Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Estevo II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nota: A numeración dos papas de nomeEstevo é controvertida, véxaseEstevo, papa electo.
Modelo:BiografíaEstevo II, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 714Editar o valor en Wikidata
Roma (Imperio Bizantino)Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 757Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Roma (Estados Pontificios)Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San PedroEditar o valor en Wikidata
92ºPapa
30 de marzo de 752 – 26 de abril de 757(Gregoriano)
← Estevo IPaulo I →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpresbítero, autorEditar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPaulo IEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Promissio CarisiacaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Stephen II.Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Di_Roma-53

Estevo II (III) foi o 92º papa daIgrexa católica, e o seu pontificado durou dende o26 de marzo de752 até a súa morte, o26 de abril do757.[1][2] Sucedeu aoZacarías trala morte do papa-electoEstevo (algunhas veces visto como Estevo II). Estevo II marca o paso histórico entre oPapado bizantino e oPapado franco.

Este papa pasou á historia como o fundador dosEstados Pontificios. Trala intervención da súa antecesorZacarías no ascenso dePipino o Breve como rei dosfrancos, e tendo sido o propio Estevo II quen o coroou en754. De feito foi a primeira vez que un pontífice cruzou os Alpes para quedar nunha corte xermánica. O novo monarca non puido negarse a auxiliar ao papa cando este se viu ameazado polo lombardoAstolfo que se dispoñía a atacarRoma. Non só lle prestou asistencia militar en dúas ocasións (754 -756) senón que na segunda delas entregoulle boa parte dos territorios gañados aos lombardos, tales comoRávena e aPentápole. Estas comarcas unidas á cidade de Roma e a súa contorna, xa pertencentes aos papas con anterioridade, deron orixe aos Estados Pontificios. Como agradecemento á xenerosidade de Pipino, Estevo II proclamoulle «Patricio dos romanos».

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Aliñación con Constantinopla

[editar |editar a fonte]

No ano751, o reilombardoAistulfo capturou oExarcado de Rávena, e puxo a súa atención noDucado de Roma.[3]

As relacións foron moi tensas durante o século VIII entre o papado e os emperadores bizantinos polo apoio dadinastía Isauriana á iconoclastia. Do mesmo xeito, manter o control político sobre Roma pasou a ser insostible xa que o propioImperio Bizantino estaba sucumbindo baixo oCalifato Abbasí polo sur e polosbúlgaros polo noroeste. Bizancio non podía mandar tropas, e o emperador Constantino V, en resposta as sucesivas peticións de auxilio do papa, só podía ofrecerlle a seguridade de actuar segundo a antiga política bizantina, volver a outra tribo xermánica na contra dos lombardos.[4]

Alianza cos Francos

[editar |editar a fonte]

Estevo dirixiuse aPipino, o recentemente coroadorei dos Francos (quen tamén derrotara recentemente aos musulmáns)[5] e incluso viaxou aParís para rogar axuda en persoa contra os lombardos e os musulmáns.[6] O6 de xaneiro de754, Estevo consagrou de novo a Pipino como rei. A cambio, Pipino asumiu a misión de protexer á Igrexa e puxo os seus esforzos en deter aos lombardos, así como en reducir o poder musulmán enAl-Ándalus.[7]

Pipino invadiu Italia dúas veces para resolver o problema cos lombardos e entregou o territorio entreRoma eRávena ao papado, pero mantendo aos reis lombardos en posesión do seu reino.

Ducado de Roma e Estados Pontificios

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Ducado de Roma e Estados Pontificios.

Antes da alianza de Estevo II con Pipino, Roma foi constituída como a cidade central doDucado de Roma, que compoñía un dos dous distritos doExarcado de Rávena, xunto coa propia Rávena. EnQuierzy os nobres francos finalmente deron o seu consentimento para a campaña na Lombardía.[3] A tradición católica romana asegura que entón alí Pipino asinou a promesa de dar á Igrexa certos territorios que serían requisados aos lombardos, e que serían entregados posteriormente aosEstados Pontificios. Este documento coñecido como aDoazón de Pipino, non se conserva, pero existen fontes da época que se refiren a el.

Estevo unxiu a Pipino como rei dos Francos[3] naBasílica de San Denís, nunha cerimonia que foi evocada na coroación dos reis franceses ata o derrubamento doAntigo Réxime en1789.

Pipino confirmou a súa doazón en Roma no ano 756, e no774Carlomagno confirmou a doazón do seu pai.[8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Esteban II".vatican.va. Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  2. Biagia Catanzaro, Francesco Gligora,Breve Storia dei papi, da San Pietro a Paolo VI, Padova 1975, p. 84
  3. 3,03,13,2Mann, Horace. "Pope Stephen (II) III." The Catholic Encyclopedia Vol. 14. New York: Robert Appleton Company, 1912. 12 de setembro de 2017
  4. Schnürer, Gustav. "States of the Church." The Catholic Encyclopedia Vol. 14. New York: Robert Appleton Company, 1912. 12 de setembro de 2017
  5. David Gress (11 de maio de 2010).From Plato to NATO: The Idea of the West and Its Opponents. Preface: Simon and Schuster.ISBN 9781439119013.Traspasou a súa aliñación política do imperio ao rei dos Francos, quen vivía ao norte dos Alpes, e recentemente rexeitara aos musulmáns que estaban invadindo desde España... 
  6. Peter O'Brien (23 Dec 2008).European Perceptions of Islam and America from Saladin to George W. Bush. Palgrave Macmillan. p. 24.ISBN 9780230617803. 
  7. Sampie Terreblanche (30 Sep 2014).Western Empires, Christianity and the Inequalities between the West and the Rest. Europes industrialisation: Penguin UK.ISBN 9780143531555. 
  8. Pierre Riche,The Carolingians: A Family Who Forged Europe, transl. Michael Idomir Allen, (University of Pennsylvania Press, 1993), 97.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Estevo II, papaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estevo_II,_papa&oldid=6699989»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp