unha variación deAhura Mazda). Outros historiadores e lingüistas derivan o nomeOrmuz da palabra persa local هورمغHur-mogh significandoTamareira. Na realidade, nos dialectos locais de Hurmoz e Minab este estreito aínda é chamado Hurmogh e ten o significado mencionado.
O3 de xullo de1988, o estreito de Ormuz foi escenario dunha dos máis controvertidos abatementos da aviación da historia, cando o voo 655 da compañía iranianaIran Air, unAirbusA300, foi abatido polo navío de guerra daUnited States NavyUS Vincennes (CG-49). Todas as persoas a bordo morreron (na maioría mulleres e pequenos), e evitouse dificilmente unha situación de crise internacional cando o presidente dosEstados UnidosGeorge H. W. Bush dixo "I will never apologise for what Americans do" (Nunca pedirei desculpas polo que os americanos fan) e o presidente iraniano xurou vinganza sobre os americanos. As circunstancias desa traxedia aínda non foron, e talvez nunca serán, totalmente esclarecidas.[Cómpre referencia]