Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Estatero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estateroarcaico deprata deCorinto, conPegaso noanverso.Ca.555-515 a. de C.

Oestatero (dogrego:στατήρ, "peso") ou aestatera(a través dolat:statēra) foi unhamoeda da Antiga Greciacuñada enprata,electro eouro en diversas rexións e épocas, que se basea nunha anteriorunidade de peso. O termo utilízase tamén para designar outras moedas similares, a imitación dos estateros gregos, emitidas noutros lugares daEuropa Antiga e doOriente Medio.[1][2]

En función das súas autoridades emisoras e da súa tipoloxía, os estateros poden recibir denominacións máis específicas, como "dárico", "filipo" ou "creseida".[3]

Historia

[editar |editar a fonte]

Unidade de peso

[editar |editar a fonte]

Segundo ohistoriadoringlésRobin Lane Fox, o estatero como unidade de peso ten a súa orixe nailla deEubea, cunpeso duns 16,8gramos ou 0,59onzas, tomando como base osiclofenicio, cun peso semellante, e que tamén se correspondía coa quincuaxésima parte dunhamina.[4][5]

Moeda de prata

[editar |editar a fonte]
Estatero deprata deDelfos.Ca.338-334 a. de C.

O estatero como moeda de prata daAntiga Grecia, primeiro en forma delingote e máis tarde xa comomoeda cuñada, apareceu noséculo VIIIa. de C. e mantívose en circulación ata oséculo Ida nosa era. O primeiro estatero cuñado que se coñece, xa coa marca da autoridade emisora saíu dosobradoiros monetarios deExina arredor do ano700 a. de C. e amosa o tradicionalsapoconcho das moedas desta procedencia. Un destes exemplares consérvase noGabinete de Medallas daBiblioteca Nacional de Francia, enParís.[6]

O estatero de prata emitido enCorinto, de 8,6 gramos de peso, dividiuse en tres dracmas de prata de 2,9 gramos, aínda que a súa vinculación co didracma (dous dracmas)ateniense de prata era evidente, xa que compartían o mesmo peso de 8,6 gramos (0,30oz). Consecuentemente, otetradracma (catro dracmas) ateniense pesaba 17,2 gramos (0,61 oz). A cuñaxe de estateros tamén se produciu en diversascidades-Estado gregas, como é o caso da xa citadaAegina,Aspendos,Delfos,Knossos ouCidonia, moitas outras deXonia,Lampsaco,Metaponto,Olimpia,Paestum,Siracusa,Thasos ouTebas, entre outras.[7]

Moeda de ouro

[editar |editar a fonte]
Moeda deouro de 20estaterosdoreigrecobactrianoEucratides I, a maior moeda áurea daAntigüidade.Peso: 169,2g.Diámetro: 58mm.Gabinete de Medallas,París.

Tamén existiu o estatero de ouro, aínda que a súa cuñaxe foi máis esporádica e só nalgúns lugares, xa que se trataba máis comunmente dunha unidade de conta equivalente, segundo a época e o lugar, a 20 ou a 28 dracmas dependendo en sitio e tempo (o de Atenas, por exemplo, era de 20 dracmas). O motivo destas variacións é que o estatero de ouro pesaba xeralmente 8,5 gramos, o dobre ca un dracma, mentres que a pariedade entre o ouro e a prata tiña flutuacións, ata que se estableceu en 1:10. O uso do ouro na cuñaxe de estateros parece maioritariamente de orixemacedonia. Os tipos máis coñecidos de estateros de ouro gregos correspóndense cos de 28 dracmas deCízico.[8]

O estatero no sistema monetario da Antiga Grecia

[editar |editar a fonte]

Equivalencias

[editar |editar a fonte]

As equivalencias do estatero coas outras moedas daquela época é a seguinte:[9]

Divisores

[editar |editar a fonte]

O estatero tiña moi numerosas fraccións, das que as máis utilizadas eran as seguintes:[10]

  • Hemiestatero: medio estatero.
  • Trité: un terzo.
  • Tetarté: un cuarto.
  • Hecté: un sexto.
  • Hemitetarté: un oitavo.
  • Hemihecté: un doceavo.

Estateros non gregos

[editar |editar a fonte]
Estaterocelta debillón achado enArmórica

Os guerreiros das tribosceltas trouxeron este valor áEuropa Central eOccidental logo de tomaren contacto con el mentres servían comomercenarios no norte de Grecia.

NaGalia, ao regresaren á súa terra os xefes galos que serviron nosexércitos deFilipo II de Macedonia ou nos deAlexandre e os seus sucesores, tamén emitiron estateros de ouro (coñecidos como "filipos"), tomando como modelo os emitidos por Filipo II.[11] Algúns destes estateros galos foron, pola súa vez, importados polosbritánicos en grandes cantidades, quen, por imitación, chegaron tamén a producilos nasillas. Estes estateros británicos adoitan pesar entre 4,5 e 6,5 gramos (0,16 a 0,23oz).[12]

Ademais de nas Illas Británicas, os estateros celtas e as súas imitacións chegaron tamén a emitirse nas actuaisPolonia eRepública Checa.[13] E seguindo a extensión da cultura grega cara aoleste da man de Alexandre, os estateros chegaron mesmo a territoriosasiáticos nos actuaisAfganistán ePaquistán, no tempo doemperadorKanishka (século II d. de C.).[14]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "EstateraArquivado 19 de setembro de 2018 enWayback Machine.". EnDigalego. Dicionario de galego.
  2. "Estatero". EnAlgunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  3. "Dárico", "creseida" e "filipo". EnAlfaro Asins et al. (2009).
  4. Fox, R. L. (2008). Páxina 94.
  5. "Stater". En Schulzki, Heinz-Joachim.Brill’s New Pauly.
  6. "Aegina". EnBarclay Head (1911). Páxinas 394-398.
  7. Baldwin, A. (1955)
  8. "Stater". EnSmith, W. (1890).
  9. Renfrew; Wagstaff. 1982.An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49.ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
  10. "Estátera". En Alfaro Asins et al. (2009).
  11. "Statères d'or gaulois". EnMonnaies gauloises. Collection Fréderic Weber. 2008
  12. De Jersey (1996). Páxinas 1-2, 15-19 e 20-26.
  13. Żabiński, Z.Systemy pieniężne na ziemiach polskich. Zakład Narodowy Im. Ossolińskich, PAN. 1981. Páxina 22.ISBN 83-04-00569-7
  14. Prabha Ray Himanshu.Coins in India. Marg Publications. 2006.ISBN 978-81-85026-73-2

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  EstateroModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Moedas helenísticas
Entidades emisoras
Artigos relacionados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estatero&oldid=6445647»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp