Estevo VIII (IX), datos de nacemento descoñecidos, faleceu en outubro de 942, foi o papa nº 127 daIgrexa católica dende o ano939 ata942.
Nalgunhas cronoloxías e listas este papa aparece como Estevo IX, a diferenza débese a que algúns autores toman en conta a elección deEstevo, papa electo, que só reinou tres días, do 23 ao 26 de marzo de 752, trala morte do papaZacarías.
Foi elixido papa, do mesmo xeito que o seu predecesor, por disposición do príncipe e senador romanoAlberico II quen, do mesmo xeito que a súa naiMarozia, someteu durante décadas aos papas elixidos baixo o seu mandato.
Durante o seu pontificado, en940, interveu no enfrontamento que en Francia tiña lugar entre o condeHugo de París e o reiLois IV de Ultramar, póndose ao lado deste e ameazando con excomungar aos franceses e borgoñóns que non lle prestasen obediencia.
Segundo certas fontes pouco fiábeis sería obxecto dunha conspiración, no curso da cal lle cortaron o nariz.
Faleceu en outubro de 942.