Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Estonia

Coord.:59°N26°L / 59,26
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Estonia (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaEstonia
Eesti Vabariik (et)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoMu isamaa, mu õnn ja rõõmEditar o valor en Wikidata

Lema«Stonia Epig»Editar o valor en Wikidata
EpónimoVirumaa eUgandiEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 59°N26°L / 59,26
CapitalTalínEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.369.995(2025)Editar o valor en Wikidata (30,22hab./km²)
Lingua oficiallingua estonianaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie45.335 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Báltico eLago PeipusEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoSuur Munamägi (317,4 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Báltico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Letonia(1991–)
Rusia(1991–)Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación24 de febreiro de 1918Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria(1991–)Editar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataAlar Karis(2021–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de EstoniaEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataKristen Michal(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRiigikogu ,(Escano: 101)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal38.100.812.959 $ (2022)Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita23.757,62 $ (2019)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.eeEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+372Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata
Código de paísEEEditar o valor en Wikidata
Código NUTSEEEditar o valor en Wikidata

Sitio webvalitsus.eeEditar o valor en Wikidata
Facebook: eesti.eeBNE: XX452760Editar o valor en Wikidata

Estonia (Gl-Estonia.oggpronunciación (axuda · info)) (enestonianoEesti[ˈeːsti] (AFI)), oficialmenteRepública de Estonia (Gl-República de Estonia.oggpronunciación (axuda · info)) (enestonianoEesti Vabariik[ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos trespaíses bálticos. O país atópase naEuropa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas nomar Báltico. Estonia limita polo norte cogolfo de Finlandia que o separa da veciñaFinlandia. Polo leste o país fai fronteira conRusia, ao sur conLetonia e ao oeste co mar Báltico, que o separa deSuecia. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 milquilómetros cadrados. O país é membro daUnión Europea dende o1 de maio do ano2004, daOTAN dende o29 de marzo do2004 e daEurozona dende o1 de xaneiro de2011.[1]

Os estonianos son unpobo fínico etnicamente vencellado aosfinlandeses e aossaamis. O país ten ademais vencellos culturais e históricos cospaíses nórdicos,[2] particularmente con Finlandia, Suecia eDinamarca.

Alingua estoniana fai parte daslinguas ugrofinesas, grupo que comparte cofinés e ohúngaro, aínda que difire moito deste. Xunto cofinés, ohúngaro e omaltés, o estoniano forma o grupo delinguas oficiais da Unión Europea que non teñen orixeindoeuropea.

Durante séculos os estonianos viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade doséculo XIX, cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nunEstado independente, establecido en1917.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nome actual deEstonia provén probablemente do historiadorromanoTácito, que no seu libroGermania (ca. 98AD) describiu o pobo que moraba na rexión da actual Estonia como osAestii, un pobo bárbaro que era distinto dos outros pobos da rexión. Igualmente, atopáronsesagasescandinavas[3] en que se contaban relatos sobre a rexión de Estonia chamadaEistland.[4] Nolatín arcaico e noutras fontes daAntigüidade, o nome que describía as terras estonianas eraEstia ouHestia. A primeira vez que os estonianos se chamaron así foi durante o período de fortalecemento da cultura estoniana durante o xurdimento do sentimento nacionalista durante oséculo XIX, dándose en chamarhabitantes das terras do leste ou osEesti.

Historia

[editar |editar a fonte]

Artigo principal:Historia de Estonia

Antigüidade

[editar |editar a fonte]

Os primeiros asentamentos humanos en Estonia foron posibles hai 11.000 ou 13.000 anos, cando comezaron os desxeos da derradeira glaciación. O asentamento humano máis antigo coñecido en Estonia, é o asentamento de Pulli, atopado nas beiras dorío Pärnu, preto da vila deSindi, no sur de Estonia. Segundo as probas de carbono, o asentamento foi fundado hai 11.000 anos, no comezo do 9 milenio a.C.

En Estonia atopáronse probas da existencia de comunidades cazadoras e pescadoras arredor do 6.500 a.C., preto da vila de Kunda, no norte. Aparellos feitos de ósos e pedras semellantes ós atopados en Kunda, foron atopados por toda Estonia, ademais de enLetonia, norte deLituania e sur deFinlandia. A cultura atopada en Kunda pertence áIdade de Pedra, ou ó períodoMesolítico.

A fin daIdade de Bronce e o comezo daIdade de Ferro caracterizáronse por grandes cambios culturais. O máis importante foi a transición para aagricultura. Dende oséculo I óséculo V d.C., a agricultura expandiuse, a poboación medrou, e os asentamentos espalláronse por todo o país. Nesa época a influencia doImperio Romano chegou ata Estonia, sendo este período coñecido como a Idade de ferro romana.

A segunda metade daIdade de Ferro caracterizouse polos enfrontamentos contra as tribos bálticas, as cales atacaban dende o sur do país, e dende omar Báltico. Moitassagasescandinavas fan referencia ás campañas contra Estonia. Os piratas estonianos levaron a cabo ataques semellantes naIdade Viquinga chegando a saquear e queimar a vilasueca deSigtuna no ano1187.

Cristianización

[editar |editar a fonte]

Arredor doséculo XIII, Estonia atopábase dividida en 8 condados — Saaremaa, Läänemaa, Rävala, Harju, Viru, Järva, Sakala, e Ugandi. Despois de levarse a cabo unha serie de consultas entre os diferentes representantes e compoñentes de varios dos condados, tomaron a decisión de establecer un estado. Ata ese intre, Estonia conservara unha relixión pagá centrada arredor dunha deidade chamada Tharapita.

Estonia foicristianizada cando os "Irmáns livonianos da espada"alemáns invadiron o sur do país como parte das cruzadas setentrionais en principios doséculo XIII. Ó mesmo tempo,Dinamarca tentaba facerse co norte do país. No ano1227 Estonia atopábase dividida entre os dous países. A parte norte de Estonia estivo baixoDinamarca ata1346.Talín (coñecida como Reval naquel tempo) recibiu osdereitos de Lübeck en1248 e uniuse áLiga Hanseática no final doséculo XIII. No ano1343, a xente do norte de Estonia e mais Saaremaa rebeláronse contra o dominio xermano na revolta da noite de San Xurxo, rematada en1344. Entre os anos1481 e1558 Estonia foi invadida sen éxito polosrusos. Despois de1524, durante areforma protestante, Estonia converteuse óLuteranismo.

Cidade antiga de Talín (Reval), mirando cara ao porto

Suecia e Rusia

[editar |editar a fonte]

Durante aguerra livoniana en1561, o norte de Estonia pasou ó controlsueco, mentres que o sur de Estonia pasou ó controlpolaco durante a década de1580. En1625, Estonia pasou a estar por completo baixou o dominiosueco. Daquela, Estonia quedou dividida entre as provincias de Estonia no norte, eLivonia situada entre o sur de Estonia e o norte deLetonia, división que durou ata comezos doséculo XX.

En1631, o rei sueco Gustavo Adolfo forzou a nobreza a respectar o campesiñado, aínda que a servidume seguiu existindo. No ano1632 establecéronse unha imprenta e unha universidade na cidade deTartu (coñecida como Dorpat naquel tempo). Este período é coñecido na historia estoniana como "o bo vello tempo sueco."

TralaGran guerra do norte, oimperio sueco perdeu Estonia, a cal pasou a mansrusas (en1710 de facto, en1721 de iure, poloTratado de Nystad). Aínda que as clases altas e medias permaneceron formadas por Alemáns bálticos. A guerra devastou á poboación estoniana, quen se recuperou axiña. Aínda que os dereitos do campesiñado foran debilitados, a servidume foi abolida en1816 na provincia de Estonia e en1818 enLivonia.

Independencia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Día da Independencia de Estonia.

Como resultado da abolición da servidume e a posibilidade da educación dosestoniano-falantes, noséculo XIX naceu un forte movemento nacionalista. O nacionalismo naceu como un movemento cultural, o cal estableceu unha literatura, teatro e música de seu e a formación dunhaidentidade nacional estoniana. Entre os líderes do movemento estabanJohann Voldemar Jannsen,Jakob Hurt eCarl Robert Jakobson. Algúns logros significantes foron a publicación do épico nacional, Kalevipoeg, en1862, e a organización do primeiro festival da canción en1869.

En resposta ó período deRusificación iniciado poloImperio ruso na década de1890, o nacionalismo estoniano asumiu tons máis políticos, con intelectuais que piden primeiro unha maior autonomía, e máis tarde, a independencia doImperio ruso. A finais de 1917 e comezos de 1918 estivoocupada polo Imperio Alemán. TralaRevolución de outubro, Estonia declarouse así mesma república independente o24 de febreiro de1918. Despois de gañar aGuerra de liberación estoniana contra aRusia soviética (oTratado de Tartu asinouse o2 de febreiro de1920), Estonia mantivo a súa independencia por vinte e dous anos. Inicialmente unha democracia parlamentaria, o parlamento (Riigikogu) disolveuse en1934, seguido por unha inquietude política causada pola crise económica global. Como consecuencia, o país foi gobernado por decreto porKonstantin Päts quen se fixo presidente en1938.

Estonia baixo a Unión Soviética

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:República Socialista Soviética de Estonia e Ocupación de Estonia por Alemaña.
Bandeira daRepública Socialista Soviética de Estonia.

Estonia foi ocupada polas tropassoviéticas en xuño de1940, como consecuencia do Pacto Molotov-Ribbentrop feito en agosto de1939 entre aAlemaña nazi e aUnión Soviética. Estonia foi anexionada formalmente pola Unión Soviética en1940 como aRepública Socialista Soviética de Estonia. Durante a anexión moitos dos líderes intelectuais e políticos foron executados ou deportados a lugares afastados daUnión Soviética. As represións tamén foron levadas a cabo contra a poboación estoniana. Cando comezou a operación alemá Barbarossa contra a Unión, miles de mozos estonianos foron alistados nas tropas do Exército Vermello. Entre1941 e1944 o país foi ocupado poloTerceiro Reich. Cando as tropas soviéticas reconquistaron o país polo nordeste, decenas de miles de persoas decidiron fuxir paraFinlandia eSuecia ou poñerse do lado dosalemáns. En1949, como resposta ó paseniño proceso de formación das granxas colectivas, como estaba prescrito pola ideoloxía soviética, miles de persoas foron deportadas aSiberia, onde a metade pereceu na construción de campamentos; a outra metade dos sobreviventes non puido volver ata1960 (varios anos despois da morte de Stalin). Iso e mais as represións de1940 e1941 deron lugar á formación de guerrillas contra o goberno soviético na década de1950, formadas principalmente por veteranos estonianos e algúns paisanos.

Ademais das perdas humanas e materiais provocadas pola guerra, miles de estonianos foron asasinados e decenas de miles deportados polas autoridades soviéticas ata a morte deIosif Stalin en1953. A dominación soviética repercutiu negativamente no crecemento estoniano, sendo case nulo en comparación ó das economíassueca efinesa.

Outro efecto debido á Unión Soviética foi arusificación de Estonia. Centos de miles deruso-falantes (a maioría daRepública Socialista Soviética de Ucraína) foron aloxados no país para a súa militarización e desenvolvemento industrial. O nivel de rusificación do país acadou o seu máximo nivel na década de1980, cando osXogos Olímpicos de 1980 deMoscova (a olimpíada da Regata) tiveron lugar na cidade deTalín, onde se produciron protestas contra as políticas migratorias da Unión.

Volta á independencia

[editar |editar a fonte]
Bandeira da Estonia independente.

Debido ás dificultades económicas provocadas polaGuerra fría, aUnión Soviética comezou a debilitarse. Esta situación foi aproveitada en Estonia creándose un movemento para conseguir un autogoberno. No período1987-1989, o movemento centrábase máis na independencia económica da Unión, pero co debilitamento desta o movemento volveuse máis e máis independentista.

En 1989, produciuse unha nova mostra a prol da independencia co chamadoCamiño báltico, no cal se formou unha cadea humana de máis de dous millóns de persoas a través deLituania,Letonia e Estonia (tendo Letonia e Lituania semellantes oportunidades de aspiraren á independencia como Estonia).

Estonia volveu a conseguir a súa independencia o20 de agosto de1991, coaRevolución do canto seguido do colapso da Unión Soviética. O primeiro país en recoñecer a nova independencia de Estonia foiIslandia, seguido deDinamarca.

As derradeiras tropasrusas marcharon o31 de agosto de1994. Dende aquela, Estonia uniuse áOTAN o29 de marzo do2004[5] e áUnión Europea o1 de maio do2004.

Política

[editar |editar a fonte]
Riigikogu, parlamento estoniano

Estonia é unhademocracia constitucional, cun presidente electo poloparlamento (eleccións de cinco en cinco anos), que só ten unha cámara. O goberno ou poder executivo, está composto polo primeiro ministro, nomeado polo presidente, e por un total de 14 ministros. O goberno noméao o presidente despois de ser aprobado polo parlamento.

O poder lexislativo pertence ao parlamento, denominadoRiigikogu ou Asemblea do Estado, que ten 101 escanos.

Casa Stenbock, sede do goberno estoniano

Os deputados son elixidos por voto popular para mandatos de 4 anos. O supremo tribunalxudicial é o Tribunal Nacional, ouRiigikohus, con 17 xuíces, cuxo presidente é nomeado vitaliciamente polo parlamento despois de ser nomeado polo presidente da república.

Estonia foi o primeiro país do mundo en empregar o voto porInternet[6], sendo empregado por primeira vez nas eleccións parlamentarias entre o 26 e o28 de febreiro do2007, nas que 30.275 persoas deron o seu voto víaInternet.

NoWorldwide Press Freedom Index do2007,Reporteiros sen fronteiras situaron a Estonia como o terceiro país do mundo cunha maior liberdade de prensa[7].

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Estonia.
Na imaxe ocastelo de Hermann,Narva. O río Narva constitúe unha fronteira natural entre Estonia e Rusia.
Mapa de Estonia coas principais cidades.

Situada entre os 57,3º e os 59,5º delatitude e os 21,5º e os 28,1º delonxitude, Estonia é o país máis pequeno e setentrional e dos países bálticos. Situado ó noroeste da gran chaira rusa, está atravesado de norte a sur por outeiros alongados de orixeglacial, aínda que a súa altitude media non chega ós 50m. A súa altitude máxima Suur Munamagi, só mide 318m. Unha cuarta parte do territorio estoniano está cuberto por bosques debidueiros,piñeiros e abetos, o 20% está cuberto de terreos pantanosos, o 5% por lagos artificiais e naturais (a maioría moi pequenos, mais o maior, olago Peipsi situado na fronteira conRusia, ten 3 555 km² de superficie) e o resto por praderías. Estonia conta con 3.800 km de costas, nun litoral recortado, cheo de fiordes que alberga 20 portos e 1.524 illas, entre as que destacaSaaremaa (2.714 km²) eHiiumaa.

O país é atravesado por un gran número de ríos e regatos que desembocan nomar Báltico; estes son curtos e de escasa profundidade, xa que o curso do máis longo, orío Narva, só e de 77 km.

Oclima de Estonia é continental, sobre todo no interior, aínda que moderado pola influencia atlántica. Os invernos son longos e moi fríos e os veráns son curtos, sen temperaturas excesivamente extremas. Asprecipitacións, en xeral en forma de neve, non son moi abondosas.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Condados de Estonia.

A Acta de División Administrativa Territorial, adoptada en1995, dividiu o país en tres niveis:condados,concellos urbanos econcellos rurais. Hoxe en día, Estonia está dividida en 15 condados, á súa vez agrupados en concellos (rurais e urbanos). Os concellos son 79, 15 urbanos e 64 rurais.

Condados

[editar |editar a fonte]
Condado de Harju (Harjumaa)Condado de Hiiu
(Hiiumaa)
Condado de Ida-Viru (Ida-Virumaa)Condado de Järva (Järvamaa)Condado de Jõgeva (Jõgevamaa)
Condado de Lääne (Läänemaa)Condado de Lääne-Viru (Lääne-Virumaa)Condado de Pärnu (Pärnumaa)Condado de Põlva (Põlvamaa)Condado de Rapla (Raplamaa)
Condado de Saare (Saaremaa)Condado de Tartu (Tartumaa)Condado de Valga (Valgamaa)Condado de Viljandi (Viljandimaa)Condado de Võru (Võrumaa)
Condados de Estonia

Estonia divídese en 15 condados (enestoniano: pl.maakonnad; sg. -maakond). Oscondados son gobernados por cadanseugobernador, designado pologoberno nacional e que representa localmente ao poder. O seu mandato é de cinco anos como o presidente, e teñen como función básica, facer a conexión entre os departamentos e osconcellos do condado co goberno nacional[8].

O principal condado darepública báltica e o deHarju, onde se atopa a capital,Talín e onde vive o 38,8% da poboación do país[9]. Outros condados importantes son os dePärnu,Ida-Viru e o deTartu.

Concellos

[editar |editar a fonte]
Concellos de Estonia

Os concellos (en estonianoomavalitsus) divídense en Estonia enrurais eurbanos. Ao longo da historia de Estonia, as divisións dos concellos sufriron diversas modificacións. Cando aservidume foi abolida noséculo XIX, as colonias rurais foron formadas, tendo unha organización de seu, adoptada naLei de organización dos concellos rurais (en estonianovald). Os concellos urbanos (en estonianolinn), divídense endistritos e cidades. No total existen só 15concellos con dereitos decidade, fronte ás 64vilas rurais (a gran maioría con menos de tres mil habitantes). Cada concello estoniano conta cunhaconsello lexislativo, elixido pola poboación por un período de tres anos. O concello escolle os membros do órganoexecutivo, incluíndo a testa do executivo municipal, elixido tamén por tres anos.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Estonia.
Estonia fai parte da unión económica europea, aeurozona (azul escuro) e domercado interior da Unión Europea.

Como membro da Unión Europea, Estonia é considerada unha economía de rendas altas de acordo coBanco Mundial. Aparidade de poder adquisitivoper cápita do país era de $29 312 en 2016 segundo oFondo Monetario Internacional.[10] Por mor do seu rápido crecemento, Estonia foi descrito a miúdo como otigre báltico xunto con Lituania e Letonia. O 1 de xaneiro de 2011, Estonia adoptou o euro (en substitución dacoroa estoniana) e converteuse no décimo sétimo estado membro daeurozona.[11] Segundo oEurostat, Estonia tiña a media máis baixa de débeda dun goberno entre os países da Unión Europea, cun 6,7% no final de 2010.[12] A súa economía caracterízase por uns orzamentos equilibrados e unhadébeda pública case inexistente, imposto sobre a renda fixa, réxime de libre comercio, sector bancario comercial competitivo,e-Services innovador e uns servizos móbiles aínda mellores.

Centro do distrito financeiro deTalín.

Estonia produce arredor do 75% da súa electricidade consumida.[13] En 2011, preto do 85% dela era xerada poloxisto bituminoso.[14] As fontes alternativas de enerxía como a madeira, as turbeiras e a biomasa representan arredor do 9% da produción de enerxía primaria. A enerxía eólica foi o 6% do total de consumo no ano 2009.[15] Estonia importapetróleo de Europa occidental e de Rusia. Estonia importa o 100% do seu gas natural dendeRusia.[16] A enerxía de xisto bituminoso, as telecomunicacións, os produtos téxtiles, os produtos químicos, a banca, os servizos, a comida e a pesca, a explotación madeireira, a construción de barcos, a electrónica e os transportes son sectores clave da súa economía.[17] Oporto deMuuga, preto de Talín, conta con instalación modernas para o transporte de mercadorías, con alta capacidade. O seu sistema ferroviario serve de conexión entre o oeste e Rusia, así como outros puntos do leste de Europa.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Estonia.
Residentes de Estonia por etnia (2018)[18]
Estonianos
  
68.7%
Rusos
  
24.9%
Ucraínos
  
1.8%
Belarusos
  
0.9%
Finladeses
  
0.6%
Outros
  
2.9%

Os indicadores económicos esociais de Estonia veñen mellorando sensiblemente nos últimos anos. A taxa dedesemprego caeu do 10,3% da poboación activa no2002 ao 5,9% no primeiro trimestre de2007. Aesperanza de vida é de 67,3 anos para os homes e de 78,14 anos para as mulleres. O nivel de fertilidade era de 1,55 fillos por muller (2006), menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que non se produza un avellentamento da poboación. A taxa demortalidade infantil é de 4,4 por cada 1.000 rapaces nados, unha das máis baixas da súa contorna. As taxas deinflación véñense mantendo estables ao redor do 4,0%.[18].

Nos últimos anos vénse observando un descenso napoboación, cifra ao redor do 0,5%, aínda que non é un caso illado na rexión, producíndose descensos semellantes na maioría dos países veciños. Na actualidade Estonia é un dos países cunha poboación máis nova da Europa desenvolvida, aínda que, de non reverterse este descenso, producirase a medio prazo un avellentamento da poboación que terá como consecuencia a falta de man de obra.

O maior grupo étnico de Estonia está formado polosestonianos, con case o 70%. A primeira e a segunda xeración dos emigrantessoviéticos (a maioría deRusia) forman o 30% restante. A maioría dosrusos habitan na capital do país (Talín) así como nas zonas industriais do nordeste de Estonia (Condado de Ida-Viru). Tamén destacan os descendentes dosfinlandeses e ossuecos, que historicamente habitaron as costas e as illas do noroeste do país, sendo alcumados "rannarootslased" ("Suecos da costa"). A maior parte dos suecos deixou o país en1944, escapando da invasión soviética.

A lingua oficial do estado é oestoniano, unha linguaugrofinesa achegada ófinés. O estoniano foi influído historicamente poloalemán, e polosueco. Ademais da lingua oficial, oruso é comprendido pola maioría dos estonianos entre os trinta e os setenta anos de idade, debido á súa obrigatoriedade durante os tempos daUnión Soviética. Hoxe en día, a maioría dos estonianos estudan oinglés como segunda lingua, substituíndo esta ó ruso nas escolas.

Nocondado de Võru no sur do país, hai máis de 70.000 falantes dovõro, lingua relacionada coestoniano.

Segundo a Oficina Estatística estoniana, no 2018, a poboación estoniana estaba composta polos seguintes grupos étnicos:estonianos (68,7%),rusos (24,9%),ucraínos (1,8%),belarusos (0,9%),finlandeses (0,6%). Outros grupos importantes son ostártaros,letóns,polacos,xudeus,lituanos, e osalemáns.

Cidades máis poboadas

[editar |editar a fonte]
ListaxeCidadeCondadoPob.ListaxeCidadeCondadoPob.

Talín

Narva

Valga
1TalínHarjumaa403.50011VõruVõrumaa14.555
2TartuTartumaa101.16912ValgaValgamaa13.930
3NarvaIda-Virumaa68.68013HaapsaluLäänemaa11.774
4Kohtla-JärveIda-Virumaa47.67914JõhviIda-Virumaa11.455
5PärnuPärnumaa45.50015PaideJärvamaa9.751
6ViljandiVilandimaa20.27416KeilaHarjumaa9.386
7RakvereLääne-Virumaa16.69817KiviõliIda-Virumaa6.925
8SillamäeIda-Virumaa16.56718TapaLääne-Virumaa6.559
9MaarduHarjumaa16.57019PõltsamaaPõlvamaa6.510
10KuressaareSaaremaa14.91920JõgevaJõgevamaa6.349
Censo do ano 2008
Igrexa ortodoxa localizada na Cidade Vella deTalín, construída en1894e influenciada pola arquitectura doImperio Ruso.

Relixión

[editar |editar a fonte]

De acordo coa máis recente enquisa de opinión pública doEurostat, no2005[19], tan só o 16% dos cidadáns estonianos responderon que "Acreditan que exista un Deus", mentres que o 54% responderon que "Acreditan que exista algún tipo de espírito ou forza vital" e o 26% que "Non acreditan que exista calquera tipo de espírito, Deus, ou forza vital". Isto, segundo a enquisa, faría dos estonianos o pobomenos relixioso de entre os entón 25 membros daUnión Europea. Historicamente, con todo, Estonia foi un baluarte doLuteranismo debido ao seu forte vencello cospaíses nórdicos. Durante o período derusificación, moitos estonianos convertéronse áIgrexa ortodoxa, aínda que, tralaRevolución Bolxevique de 1917 e a lei de liberdade relixiosa de1920 moitos deixaron a relixión.

Linguas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lingua estoniana.

A lingua oficial do país é aestoniana, unhaugrofinesa intimamente vencellada aofinés. O estoniano foi influenciado poloalemán e, por medio dofinés tamén dosueco. Oruso é, tralo estoniano, a segunda lingua máis empregada no país, coñecida por moitos estonianos entre os 30 e os 70 anos de idade, xa que durante aera soviética era obrigatoria nas escolas da república. As xeracións novas, porén, desenvólvense principalmente eninglés como lingua estranxeira. Parte da comunidade rusa residente no país, resístese a aprende-lo estoniano, malia ser a única lingua oficial do país[20].

Cultura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cultura de Estonia.

Arquitectura

[editar |editar a fonte]

En todos os anos de dominio dos diversos pobos (xermánicos,suecos erusos), aarquitectura estoniana sufriu diversas influencias. Estas influencias deron lugar a interesantes características na arquitectura estoniana, reflectíndose como exemplo no estiloGótico estoniano, nas igrexasmedievais, nos detallesrenacentistas dos edificios, nos castelosbarrocos, nas casasde estilo clásico e nas vilasArt Nouveau.

Como símbolos arquitectónicos nacionais destacan a medievalTalín, a barrocaNarva,Pärnu, cidade litoral senlleira pola súa arquitectura dos anos30 eTartu, cidade universitaria de estilo clásico.

Teatro

[editar |editar a fonte]

A historia doteatro en Estonia é centenaria. Comezou profesionalmente en1906, da man do directorKarl Menning na cidade de Tartu. Máis adiante, uniuse Talín, cidade na calTheodor Altermann ePaul Pinna comezaron a producir as primeiras obras teatrais da capital. Co tempo xurdiron importantes nomes no teatro estoniano, comoVoldemar Panso,Evald Hermaküla ePriit Pedajas.

Na súa curta historia, o teatro mobilizou a moitas persoas grazas á súa accesibilidade. No país existe unhaÓpera Nacional, oito Teatros nacionais, tres Teatros municipais e 10 teatros privados, todos eles nas cinco grandes cidades estonianas, alén de numerosas escolas de teatro espalladas polo país.

Literatura

[editar |editar a fonte]
Friedrich Reinhold Kreutzwald, escritor estoniano do épicoKalevipoeg.

O folclore de Estonia sobreviviu, mediante a transmisión oral, a séculos de dominación estranxeira, abranguendo cancións, escolmas de poemas sobre as estacións do ano, o traballo dos campesiños, a vida familiar, o amor e os mitos. As cancións rúnicas son as que se transmitiron máis antigamente, remontándose aoséculo I a.C. Os primeiros escritos en lingua estoniana son catecismos; para o católico Johannes Kievel remóntanse a1517; e para o luterano a1535.

Tralasegunda guerra mundial, a literatura estoniana dividiuse en dúas durante case medio século[21]. Unha serie de escritores importantes pasaron os anos da Guerra en Estonia e fuxiron en1944 a Alemaña (Visnapuu) ouSuecia, tanto directamente como a través deFinlandia (Suits, Under, Gailit, Kangro, Mälk, Ristikivi). Moitos dos que quedaron atrás e non se dobregaron áideoloxía soviética morreron enSiberia (Talvik e Hugo Raudsepp), ou sufriron unha combinación de represión, prohibición de publicar e exilio interior (Tuglas, Alver, Masing).

O primeiro autor doséculo XIX,Kristjan Jaak Peterson (1801-1822), foi estudante da universidade de Tartu/Dorpat. Malia ser considerado o pai da poesía moderna estoniana, nunca viu imprimidos os seus poemas en vida, aínda que tres poemas seus imprimíronse enalemán en1823. Os poemas foron editados 100 anos logo da súa morte. Un dos proxectos que Peterson acabou en vida foi a tradución ao alemán doMythologia Fennica (Mitoloxía de Finlandia) de Kristfrid Ganander, un dicionario de mitoloxía, cuxo orixinal ensueco fora editado en1789. A tradución do dicionario de Ganander tivo moitos lectores en Estonia e no estranxeiro, converténdose nunha fonte importante de inspiración e ideoloxía nacional da literatura temperá estoniana. A súa influencia espallouse ata comezos do século XX.[22]

O impacto deFranz Kafka na literatura estoniana influiría nas obras deArvo Valton (1935), coa novelaRataste vahel (En rodaxe, 1966);Eenn Vetema (1936) eMate Unt (1943), autor deVölg (A culpa, 1964), publicada noCanadá en 1966,Hüvasti kollane kass (Adeus, gato amarelo, 1963) e o dramaPhaeton, päikese poeg (Faetón, fillo do sol, 1968). Menos importantes foron Un Laht (1924) e Ellen Niit (1928).

Lydia Koidula.

A literatura moderna de Estonia comezou a desenvolverse a comezos doséculo XIX coa poesía deKristjan Jaak Peterson. O poema épico nacionalFillo de Kalev, que foi escrito porFriedrich Reinhold Kreutzwald a mediados dese século inspirado no poema épicofinlandéskalebala recolle contos, lendas e versos cantados . A lírica experimenta nesta época un auxe con poetas como:Marie Under,Lydia Koidula que publica en 1867 “O reiseñor de Emajógi”;Johannes Barbarus, autor de “O Home e a esfinxe”.

A comezos doséculo XX, os escritores estonianos adoptan modelosfranceses eescandinavos. Entre os autores polifacéticos figuran:Iuhan Liiv, que publica Obras reunidas en 1904;August Kitzberg, que escribe o drama “O Deus da bolsa” (1915);August Jakobson, o drama “Loita sen liña de fronte” (1947);Friedebert Tuglas, os contos “Repartición de terras” (1906).

No primeiro período da independencia, o escritorAnton Hansen Tammsaare escribiu en 1926 a obra “Verdade e Xustiza” e “Novo Vanapagan de Pórgupóhia” en 1939. Outros novelistas destacados foronIuhan Madarik, autor do relato “O zapateiro vermello da aldea Miüiksi” (1925),Oskar Luts, coa súa novela “Na sombra das follas de ouro” (1933) eMait Metsanurk, a novela “Vento vermello” (1928). En poesía destacanIuhan Sütiste que escribe “Mar e bosque” (1937);Karl E. Sóót, e “A fouce da lúa” (1937);Ana Haava, e o seu “Canto estoniano” (1935);Jean Kárner, co libro de poesías “Un home na encrucillada” (1932).

