OsEstados Unidos de América son unha federación de 50estados máis algunhas outras entidades cunha extensión total duns dez millóns dekm2. Estes estados distribúense case na súa totalidade enAmérica do Norte, agásHawai, que se atopa no medio doocéano Pacífico e xeograficamente enOceanía.
A cidade deWashington, no chamadoDistrito de Columbia, é a sede do goberno federal.
Catro dos estados teñen o nome oficial de Commonwealth:Kentucky,Massachusetts,Pensilvania eVirxinia.Texas eCalifornia empregan oficialmente, por veces, o nome de República.
No tempo dadeclaración de independencia de Gran Bretaña en 1776 asTrece Colonias convertéronse en 13 estados soberanos, que se converteron en 14 coa formación daRepública de Vermont en 1777. Coa adopción dosartigos da Confederación o15 de novembro de1777, os 13 estados convertéronse nunha confederación. En 1791 entrou Vermont. Hawai e Alasca foron os últimos estados en incorporarse en 1959.

| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Etimoloxía dos nomes dos estados
Orde de incorporación dos estados