Durante a etapa soviética, atopamos aos poetas,Mart Raud, autor de “Pontes novas” (1945);Vaarandi, “O soñador na súa fiestra” (1959), eUn Laht, de “¡Contigo, Patria!” (1953). Tamén destacan durante este período autores comoJohannes Semper, cos poemas “O sol no sumidoiro” (1930);Erni Krusten, coa súa novela “Diario dun mozo xardineiro” (1941);Aadu Hint, coa novela “Beira ventosa” (1951);Egon Rannet, co drama “O diaño no rabaño” (1949);Ralf Parve (1919), coas poesías “No posto de combate” (1950) eIuhan Smuul, as imaxes poéticas “Para que florezan as maceiras” (1951);Hans Leberecht, autor de “Luces de Koordi” (1948), premio nacional de novela;Rudolf Sirge, cun relato de guerra “Na vixilia do novo día” (1947);Eduard Mánnik, coa novela “A loita alóngase” (1950).

En anos recentes destaca o poetaJaan Kross quen foi mencionado regularmente como candidato aoNobel de literatura[23]. Á súa volta dos campos de traballo e do exilio interior en Rusia entre 1946 e 1954 como prisioneiro político, Kross renovou a poesía estoniana. Kross comezou a escribir prosa a mediados da década de 1960[24]. Kaplinski converteuse no autor máis central e produtivo da poesía modernista estoniana. Escribiu ensaio, teatro ademais de traducir novelas ao estoniano, así mesmo ensinou nas cidades deVancouver,Calgary,Liubliana,Trieste,Taipei,Estocolmo,Boloña,Colonia,Londres eEdimburgo, ademais de residir naUniversidade de Gales (Aberystwyth).[25].

Música

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Música de Estonia.
O grupo estoniano de rockVanilla Ninja na súa formación de 2005

As primeiras representacións de música en Estonia, xurdiron probablemente das tradicionais cancións runo-estonianas, derivadas das cancións de traballo e dasbaladasépicas. Co estudo desas cancións comezaron a xurdir diversas manifestacións populares do folclore estoniano por toda Estonia, duramente reprimidas nos períodos deinvasión rusa. Durante adécada de 60, aUnión Soviética promoveu nas súas repúblicas o fortalecemento do folclore nacional, xurdindo nesta época os grupos decoral Värka e Leiko. En1967, foi lanzado o primeiroLP con música tradicional estoniana,Eesti rahvalaule ja pillilugusid.

Estonia produciu tamén algúns compositores clásicos, comoArtur Kapp (1878-1952),Lepo Sumera (1950-2000),Eduard Tubin (1905-1982),Arvo Pärt (1935-) eVeljo Tormis (1930-), que deron unha significativa reputación ámúsica clásica estoniana.

Actualmente, a música estoniana é tamén famosa grazas a algúns grupos derock emetal, comoVanilla Ninja,Metsatöll e o grupo de música folclóricaLaudaukse Kääksutajad.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Estonia nos Xogos Olímpicos.
O atletaAndrus Veerpalu, bicampión de saltos nosXogos Olímpicos de Inverno

Durante moitos anos, Estonia cedeu os seus atletas a outros países. Primeiro aoImperio Ruso (1900-1912) e despois áUnión Soviética (1948-1988). NosXogos Olímpicos de Verán conseguiu 8 medallas deouro, 7 deprata e 14 debronce. Nosxogos de inverno, Estonia participou en nove edicións ata o ano 2014, conseguindo 4 medallas de ouro, 2 de prata e outra de bronce.

O maior atleta olímpico de Estonia é o esquiadorAndrus Veerpalu. Con dúas medallas de ouro e unha de prata, nos xogos deSalt Lake City 2002 eTurín 2006.Nociclismo, o máis notable éJaan Kirsipuu quen gañou varias etapas doTour de France.Marko Asmer é o líder actual do campionato deautomobilismo británico deFórmula 3, e o favorito ao título, sendo o primeiro piloto estoniano en pilotar unFórmula 1.

Nofútbol, Estonia non posúe ningún equipo coñecido internacionalmente. A súaselección xamais se clasificou para unhaCopa do Mundo nin aEurocopa. A súa mellor campaña foi nas Eliminatorias daEuro de 2000, cando conseguiu 3 vitorias, e rematou de terceiro na chave que tiñaRepública Checa eEscocia. O máis coñecido futbolista estoniano éValery Karpin, quen formou parte daselección rusa.

Cultura popular

[editar |editar a fonte]

O folclore popular estoniano vén de moitos séculos antes das primeiras ocupacións noséculo XIII. Os primeiros grandes influenciadores foron osfinlandeses, quen grazas á súa proximidade xeográfica como lingüística deixaron a súa pegada na cultura estoniana. Alingua finesa e aestoniana pertencen á mesma familia lingüística, a daslinguas ugrofinesas[26]. O primeiro grande impacto estranxeiro no país aconteceu cando oscatólicos chegaron a Estonia noséculo XIII, tentando suprimires acultura pagá en virtude da cristiá. Este choque cultural deu lugar á mestura das culturas.

Durante oséculo XVIII, coa popularización e aceptación da lingua estoniana polo pobo, e noséculo XIX co forte sentimento nacionalista que xurdira, acultura popular asentouse fortemente nos alicerces do pobo estoniano. Moitas cancións antigas foron resucitadas e outras novas inspiradas por estas. Elementos da relixión pagá rexurdiron e volvéronse a mesturar cos elementos dacultura cristiá[27]. Antigamente facíansesacrificios de animais e persoas para osdeuses pagáns, para ter boas colleitas de alimentos e unha boa vida. Eses elementos ficaron no pasado, mais hoxe en día, asmeigas,magos edemos son vistos polos estonianos como portadores do ben e da sorte, ao contrario da visión implantada polos cristiáns.

Gastronomía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Gastronomía de Estonia.

Agastronomía de Estonia foi influenciada ao longo dos séculos polos seus tradicionais e máis poderosos veciños:Dinamarca,Alemaña,Suecia,Polonia eRusia que chegaron a gobernar todo ou parte do seu territorio.

A maior parte dos estonianos era de orixe rural antes do último século e, cando a poboación pasaba tempadas de fame, esta arranxábase para elaborares pratos que aproveitasen ao máximo a pouca carne da que dispuñan. Máis tarde, cando comezou aurbanización e modernización do país, debido áindustrialización do país, moitos destes pratos deixaron de elaborarse pasando a consumir pratos comúns para todos os europeos.

Malia a perda de moitas receitas tradicionais nas últimas décadas, hoxe en día, aínda moitas familias estonianas seguen a preparar estas receitas, existindo moitos restaurantes tradicionais nas que se poden atopar. Entre os pratos tradicionais destacan oMarineeritud angerjas,anguíamariñada, servida fría; oKeel hernestega, aperitivo servido frío cuxo ingrediente principal é alingua; oSült,carne de porco cocida en marmelada e feita en grandes cantidades para ser almacenada en bocois; oVerivorst (morcilla), embutido recheo principalmente con sangue coagulado e arroz e cor escura. Emprégase moito noinverno e, especialmente nanoite de Natal. Sérvese acompañado dunha marmelada vermella de froitos silvestres; oMulgikapsad,chucrute guisado con carne de porco, servido conpatacas cocidas; oSilgusoust,arenque pequeno domar Báltico contouciño ecrema de leite; oKarask, bola depan decebada; e oKali, bebida fermentada lixeiramente alcohólica e feita de pan preto ou de centeo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Estonia decimoséptimo país de la eurozona".La Razón(encastelán). 01/01/2011. Consultado o 01/01/2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 30 de marzo de 2008. 
  3. Harrison, D. & Svensson, K. (2007). Vikingaliv. Fälth & Hässler, Värnamo.ISBN91-27-35725-2
  4. Tvauri, Andres (2012).The Migration Period, Pre-Viking Age, and Viking Age in Estonia. Tartu University Press. p. 31.ISBN 9789949199365.ISSN 1736-3810. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  5. "La OTAN culmina la mayor ampliación de su historia"(encastelán). 29/03/2004. p. El País. Consultado o 05/12/2018. 
  6. http://www.news.com/Estonia-pulls-off-nationwide-Net-voting/2100-1028_3-5898115.htmlArquivado 29 de maio de 2020 enWayback Machine. Estonia pulls off nationwide Net voting (inglés)
  7. https://web.archive.org/web/20071017110631/http://www.rsf.org/article.php3?id_article=24025 Eritrea ranked last for first time while G8 members, except Russia, recover lost ground (inglés)
  8. "oficial do Condado de Harju (en inglés).". Arquivado dendeo orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 25 de maio de 2008. 
  9. "oficial do Condado de Harju (en inglés).". Arquivado dendeo orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 25 de maio de 2008. 
  10. "Estonia". International Monetary Fund. 
  11. Mardiste, David (1 de xaneiro de 2011)."Estonia joins crisis-hit euro club".Reuters. Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2011. 
  12. Eurostat news release
  13. "Electricity Balance, Yearly"Arquivado 28 de novembro de 2017 enWayback Machine. 8 June 2010 (Estonian)
  14. ""Põlevkivi kasutamise riikliku arengukava 2008–2015" 2011. a täitmise aruanne"(PDF). Valitsus.ee. 6 de setembro de 2012. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 08 de maio de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  15. "Energy Effectiveness, Yearly"Arquivado 28 de novembro de 2017 enWayback Machine. 22 de setembro de 2010 (estoniano)
  16. "Europe's Declining Gas Demand: Trends and Facts about European Gas Consumption - June 2015Arquivado 25 de novembro de 2019 enWayback Machine.". (PDF). p.9.E3G. Fonte: Eurostat, Eurogas, E3G.
  17. Estonian Export Directory (ed.)."DISCOVER BUSINESS AND INVESTMENT OPPORTUNITIES IN ESTONIA!". Arquivado dendeo orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  18. 18,018,1"Rahvaarv rahvuse järgi, 1. jaanuar, aasta". Statistics Estonia. Arquivado dendeo orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  19. Eurobarómetro,http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_225_report_en.pdf
  20. Kirch, Aksel. "Russians in contemporary Estonia—different strategies of the integration in to the nation-state."
  21. The split in Estonian literature enEstonian Literature information Center
  22. Kristian Jaak Peterson enEstonian Literature information Center
  23. "Estonia: el "tigre do Báltico"".Deutsche Welle 26.04.2004(en español). 2004. Consultado o 14/03/2008. 
  24. Jaan Kross enEstonian Literature information Center
  25. Jaan Kaplinski enEstonian Literature information Center
  26. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 18 de abril de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  27. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 24 de abril de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Estonia
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Pobos finopérmicos


Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estonia&oldid=7173437»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp